Estimada 27/10/2020 · 85 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso al listado de residencias de mayores de gestión indirecta en Galicia, resuelta con estimación formal

Se solicitó a la Secretaría General Técnica de la Consellería de Política Social de Galicia un listado detallado de residencias de mayores de gestión indirecta. El solicitante alegó indefensión por silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó facilitando la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada sobre centros de gestión indirecta es considerada información pública al ser elaborada o adquirida por la Consellería en el ejercicio de sus funciones.
2 Se admite la reclamación fuera del plazo mensual ordinario basándose en el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG y la Ley 39/2015, que permiten interponer recursos contra resoluciones presuntas en cualquier momento.
3 La administración justificó el retraso en la respuesta debido a la suspensión de plazos por el estado de alarma (RD 463/2020) y la prioridad asistencial por la crisis sanitaria del COVID-19.
4 La reclamación se estima por motivos formales debido a que la Consellería de Política Social finalmente concedió el acceso y remitió la información solicitada el 21 de octubre de 2020.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 3 de agosto de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de outubro de 2020, adopta a segu inte resolución : ANTECEDENTES Primeiro. - p r esentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor d ~ 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude presentada á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, de acceso ao listado das residencias de maiores funcionando na Com unidade Autónoma baixo o modelo de xestión indirecta, a data 1 de xaneiro de 2020. Solicita coñecer a denominación e dirección do centro, a empresa adxudicataria, a data de adxudicación, o presuposto base de licitación con e sen IVE, o importe de adxudicación con e sen IVE e a duración do contrato. O reclamante en resumen, indica que non recibiu resposta á súa solicitude, polo que considera que a Administración actuou de forma discrecional, limitando de forma absolutamente inxustificada o dereito de acceso á información poste que nin sequera respondeu ás solicitudes expostas, o que supón un menoscabo inxustificado e desproporcionado do seu dereito de acceso. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Segundo. Con data do 12 de agosto de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Consellería de Política Social para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 17 de agosto de 2020. Terceiro.- Con data do 21 de outubro, a Consellería de Política Social remite copia do expediente e informe. No informe manifesta que o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara ou estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, na súa disposición adicional terceira, estableceu a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Respecto da falta de resolución en prazo da solicitude de información pública realizada, sinala que das once solicitudes presentadas na mesma data, seis se corresponden con información que obra en poder da Secretaría Xeral Técnica e na súa meirande parte os datos están relacionados ou incluso son coincidentes, polo que se procedeu ao seu análise conxunto, con independencia de que se resolveran de xeito individual. Indica que a consellería se viu moi afectada pola crise sanitaria, ao estar adicada a atender a colectivos especialmente vulnerables (persoas maiores, con discapacidade e/ou dependentes, menores, persoas en risco de exclusión social, etc.), polo que durante o estado de alarma tiveron que concentrarse todos os esforzos en intentar evitar que a crise sanitaria afectara aínda máis a estes colectivos, o que provocou atraso na tramitación de expedientes. Comunica que todas as consultas realizadas polo interesado foron resaltas con data 20.10.2020. Respecto da solicitude correspondente ao recurso RCTG 80/2020, formulado contra a desestimación por silencio administrativo da solicitude de acceso á información pública con rexistro de entrada 2020/785276, referido ao listado de residencias de maiores funcionando na Comunidade Autónoma baixo o modelo de xestión indirecta a 1 de xaneiro de 2020 con indicación da denominación e dirección do centro, empresa adxudicataria, data de adxudicación, orzamento base de licitación con e sen IVA, importe de adxudicación, con e sen IVA e duración do contrato, informa que unha vez analizada a solicitude, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, con data 20.10.2020, resolveu concederlle o acceso á información facilitada, información que se puxo a disposición do interesado a través do sistema de notificacións electrónicas notifica.gal o 21.10.2020. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu info@comi~iondatransparencia,gal www.com1siondatransparencia.ga1 preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Política Social non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, acceso ao listado das residencias de maiores funcionando na Comunidade Autónoma baixo o modelo de xestión indirecta, a data de 1 de xaneiro de 2020, información que debe entenderse que se J, '1 (~ 1•34)981 S69i40 Rúa do Hórreo, 6S i...,,, •·-;•t info@comisiondatl'aosparencia.ga1 ~ www.comisiondatransparencia.ga1 trata de información pública, por canto é información elaborada ou adquirida pala Consellería de Política Social no exercicio das súas funcións, e por tanto, á que o interesado ten dereito de acceso e que a Administración ten a abriga de proporcionarlle. A Consellería de Política Social, resolveu a solicitude de acceso á información, concedendo o acceso e remitíndolle ao solicitante a información referente aos centros de maiores de xestión indirecta. De acordo co anterior, considérase que a Consellería de Política Social respondeu adecuadamente á solicitude de acceso á información, procedendo por tanto a estimación da reclamación por motivos formais. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con data do 3 de agosto de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, de acceso ao listado das residencias de maiores funcionando na Comunidade Autónoma baixo o modelo de xestión indirecta, a data 1 de xaneiro de 2020. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recu rso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso - administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso - administrativa. Santiago de Compostela Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2020.10.29 18: 18:30 +o 1'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. _, e