El ciudadano solicitó a la Universidad de la Coruña datos sobre la ejecución del contrato de impresión de títulos universitarios y SET. Tras una respuesta incompleta, el interesado reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación por considerar que la administración no proporcionó la información de forma clara y completa.
Puntos clave de la argumentación
1
La información proporcionada debe ser clara y corresponderse exactamente con lo solicitado, no siendo admisible remitir copias de facturas cuando se solicita un dato concreto como el número de unidades o el importe facturado.
2
Cualquier contenido o documento que obre en poder de un sujeto obligado, elaborado o adquirido en el ejercicio de sus funciones, constituye información pública, independientemente de que su remisión forme parte del objeto del contrato.
3
Si la administración no posee la información solicitada, debe comunicarlo de forma clara al solicitante en lugar de omitir la respuesta o dar justificaciones insuficientes.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada po mediante escrito do 23 de xullo
de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de setembro de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 23 de xullo de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no art igo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de tran sparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante á Universidade da
Coruña, sobre diversos aspectos da execución do contrato de impresión e personalización de
Títulos universitarios oficiais, Suplementos Europeos ao Título (SET) conforme ao Real Decreto
1004/ 2003, Suplementos Europeos ao Título (SET) conforme ao Real Decreto 22/2015.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 24 de xullo de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Universidade da Coruña para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 10 de agosto de 2020 A Universidade da Coruña contesta a petición
remitindo a seguinte documentación:
g
{•j J ~ {ft (•34) 98156 97 40 ( l.:·w Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compost.ela
~
t·
..<· t. r-·a nsrnrf•rK
i •.. < " ;'e;,._, A Coruña
t¿ .•
Ga!icia C:'r inío@<omisiondatransparcncia.ga1 f.:~'t www.comlsiondatransparencia.ga1
fJ,'!'
• Solicitude de información pública presentada por
• Nota interior do Xefe do Servizo de Organización Académica solicitando información ao Xefe
do Servizo de Contratación, Patrimonio e Xestión Económica.
• Nota interior do Xefe do Servizo de Contratación, Patrimonio e Xestión Económ ica
contestando a solicitude de información do Xefe do Servizo de Organización Académ ica.
• Documentación correspondente á información solicitada por
Cuarto. Con data do 17 de agosto de 2020, o interesado remite escrito no qu e comunica que
con data do 11 de agosto recibiu resposta da Universidade da Coruña e que a información
subm inistrada pola universidade non se corresponde coa súa solicitude nos seguintes puntos:
• Respect o do número de unidades (títulos universitarios oficiais), subministradas á UDC pola
empresa adxudicataria do servizo e importe facturado polo devandito concepto, non se lle
informa do número de unidades (títulos) nin do importe facturado pola adxudicataria por ese
servizo, senón que se lle remite unha list axe non solicitada coas facturas pagas pola UDC á
empresa adxudicataria por diferentes conceptos (" incorporación", "Pedido", "Impresión e
personalización"," Rexeitada ", etc) desde o 27/07/2013 ao 28/01/2020:.
• Respecto do número de unidades de suplementos Europeos ao Título (SET) conforme RD
1004/2003 e importe facturado pola adxudicataria do servizo, a Universidade remite unha
listaxe coas facturas pagadas desde o 27/07/2013 ao 28/01/2020. Do mesmo xeito que cos
títulos universitarios oficiais, non figura na listaxe o total co "importe facturado" polos
suplement os europeos ao t ítulo. Tampouco figura o "número de unidades subministradas".
• Respecto do numero de unidades subministradas e importe facturado dos Suplementos
Europeos ao Título (SET) conforme RO 22/2015 a Universidade remite á mesma listaxe, neste
caso indicando que o importe facturado correspóndese coas facturas n.º 192274, 193394 e
200175, polo que se pode obter o importe facturado sumando os seus importes, pero non
informan do número de un idades de SET subministradas.
• No referente ao nome da empresa adxudicataria do servizo de impresión, e data da/ s
prórroga/s a Universidade informa que o contrato se formalizo u o 26 de xullo de 2013 e que
se prorrogou o 27 de xullo de 2015 pero non informa a quen se lle adxudicou o servizo. É
verdade que na listaxe de facturas aparece un provedor SIGNE, S.A. pero a Universidade non
contesta de forma clara á pregunta rea lizada.
• No referente ao prazo de entrega ofertado pola adxudicataria do servizo para os t ítulos
universitarios oficiais e suplementos europeos, a Universidade si contest a.
• Respecto do listaxe dos pedidos realizados á empresa no que se detalle o t ipo, data de envío,
data de recepción e N.º de unidades, a Universidade obvia esta pregunta e non subministra
información algunha
• Respecto dos certificados laboratorios a Universidade non subministra dita información
escudándose en que "non se requiría a presentación dos citados informes", pero o reclamante
afirma que lle consta que dende a Universidade solicitou á adxud icataria do servizo de
impresión e personalización de títulos oficiais e SET que certificase e xustificase que os títulos
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] l www.comisiondatransparencia.gal
e SET axustábanse á normativa vixente e que a adxudicataria achegou unha serie de informes
como proba do cumprimento dos requisitos técnicos establecidos na normativa de aplicación.
O interesado fai constar que a Universidade non invocou na súa resposta ningún dos límites
establecidos no artigo 14 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, tan só limitouse a non
subministrar a información, polo que solicita que se requira á Universidade da Coruña para
que lle remita a información solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
, [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro}.
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
(+34) 98156 9740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Universidade da Coruña non resolveu a solicitude de acceso á información ata o 11 de
agosto de 2020, tendo o interesado presentada con anterioridade a súa reclamación contra a
desestimación por silencio administrativo, polo que procede admitir a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito
obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública. O posible
obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra é todo contido ou documento
que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio
das súas funcións. O feito de que poida ser obxecto dunha solicitude de acceso á información
calquera información que posúa o organismo ou entidade aoque se dirixa a mesma, así como
que non sexa necesario motivar a solicitude, xa que non está vinculada á titularidade dun
interese por parte do solicitante, fai difícil cando non imposible, subtraer do marco da
normativa de transparencia unha solicitude de información que cumpra estas condicións.
A información que se proporciona ao solicitante, ha de ser unha información clara, e ten que
corresponderse exactamente co que se solicita en cumprimento dos principios de
transparencia, accesibilidade, fiabilidade e integridade que deben presidir as actuacións dos
suxeitos abrigados a proporcionar información de acorde coa Lei 1/2016, como é neste caso
a Universidade da Coruña, e sen que sexa admisible que ante a solicitude dun dato como pode
ser a do número de unidades de títulos subministradas por unha empresa adxudicataria ou o
importe facturado, se lle remitan copias de facturas por distintos conceptos, en vez de remitir,
de forma clara, o número de unidades e o importe facturado.
Respecto dos certificados de laboratorios, a Universidade non subministra dita información
en base a que na contratación, non se requiría a presentación dos citados informes. Débese
recordar neste punto, que información pública e calquera contido ou documento que obre en
poder dun suxeito abrigado, elaborado ou adquirido no exercicio das dúas función s. Por tanto,
se a Universidade está en posesión deses certificados, aínda que a abriga de remitilos non
forme parte do obxecto do contrato, debe proporcionarllos ao interesado, por ser información
pública, e no caso de que non estea en posesión dos mesmos, debe comunicar, de forma clara
ao solicitante, que non posúe os ditas certificados
De acorde co anterior, procede a estimación da reclamación presentada por ser o obxecto da
mesma unha solicitude de acceso á información pública que a Universidade resolveu de forma
incompleta, debendo proporcionar ao interesado o número de unidades de títulos
t¡
,~, (+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
1S700, Santiago de Compostela
,,
(:') [email protected] ~ www.comisiondatransparencia.ga1
universitarios oficiais, e suplementos europeos ao título (SET) conforme ao Real Decreto
1004/2003 e Real Decreto 22/2015 subministradas á Universidade pola empresa
adxudicataria e o importe facturado no período solicitado, o nome da empresa adxudicataria
do servizo de impresión, a listaxe dos pedidos realizados á empresa no que se detalle o tipo,
data de envío, data de recepción e número de unidades.
Respecto dos certificados de laboratorios, debe proporcionarllos ao interesado en caso de que
este e posesión dos mesmos, e en caso cont rario debe comunicar de forma clara ao
solicitante, que non posúe ditos certificados.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por on data do 23 de
xullo de 2020, contra a desestimación, inicialmente por silencio adm inistrativo e
posteriormente contra a resolución expresa, da súa solicitude de acceso á información ante á
Universidade da Coruña, sobre diversos aspectos da execución do contrato de impresión e
personalización de Títulos universitarios oficiais, Suplementos Europeos ao Título (SET) e
Suplementos Europeos ao Título (SET).
Segundo: Instar a Universidade da Coruña, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada de acordo co disposto no fundamento quinto
desta resolución, respectando os límites dos art igos 14 e 15 da Lei 19/ 2013, do 9 de decembro,
e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: In star a Universidade da Coruña, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2020.10.01 09:25:48 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.