Se solicitó al Concello de Ferrol información sobre el lugar de publicación de la modificación de la ordenanza de terrazas. Ante la falta de respuesta, la interesada reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo decidió inadmitir la reclamación por ser extemporánea, ya que se presentó antes de que transcurriera el plazo de un mes del silencio administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue interpuesta el 22 de junio de 2020 frente a una solicitud presentada el 26 de mayo de 2020.
2
El artículo 24 de la Ley 19/2013 establece que la reclamación debe interponerse en el plazo de un mes desde la notificación o desde que se produzcan los efectos del silencio administrativo.
3
Se determina que no transcurrió el plazo de un mes desde la recepción de la solicitud por el Concello de Ferrol hasta la interposición de la reclamación.
4
La resolución se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al tratarse de un acto no susceptible de recurso por ser extemporáneo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lel 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bogoberno
Vist a a recla mación presentada por mediante escrito do 22 de
xuño de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de setembro de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 22 de xuño de 2020 , unlha reclamación ao amparo do dispost o na
dis posición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transpa rencia e bo goberno,
desestimación por silencio administrativo da súa solicit ude de acceso á información ante o
Concello de Ferrol, sobre o lugar de publicación da modificación da ordenanza de terrazas
vixente no dito Concello.
A reclamante indicaba que solicitou información sobre a ampliación do horario de terrazas en
Ferro!, o cal se fixo mediante un decreto que modifica a ordenanza de t errazas vixente e que
foi asinado polo concelleiro de Urbanismo e o Xefe de Sección de Urbanismo e lnfraestruturas,
e que non consta publicado nin na Web do Concello nin no BOP nin en ningún outro sitio. Á
interesada informáronlle do cambio de horario ao chamará Policía Local por molestias dunhas
t errazas próximas á súa vivenda e nin a mesma Policía soubo dicirlle onde constaba publicado
ese cambio. A r eclamante indica que a través dun concelleiro, obtivo copia do Decreto
solicitado polo que solicita axuda da Comisión por considerar que a mod ificación de horarios
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
r A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
se fixo sen seguir o procedemento legal para iso, polo que solicita a axuda da Comisión para
esclarecer como se fixo este cambio.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI e dun decreto de
modificación de horarios asinado polo concelleiro delegado da Área de Urbanismo.
Segundo. Con data do 26 de xuño de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Ferrol para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 29 de xuño de 2020, sen que ata a data
remitise copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas pelas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e pelas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acorde co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas pelas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
í
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
potestativo e previo a ImpugnacIon en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta leí e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Leí estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
0 (+34)981569740 e Rúa do Hórr('O, 65
A Coruña
( ;; [email protected] ~) www.comisiondatransparenc.ia.ga1
O artigo 24 da Leí 19/2013 estab lece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso, tal e como consta na documentación remitida pola interesada, a súa
solicitude a presentou por correo electrónico con data do 26 de maio de 2020 e a reclamación
ante a falta de contestación á dita solicitude, tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o
22 de xuño do mesmo ano.
De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei
1/ 2016, desde a recepción da solicitude polo Concello de Ferrol, órgano competente para
resolver, ata a interposición da reclamación pola interesada, procedendo en consecuencia, a
inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non suscept ible de recurso, de
conformidade co disposto no artigo 116.c) da Leí 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas.
O Concello de Ferrol, non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión, polo
que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Leí 1/2016, a súa abriga de
facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas
funcións en materia de transparencia.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Presidenta da
Comisión da Transparencia en virtude da delegación de competencias acordada pola Comisión
en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo).
ACORDA
Único: lnadmitir, por extemporánea, a reclamación presentada por
~ o n data do 22 de xuño contra a falla de contestación á súa solicitude de acceso á
información ante o Concello de Ferrol, sobre o lugar de publicación da modificación da
ordenanza de terrazas vixente no dito Concello.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sa la do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2020.10.01 09:30:05 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.