Estimada 29/09/2020 · 64 días en resolverse

Acceso a la documentación del Proyecto de sendeiro fluvial a Carabeiras en Lousame (convocatoria Leader 2019) y resultado favorable

El ciudadano solicitó a la Consellería de Medio Rural el expediente del Proyecto de sendeiro fluvial a Carabeiras (fondos Leader 2019). Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó facilitando la información durante la tramitación del expediente.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso a la documentación de fondos Leader se considera información pública conforme a la Ley 1/2016.
2 La administración incurrió en silencio administrativo al no resolver la solicitud en el plazo legal de un mes.
3 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración facilitó la información solicitada el 2 de septiembre de 2020.
4 El derecho de acceso se considera satisfecho al no haber presentado la parte recurrente objeciones sobre la documentación recibida.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 27 de xullo de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de setembro de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27 de xullo de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información presentada á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural, de acceso a copia de toda a documentación que obre no organismo responsable da tramitación dos fondos Leader (AGADER) relativa ao expediente ou expedientes referidos ao Proxecto de sendeiro fluvial a Carabeiras, en lousame, aprobado pola Asociación de Desarrollo Local Deica (GDR-18) para a súa presentación á convocatoria de Leader de 2019. A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DN I. Segundo. Con data do 29 de xullo de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. ti (•34)981 5697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña O i [email protected]! ~ www.comisiondatransparencia.ga1 Terceiro. Con data do 9 de setembro de 2020 a Consellería de Medio Rural contesta a petición remitindo copia do expediente instruído no que figura a resolución do 2 de setembro de 2020, do Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) pola que se concede o acceso á información solicitada por FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería de Medio Rural non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. '~ fi . l}({;'"i.1'• •. •·., . ~ (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 ;~- ,, ~ t·r·''"'< ¡"\a. 1c."1 O l l.;>.,t -.. , . (-· •• ·1 -:1 C ;t¡ ,·t Gancia t? [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou acceso á información presentada á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural, de acceso a documentación que obre no organismo responsable da tramitación dos fondos Leader (AGADER) relativa ao expediente ou expedientes referidos ao Proxecto de sendeiro fluvia l a Carabeiras, en Lousame, aprobado pola Asociación de Desarrollo Local Deloa (GDR-18)para a súa presentación á convocatoria de Leader de 2019A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), documentación que debe considerarse información pública. AGADER non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 2 de setembro de 2020, a solicitude de acceso foi resolta de forma positiva facilitándoselle o acceso á información á interesada mediante a remisión de copia do expediente. Ao non terse recibida obxección algunha por parte da redamante sobre la información recibida, débese entender que o seu dereito foi satisfeito aínda que de forma extemporánea polo que procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen que proceda efectuar actuacións complementarias. Debe lembrarse á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) a obriga de resolver as solicitudes de acceso á información, no prazo dun mes desde a recepción da solicitude no órgano competente para resolver, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 19/2016. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con data do 27 de xullo de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información presentada á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural, de acceso a copia de toda a documentación que obre no organismos responsable da tramitación dos fondos Leader (AGADER) relativa ao expediente ou expedientes referidos ao Proxecto de sendeiro fluvial a Carabeiras, en Lousame, aprobado pola Asociación de Desarrollo Local Deloa (GDR-18) para a súa presentación á convocatoria de Leader de 2019. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2020.10.01 09:26:09 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.