Una asociación solicitó a la Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia documentación sobre viajes oficiales y comunicaciones de diversos cargos y entidades entre 2013 y 2020. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación, confirmando la inadmisión por requerir una reelaboración exhaustiva de la información y por considerarse una solicitud abusiva.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud es inadmitible al requerir una labor previa de reelaboración, ya que obligaría a la administración a elaborar un informe ad hoc mediante la consulta de múltiples fuentes y el tratamiento de grandes volúmenes de datos.
2
Se considera que la petición es abusiva cualitativamente al exceder los límites normales del ejercicio del derecho, pudiendo provocar la paralización injustificada de la gestión de los departamentos afectados.
3
El volumen y la naturaleza de la solicitud, sumados a los antecedentes de peticiones continuas de la asociación, reflejan un ejercicio del derecho que no se ajusta al espíritu y finalidad de la normativa de transparencia.
4
La resolución destaca que el interés general en la transparencia debe prevalecer sobre solicitudes que persiguen intereses ajenos a la finalidad de la ley y que ocasionan una disfunción manifiesta en la administración.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , en representación da
,
mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 2 de marzo de 2020, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de xullo de 2020, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. , en representación
presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 2 de marzo de 2020, unha reclamación ao amparo
do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a Resolución da Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia do 27 de febreiro
de 2020, pala que se inadmite a súa solicitude de acceso á diverso tipo de documentación
referida a diversas persoas e entidades, información sobre viaxes oficiais, porcentaxe que
sobre o total supón as solicitudes recibidas ou enviadas palas ditas persoas ou entidades
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.cornisiondatransparencia.ga1
O reclamante alega que se declinou responder vulnerando os seus dereitos de acceso á
información e documentos públicos. Afirma a entidade reclamante que "El responsable de la
resolución Sr secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia ........ ante la misma petición
por su afinidad con el solicitante Sr ............. decreta contra la oposición del reclamado
conceder la información pero que niega en este procedimiento, dejando al descubierto con
sobrados indicios que la información pública circula en función de quien la solicita y que es este
el caso".
Segundo. Con data do 6 de marzo de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de marzo de 2020
Terceiro. Con data 24 de marzo de 2020 a Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia
contesta a petición remitindo o informe solicitado.
No informe, a Secretaría Xeral comunica que dada a confusión que presenta a solicitude,
analizouse en bloques coa finalidade de extraer o seu obxecto de forma simplificada e que se
detalla na Resolución que se impugna.
Unha vez revisada, considerouse que non se trata dunha solicitude de información pública,
senón que se trata dunha solicitude relativa a información para cuxa divulgación sería
necesaria unha extensa, intensa e exhaustiva acción previa de reelaboración, feito que
constitúe unha das causas de inadmisión contempladas pola Lei 19/2013, en concreto no seu
artigo 18.1.c).
O escrito inclúe varias solicitudes de documentos que non existen, polo que o dereito a
acceder a documentos inexistentes non forma parte do contido do dereito á información
pública.
A finalidade da Lei é dar acceso aos particulares á información pública xa existente na
administración, sen necesidade de realizar unha tarefa de elaboración ad hoc, polo que a
elaboración de novos documentos e informes non existentes nin previstos na normativa
vixente esixiría unha inxente labor administrativa, destinando medios persoais e materiais da
administración a finalidades distintas ás previstas na lei, en beneficio exclusivo dun particular,
polo que se emitiu Resolución de inadmisión con base nas letras c) e e) do artigo 18.1 da citada
Lei 19/2013.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
A Corufia
? [email protected] www.cornisiondatransparencia.ga1
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 36 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 36 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 36 de xaneiro).
(+34) 9815697 40 Rüa do Hórreoj 65
[email protected] www.cornisiondatrans.parenda.ga1
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese talar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na documentación remitida polo interesado, a resolución contra a
que se reclama ten data do 27 de febreiro de 2020 e a reclamación contra a mesma
presentouse con data do 2 de marzo de 2020, debe admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A asociación reclamante, presentou unha solicitude de información e documentación pública,
relacións, convenios, colaboracións, campañas, rexistros de solicitudes mediante ou calquera
outro, nos que interviñesen os Sres Secretario Xeral dá Presidencia, Vicesecretario Xeral da
Presidencia dá Xunta, un letrado da Consellería de Sanidade, Secretaria Xeral de Medios e
Secretario Xeral de Sanidade, sobre a existencia de rexistros dirixidos ou recibidos coas
entidades, Entidade Pública Redes de Telecomunicación Galega, RETEGAL, Axencia para a
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Secretaría Xeral de Medios da Xunta de
Galicia, Fundación Expourense-Foro da Comunicación, Consello Asesor Audiovisual Galicia,
Porto da Coruña, Fundación Camilo José Cela, Oficina Técnica TDT, Compañía de
Radiotelevisión de Galicia (CRTVG), Centro de lnvestigacións Científicas Avanzadas (CICA),
Universidade da Coruña, Sergas, Instituto de lnvestigacións Biomédicas da Coruña (INNIBIC),
Universidade de Santiago de Compostela, Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP),
rexistros de solicitudes de viaxes oficiais a Madrid, América, Europa, África e Asia e datas dos
mesmos desde os anos 2013 ao 2019-2020 incluídos, sen que sexa necesaria ningún tipo de
reelaboración ao estar rexistrados nos organismos correspondentes e no rexistro xeral da
Xunta de Galicia.
Tal e como se recolle na resolución da Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia
impugnada, a entidade reclamante solicitou 10 tipos de información relacionada con 5
persoas (altos cargos e funcionarios da Xunta de Galicia), en relación con 16 entidades,
ademais das viaxes a Madrid e a 4 continentes dende 2013 a 2020, que debe entenderse
relacionadas con esas persoas e entidades, a porcentaxe que supón sobre o total das
solicitudes recibidas ou enviadas por cada un dos solicitados desde os rexistros de Presidencia
e os seus entes adscritos, e a porcentaxe que supón sobre o total das solicitudes recibidas ou
enviadas desde os rexistros telemáticos e os seus entes adscritos durante os anos 2013 a 2020.
O dereito de acceso á información ten como finalidade promover a transparencia das
institucións públicas e para fomentar a participación cidadá na toma de decisións, ademais de
dar a coñecer á cidadanía como se invisten os fondos públicos.
Como establece a resolución impugnada, a resposta aos 10 tipos de documentos, sobre 5
persoas e 16 entidades esixiría a elaboración un informe ad hoc que esixiría unha inxente labor
de investigación e consulta para chegar, tras o tratamento dos datos recabados, á confección
dun extenso informe específico. Non se poden compartir a afirmación feita tanto na
resolución impugnada como no informe da Secretaría Xeral de que a información solicitada
non exista, dado que si existen convenios, rexistros e solicitudes nos que intervirse unha
Consellería ou unha Secretaría Xeral, senón que na solicitude de acceso á información,
concorren causas de inadmisión das que establece ao artigo 18 da Lei 19/2013, no senso de
que para proporcionar a información é necesario unha labor de reelaboración, e a solicitude
pode considerarse abusiva.
O dereito de acceso á información, se ben está esta regulado no noso ordenamento xurídico
como un dereito de amplo contido, non é un dereito ilimitado, e as solicitudes de acceso á
información pública están sometidas ás causas de inadmisión que se establecen no artigo 18
da Lei 19/2013. De acordo co disposto no apartado c) do dito artigo, serán inadmitidas as
solicitudes de información para cuxa divulgación sexa necesaria unha labor previa de
reelaboración. O concepto de reelaboración como causa de inadmisión pode entenderse
(•34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
info@comisiondatranspar€ncia ga1 www comlsiondatransparencia.ga l
aplicable, de acordo co criterio interpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, cando a información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación
do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar
unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo
ou entidade careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a
información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información
solicitada.
O elevado volume da información obxecto de solicitude, como no presente caso no que se
solicita información que relacione diversos tipos de información e documentación, con varias
persoas, entidades, información sobre viaxes realizados dende o anos 2013 por practicamente
todos os continentes e a porcentaxe desa información sobre o total das solicitudes recibidas
ou enviadas por cada un dos solicitados desde os seus rexistros de Presidencia e os seus entes
adscritos, pon de relieve que estamos ante un suposto de reelaboración, que implicaría a
elaboración dun informe específico para dar resposta ao solicitado, manexando unha inxente
cantidade de datos, consultas en rexistros e relacións entre unhas categorías e outras de
información solicitada.
Por outra banda, tal e como figura na resolución impugnada, outro dos motivos de inadmisión
da solicitude foi o seu carácter abusivo. A interpretación ofrecida polo Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno no seu Criterio Interpretativo sobre esta causa, asocia o
carácter abusivo da solicitude co feito de que non estea xustificada coa finalidade da Lei.
Existen así dous elementos esenciais para a aplicación desta causa de inadmisión, que o
exercicio do dereito sexa abusivo cualitativamente, e que o exercicio do dereito poida
considerarse excesivo, é dicir, cando non chegue a conxugarse coa finalidade da Lei. Desta
forma unha solicitude pode entenderse abusiva cando poida considerarse incluída no
concepto de abuso de dereito recollido no artigo 7.2 do Código Civil, é dicir, cando pola acción,
omisión, pola intención do seu autor, polo seu obxecto ou polas circunstancias en que se
realice exceda manifestamente os límites normais do exercicio dun dereito, ou cando de ser
atendida, requira un tratamento que obrigase a paralizar o resto da xestión dos suxeitos
obrigados a proporcionar a información, impedindo a atención xusta e equitativa do seu
traballo e o servizo público que teñen encomendado, e así resulte de acordo cunha
ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos.
Como consta a través dos expedientes tramitados por esta Comisión, o número de solicitudes
de acceso á información presentadas por esta Asociación e nas que solicita unha gran
cantidade de información, de distintos tipos, relacionada con distintos cargos públicos,
organismos e de amplos intervalos de tempo, tanto á Presidencia da Xunta como é o caso,
como a outros departamentos desa Administración son continuas, o mesmo que as
reclamacións presentadas ante esta Comisión {RSCTG 7/2019, RSCTG 92/2019, RSCTG
128/2019, RSCTG 145/2019, RSCTG 165/2019, 18/2020 e RSCTG 37/2020, entre outras) .
A Corurla
[email protected]:11 www.cornisiondatransparencia.gal
Como ten sinalado o CTBG (por todas, as resolucións 181/19 e 350/19), se ben a interpretación
do artigo 18.1 e) da Lei 19/2013 non basea o exercicio abusivo do dereito a un criterio
cuantitativo (número de solicitudes presentadas), senón cualitativo (características da
solicitudes presentadas e antecedentes da mesma), estes son aspectos que deben
cohonestarse en casos como o presente en que o volume de solicitudes e o volume da
información solicitada e a dificultade de recompilala, é un reflexo do exercicio abusivo do
dereito desde unha perspectiva cualitativa.
Xunto á consideración deste elemento cuantitativo, vencellado a un elemento cualitativo no
exercicio do dereito, deben tamén tomarse en consideración as singulares circunstancias que
concorren na petición de información da asociación reclamante, na que se solicita que se
recompile documentación emitida ou recibida dende o ano 2013 a 2020, por unha serie de
altos cargos e funcionarios da Xunta de Galicia, dunha serie de institucións e organismos
diversos (ata 15), así como viaxes realizados por case a totalidade dos continentes e a
dificultade de localización desa información, sen dúbida suporía a paralización inxustificada
da xestión dos departamentos dos que se solicita a información
Unha interpretación do dereito de acceso á información pública regulado na Lei 19/2013 que
implique un exercicio excesivo e indiscriminado do mesmo, solicitando de forma xenérica
información entre uns organismos e outros, ou solicitando toda a documentación na que
intervira un determinado cargo público ou funcionario, afectaría en si mesmo a este dereito,
excedéndose do obxecto e finalidade da propia norma. Así, debe lembrarse que é a protección
do interese xeral na transparencia pública, como ben común da nosa sociedade, a que debe
prevalecer fronte a solicitudes de información que perseguen outros intereses que non
encaixan na finalidade perseguida pola Lei, por tanto, non poden ser considerados superiores.
Neste senso, a Sentenza da Audiencia Nacional do 30 de maio de 2019 destaca a importancia
de aterse á finalidade da norma cando se solicita información pública no senso de que unha
solicitude de información que polo seu volume, extensión, período de tempo, identificación e
medios para instrumentar a petición, ademais de ocasionar unha disfunción manifesta, non
deixa de ser un desiderátum non acorde co espírito e finalidade da normativa de
transparencia. Afirma a dita sentenza que unha solicitude destas características non deixa de
ser unha utilización da normativa de transparencia, cunha finalidade que non se acomoda ao
espírito e finalidade da mesma.
Engadido ao anterior, a solicitude exposta debe analizarse desde a perspectiva do control da
acción da Administración e a rendición de contas polas decisións públicas, tendo en conta que,
en non poucas ocasións e atendendo ao tipo de información requirida, certamente podería
cuestionarse a súa utilidade para garantir o interese común en coñecer a actuación pública,
poder participar na mesma e esixir responsabilidades polas decisións dos organismos
públicos; todos eles, alicerces fundamentais e ratio iuris da Leí 19/2013.
A Coruf,a
[email protected] www.cornisiondatransparencia.ga\
Así, debe lembrarse que é a protección do interese xeral na transparencia pública, como ben
común da nosa sociedade, é a que debe prevalecer fronte a solicitudes de información que
perseguen outros intereses, que non encaixan na finalidade perseguida pola normativa en
materia de Transparencia e, por tanto, non poden ser considerados superiores.
A resolución da Secretaria Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia motivou debidamente a
súa resolución cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos, na que
aprecia un abuso de dereito, e supoñería, ademais da realización dun informe a medida, unha
paralización da súa xestión, e sen que na reclamación presentada pola asociación reclamante,
se alegue nin acredite motivo algún que desvirtúe os fundamentos da resolución recorrida,
mais ala de que se fagan acusacións directas ou veladas, de comisión de delitos ou
irregularidades ante un órgano, como é esta Comisión, que ten como competencia a
resolución de reclamacións en materia de acceso á información, e non a investigación e
persecución de faltas ou delitos.
De acordo co anterior, en base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente
expresados, procede a desestimación da reclamación presentada, polo que a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por , en
representación
con data do 2 de marzo de 2020, contra a Resolución da Secretaría Xeral
da Presidencia da Xunta de Galicia do 27 de febreiro de 2020, pola que se inadmite a súa
solicitude de acceso á diverso tipo de documentación referida a diversas persoas e entidades,
información sobre viaxes oficiais, porcentaxe que sobre o total supón as solicitudes recibidas
ou enviadas polas ditas persoas ou entidades.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2020.07.23 17:33:17 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.