El solicitante pidió a la Consellería de Política Social el listado de plazas concertadas en centros de día para mayores de 2019. Alegó que la Administración limitó su derecho de acceso al no responder (silencio administrativo). La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Consellería acabó facilitando la información el 21 de octubre de 2020.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La información solicitada sobre plazas concertadas se califica como información pública al ser elaborada o adquirida por la Consellería en el ejercicio de sus funciones.
3
La Administración justificó el retraso en la respuesta debido a la suspensión de plazos del Real Decreto 463/2020 y a la concentración de esfuerzos en colectivos vulnerables por la crisis sanitaria del COVID-19.
4
Se considera que la Consellería respondió adecuadamente al conceder finalmente el acceso a la información solicitada el 20 de octubre de 2020.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada p o r - mediante escrito do 3 de agosto de
2020, e considerando os a n t e c e = s xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de outubro de 2020,
adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 3 de agosto de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transpa rencia e bo goberno, contra desestimación por
silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información á Consellería de Política
Social, referente ao listado de prazas concertadas en centros de día para maiores no ano 2019
na Comunidade Autónoma de Galicia.
O reclamante indica que non recibiu resposta á súa solicitude, polo que considera que a
Administración actuou de forma discrecional, limitando de forma absolutamente inxustificada
o dereito de acceso á información posto que nin sequera respondeu ás solicit udes expostas,
o que supón un menoscabo inxustificado e desproporcionado do seu dereito de acceso.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 12 de agosto de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Política Social para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
A recepción da solicitude pola administración foi o 17 de agosto de 2020.
Terceiro. Con data do 21 de outubro, a Consellería de Política Social remite copia do
expediente e informe.
No informe manifesta que o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara ou
estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, na
súa disposición adicional terceira, estableceu a suspensión dos termos e a interrupción dos
prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.
Respecto da falta de resolución en prazo da solicitude de información pública realizada, sinala
que das once solicitudes presentadas na mesma data, seis se corresponden con información
que obra en poder da Secretaría Xeral Técnica e na súa meirande parte os datos están
relacionados ou incluso son coincidentes, polo que se procedeu ao seu análise conxunto, con
independencia de que se resolveran de xeito individual. Indica que a consellería se viu moi
afectada pola crise sanitaria, ao estar adicada a atender a colectivos especialmente
vulnerables (persoas maiores, con discapacidade e/ou dependentes, menores, persoas en
risco de exclusión social, etc.), polo que durante o estado de alarma tiveron que concentrarse
todos os esforzos en intentar evitar que a crise sanitaria afectara aínda máis a estes colectivos,
o que provocou atraso na tramitación de expedientes. Comunica que todas as consultas
realizadas polo interesado foron resaltas con data 20.10.2020.
En canto á solicitude de acceso ao listado de prazas en centros de día de maiores concertadas
no ano 2019, indicando as que inclúen transporte e as que non, o importe que se abona por
praza/día, unha vez analizada a solicitude, o director xeral de Maiores e Persoas con
Discapacidade con data 20.10.2020, resolveu concederlle o acceso á información facilitada,
que se puxo a disposición do interesado a través do sistema de notificacións electrónicas
notifica.gal o 21.10.2020.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Leí 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acorde co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese talar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Política Social non resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, acceso á
información á Consellería de Política Social, referente ao listado de prazas concertadas en
centros de día para maiores no ano 2019 na Comunidade Autónoma de Galicia, información
que debe entenderse que se trata de información pública, por canto é información elaborada
ou adquirida pola Consellería de Política Social no exercicio das súas funcións, e por tanto, á
que o interesado ten dereito de acceso e que a Administración abriga de proporcionarlle.
A Consellería de Política Social, resolveu a solicitude de acceso á información, concedendo o
acceso e remitíndolle ao solicitante a información referente ás prazas concertadas en centros
de días para persoas maiores.
,,,,.,,
q, (+34) 981569740 r.;.w Rúa do Hórreo, 65
e [email protected]! ~ www.comisiondatransparencia.ga1
De acordo co anterior, considérase que a Consellería de Política Social respondeu
adecuadamente á solicitude de acceso á información, procedendo por tanto a estimación da
reclamación por motivos formais.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por con
data do 3 de agosto de 2020, contra a desestimación por silencio a min1strat1vo a súa
solicitude de acceso á información á Consellería de Política Social, referente ao listado de
prazas concertadas en centros de día para maiores no ano 2019 na Comunidade.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Leí 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2020.1 0.29 18:09:26 +o 1'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.