Desestimada 27/10/2020 · 85 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre expedientes de residencias de mayores (2014-2019) y resultado desestimado

El ciudadano solicitó a la Consellería de Política Social acceso a expedientes abiertos entre 2014 y 2019 sobre residencias de mayores. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación ya que la administración facilitó parte de la información y el resto fue inadmitido por ser una solicitud repetitiva.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso a expedientes de residencias de mayores se considera información pública al ser elaborada por la Consellería en el ejercicio de sus funciones.
2 Se considera correcta la respuesta de la Administración al haber facilitado el listado de inspecciones realizadas.
3 La denegación de información sobre procedimientos sancionadores se justifica al tratarse de una solicitud repetitiva, coincidiendo con otra ya resuelta para el mismo solicitante.
4 Se aplica el Criterio 3/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno para validar la inadmisión por repetitividad cuando no hay modificación real de los datos solicitados.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 3 de agosto de 2020, e considerando os antecedentes e fundament os xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de outu bro de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 3 de agosto de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información á Consellería de Política Social, referente aos expedientes abertos entre 2014 e 2019, ambos inclusive, ás residencias de maiores da Comunidade. O reclamante indica que non recibiu respost a á súa solicitude, polo que considera que a Administración actuou de forma discrecional, lim itando de forma absolutamente inxust ificada o dereito de acceso á información posto que nin sequera respondeu ás solicit udes expost as, o que supón un menoscabo inxust ificado e desproporcionado do seu dereit o de acceso. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Segundo. Con data do 12 de agosto de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Consellería de Política Social para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro.- Con data do 21 de outubro, a Consellería de Política Social remite copia do expediente e informe. No informe manifesta que o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara ou estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, na súa disposición adicional terceira, estableceu a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Respecto da falta de resolución en prazo da solicitude de información pública realizada, sinala que das once solicitudes presentadas na mesma data, seis se corresponden con información que obra en poder da Secretaría Xeral Técnica e na súa meirande parte os datos están relacionados ou incluso son coincidentes, polo que se procedeu ao seu análise conxunto, con independencia de que se resolveran de xeito individual. Indica que a consellería se viu moi afectada pola crise sanitaria, ao estar adicada a atender a colectivos especialmente vulnerables (persoas maiores, con discapacidade e/ou dependentes, menores, persoas en risco de exclusión social, etc.), polo que durante o estado de alarma tiveron que concentrarse todos os esforzos en intentar evitar que a crise sanitaria afectara aínda máis a estes colectivos, o que provocou atraso na tramitación de expedientes. Comunica que todas as consultas realizadas polo interesado foron resoltas con data 20.10.2020. En canto á reclamación sobre a solicitud e de información referida a expedientes abertos entre 2014 e 2019, ás residencias de maiores da Comunidade autónoma, informa que con data do 20 de outubro de 2020, a Secretaria Xeral Técnica da Consellería ditou resolución inadmitindo a solicitude por tratarse dunha solicitude repetitiva, por canto o interesado ten presentada outra solicitude (identificada co número de rexistro 2020/785318) da mesma información que se pretende acceder mediante esta solicitude, sendo concedido o acceso respecto da información dos expedientes sancionadores firmes resoltos. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela [email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 info@comísiondatransparencia.ga1 www.comisiondatransparencia.gat Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Política Social non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, acceso a aos expedientes abertos entre 2014 e 2019 pola Consellería de Política Social, ás residencias de maiores da Comunidade Autónoma de Galicia, información que debe entenderse que se trata de información pública, por canto é información elaborada ou adquirida pola Consellería de Política Social no exercicio das súas funcións, e por tanto, á que o interesado ten dereito de acceso e que a Administración ten a obriga de proporcionarlle. A Consellería resolveu, conceder a información respecto das inspeccións realizadas, remitindo ao interesado listado de 36 folios, no que consta o nome da residencia, Concello, provincia, tipo de centro e ano da inspección, polo que se considera correcta a resposta dada pola Administración á solicitude. 0 (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 ..,,. info@comisiondatrans parenda.ga1 (~ WVIW.comisio ndatransparencía.gat A inadmisión do acceso á información sobre os casos nos que se abriu un procedemento sancionador vén xustificada porque se trata dunha solicitude repetitiva toda vez que o mesmo interesado presentou outra solicitude da mesma información, que xa foi resolta, e da que se abriu expediente nesta Comisión (RSCTG 88/2020), inicialmente por desestimación por silencio administrativo, e sobre a que a Consellería, con data do 20 de outubro de 2020, ditou resolución expresa . Por tanto, de acordo co Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, considérase que a solicitude é repetitiva, por canto coincide con outra presentada polo mesmo solicitante, e da que xa se lle t en ofrecido a información, sen que houbese modificación real dos dat os ofrecidos, por canto se t rata de información referida aos anos 2014 a 2019. De acordo co anterior, procede a desestimación da reclamación presentada. ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data do 3 de agosto de 2020, contra a desestimación por silendo administrativo da súa solícitude de acceso á información á Consellería de Política Social, referente aos expedientes abertos entre 2014 e 2019, ambos inclusive, ás residencias de maiores da Comunidade. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xu risdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia