Inadmitida 21/07/2020 · 32 días en resolverse

Reclamación por falta de ejecución de resolución de acceso a información sobre el acuerdo de cierre de periodo de actuaciones de la sección Trinidad nº 277

Se solicitó la ejecución de una resolución de acceso a la información sobre un acuerdo de cierre de periodo de actuaciones mineras a la Consellería de Economía, Emprego e Industria. El ciudadano alegó que, pese a que se le concedió el acceso el 7 de febrero de 2020, no recibió la documentación. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por falta de competencia para resolver sobre la ejecución de resoluciones.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación no impugna la denegación del acceso, sino la falta de ejecución de una resolución que ya había concedido dicho acceso.
2 La Comisión da Transparencia de Galicia carece de competencia legal para resolver sobre la ejecución de resoluciones dictadas por la administración.
3 Se procede a la inadmisión de la reclamación de conformidad con el artículo 116.1. a) de la Ley 39/2015.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada p o r - en representación da - mediante escrit ~ e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de xullo de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. en representación da presentou, me ,ante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de Xuño de 2020, unha reclamación ao amparo do dispost o no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de execución da Resolución do 7 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e lndustria pola que se lle concede acceso, previa disociación dos datos de carácter persoal, ao acordo de peche de período de actuacións previas por actuacións fora do perímetro de explotación para o aproveitamento de recursos da sección A) nomeada Trinidad nº 277, do 21 de outubro de 2019. O reclamante indicaba que a con data do 11 de xaneiro de 2020 presentou reclamación ante a Comisión da Tr ansparencia de Galicia porque, a pesar do tempo transcorrido, non tiña recibido da Consel lería de Economia, Emprego e lndustria resposta á nosa solicitude. (Expediente RSCTG 9/2020). Con data do 7 de febreiro de 2020 o Servizo de Enerxía e Minas de Lugo resolve permitir o acceso solicitado, sen que ata a data se lles dera acceso á documentación solicitada . {+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo. 65 1S700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comísiondatransparencia.ga l FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as ,~ (+34) 981S69H0 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela ACoru~a (;) inlo,:'i.<:omisiondatrar,sparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga1 persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transpa rencia da actividade públ ica e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á informac ión pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A reclamación presentada pola non ten por obxecto a impugnación da Resolución de 7 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, da Consellería de Economía, Emprego e lndustria, pola que se lle concede o acceso á información solicitada, senón impugnar a súa falla de execución, mediante a entrega da documentación sobre á que se lle recoñeceu o dereito de acceso. De acordo co anterior, ao non ser competente a Comisión da Transparencia de Galicia, de acordo co disposto no artigo 33 da Lei 1/2016, para resolver sobre a execución da resolución ditada, procede, de conformidade co artigo 116.1. a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adm inistracións públicas, inadmitir a reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Com isión da Transparencia, ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada por n representación da on data do 19 de xuño de 2020, contra a falla de execución da Resolución do 7 de febreiro de 2020, da Xefatura Territ orial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e lndustria pola que se lle concede acceso, previa disociación dos datos (+34) 93156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] l www.comísiondatransparencía.ga1 de carácter persoal, ao acordo de peche de período de actuacións previas por actuacións fora do perímetro de explotación para o aproveitamento de recursos da sección A) nomeada Trinidad nº 277, do 21 de outubro de 2019. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2020.07.23 17:32:17 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. lt