El ciudadano solicitó a la Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social un listado detallado de residencias de mayores autorizadas. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración finalmente facilitó el acceso a la información mediante un enlace.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada es considerada pública al ser elaborada por la Consellería de Política Social en el ejercicio de sus funciones.
2
Se admite la reclamación basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015.
3
La administración alegó que el retraso en la respuesta se debió a la crisis sanitaria del COVID-19 y a la suspensión de plazos del Real Decreto 463/2020.
4
Conforme al art. 22.3 de la Ley 19/2013, si la información ya es pública, la resolución puede limitarse a indicar cómo acceder a ella.
5
La remisión al enlace del Registro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais se considera precisa y concreta para obtener los datos solicitados.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 3 de agosto de
2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de outubro de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Va ledor do Pobo o 3 de agosto de 2020, unha reclamación ao amparo do dispost o no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo, da súa solicitude presentada á Secretaría Xeral Técnica da
Consellería de Política Social, de acceso ao list ado das residencias de maiores autorizadas na
Comunidade Autónoma, a data 1 de xaneiro de 2020. Solicita coñecer a denominación e
dirección do centro, número de rexistro, a empresa adxudicataria, a data de adxudicación, o
presuposto base de licitación con e sen IVE, o importe de adxudicación con e sen IVE e a
duración do contrato.
O recla mante indica que non reci biu resposta á súa solicitude, polo que considera que a
Ad ministración actuou de forma discrecional, limitando de forma absolutam ente inxust ificada
o dereito de acceso á información pasto que nin sequera respondeu ás solicitudes expostas,
o que supón un menosca bo inxustificado e desproporcionado do seu dereito de acceso.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] l www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo. Con data do 12 de agosto de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Política Social para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pala administración foi o 17 de agosto de 2020.
Terceiro. Con data do 21 de outubro, a Consellería de Política Social remite copia do
expediente e informe.
No informe manifesta que o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara ou
estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, na
súa disposición adicional terceira, estableceu a suspensión dos termos e a interrupción dos
prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.
Respecto da falta de resolución en prazo da solicitude de información pública realizada, sinala
que das once solicitudes presentadas na mesma data, seis se corresponden con información
que obra en poder da Secretaría Xeral Técnica e na súa meirande parte os datos están
relacionados ou incluso son coincidentes, polo que se procedeu ao seu análise conxunto, con
independencia de que se resolveran de xeito individual. Indica que a consellería se viu moi
afectada pala crise sanitaria, ao estar adicada a atender a colectivos especialmente
vulnerables (persoas maiores, con discapacidade e/ou dependentes, menores, persoas en
risco de exclusión social, etc.}, polo que durante o estado de alarma tiveron que concentrarse
todos os esforzos en intentar evitar que a crise sanitaria afectara aínda máis a estes colectivos,
o que provocou atraso na tramitación de expedientes. Comunica que todas as consultas
realizadas polo interesado foron resaltas con data 20.10.2020.
Respecto da solicitude correspondente ao recurso RCTG 81/2020, formulado contra a
desestimación por silencio administrativo da solicitude de acceso á información pública con
rexistro de entrada 2020/78271, referido ao listado de residencias de maiores autorizadas na
Comunidade Autónoma a 1 de xaneiro de 2020, informa que toda a información que pide é
accesible para calquera persoa a través do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de
Servizos Sociais, que se pode consultar no enlace httpsifpoliticasocial.xunta.gal/XiacWeb/ e
no que mediante o emprego de distintos filtros existentes na aplicación o solicitante poderá
obter todos os datos que indica na súa solicitude.
Con data do 20.10.2020 a Consellería de Política Social resolveu concederlle o acceso á
información facilitada remitíndoo á súa consulta no enlace antedito, ao abeiro do establecido
no artigo 22.3 da Lei 19/2013, de 9 de decembro.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamación s.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Política Social non resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
~) (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
:\ tran~;par;.,ncia A Coruña
'. !¡; ,: .. · Ga!icia e info@comisio nd at ransparencia.ga1 e www.comisiondatransparenda.ga1
Quinto.- Análise do e><pediente
O interesado solicitou á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, acceso a ao
listado das residencias de maiores autorizadas 111a Comunidade Autónoma a 1 de xaneiro de
2020, información que debe entenderse que se trata de información pública, por canto é
información elaborada ou adquirida pola Consellería de Política Social no exercicio das súas
funcións, e por tanto, á que o interesado ten dereito de acceso e que a Administración abriga
de proporcionarlle.
A Consellería de Política Social, con data do 20 de outubro, segundo acredita na copia do
expediente remitido, resolveu a solicitude de acceso á información mediante a remisión do
link ao Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais noqueé posible, mediante
a utilización dos filtros, acceder a todos os datos que figuran na solicitude.
O artigo 22.3 da Lei 19/2013, establece que se a información xa foi publicada, a resolución
que resolva a solicitude de acceso poderá limitarse a indicar como pode accederse a ela, e
como establece o criterio interpretativo 9/2015, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, debe concretarse sinalando expresamente o link que accede á información e,
dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos e informacións exactas que se refiran ao solicitado,
senda requisito que a remisión sexa precisa e concreta e leve, de forma inequívoca, rápida e
directa á información sen necesidade de requisitos previos, nin de sucesivas procuras.
No presente caso, no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais do que se
proporciona o link directo, pode obterse a información solicitada, polo que procede e
estimación, por motivos formais, da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por con
data do 3 de agosto de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude presentada á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, de acceso ao
listado das residencias de maiores autorizadas na Comunidade Autónoma, a data 1 de xaneiro
de 2020.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
info@comisiondatransparencia,gal www.comisiondatransparencia.ga1
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2020.10.29 17:58:35 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia
(j