El interesado solicitó al Concello de Vigo y a la Deputación de Pontevedra la identificación de los funcionarios que integraron el Tribunal Cualificador de una plaza de Técnico Jurídico del Consorcio da Zona Franca de Vigo (2018). Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales y falta de respuesta expresa.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada sobre la composición de tribunales de selección se considera información pública según el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2
El Concello de Vigo actuó correctamente al remitir la solicitud al Consorcio da Zona Franca de Vigo, ya que este último es la entidad jurídica competente y organizadora del proceso.
3
La Deputación Provincial de Pontevedra incurrió en una irregularidad al no resolver expresamente la solicitud, a pesar de reconocer que una de sus funcionarias formó parte del tribunal.
4
Se recuerda que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver las solicitudes de acceso a la información en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
5
La reclamación es admisible ya que, frente a actos presuntos por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento siguiendo la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transpar·encia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito presentado
polo interesado na oficina de Correos o 24 de xullo de 2020, e considerando os antecedentes
e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 27 de outubro de 2020, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito na oficina de Correos,
dirixido ao onse10 e ransparenc,a y Buen Gobierno, unha reclamación ao amparo do
disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á
información ante o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra, referente á
identificación dos funcionarios e o persoal laboral que formaron parte, en representación das
citadas administracións públicas, no Tribunal Cualificador das probas de selección de persoal
do Consorcio da Zona Franca de Vigo {Pontevedra ) para cubrir una praza de Técnica/o
xurídica/o da oferta de emprego público do 2018.
O referido Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, remitiu a reclamación á Comisión da
Transparencia de Galicia por considerala competente para resolver, reclamación que tivo
entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 6 de agosto de 2020.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
O reclamante indicaba que con data do 2 de xuño de 2020 solicitou á Deputación Provincial
de Pontevedra e ao Concello de Vigo a identificación dos funcionarios ou persoal laboral que
formaron parte, en representación das citadas Administracións Públicas, do Tribunal
cualificador das probas de selección de persoal do Consorcio da Zona Franca de Vigo, na Oferta
de Emprego Público de 2018, para cubrir unha praza de Técnico/a Xurídico, sen obter resposta
á súa solicitude.
Ao solicitante se lle requiriu a acreditación da súa identidade. Con data do 4 de setembro de
2020, remite copia do seu DNI.
Segundo. Con data do 2 de setembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Vigo e á Deputación Provincial de Pontevedra para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegasen informe e copia completa e
ordenada do expediente.
A recepción da solicitude palas dúas administracións foi o 3 de setembro de 2020.
Terceiro. Con data do 14 de setembro de 2020 o Concello de Vigo contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que os datos sobre os tribuna is de selección dos procesos
selectivos do Concello de Vigo son obxecto de publicidade activa tanto nos boletíns oficiais
como na Sede Electrónica na sección "Ofertas de Emprego". Porén o tribunal sobre o que se
require información non é de ningún proceso selectivo organizado, nin que ten como destino
o Concello de Vigo. Se trata dun proceso selectivo organizado polo Consorcio Zona Franca de
Vigo e ao tratarse doutra entidade xurídica con personalidade propia e competencias de seu,
sendo un proceso selectivo propio, é esta institución á que terá a información sobre os
membros que compuxeron o tribunal concretado.
O Concello informa que si é certo que persoal do Concello de Vigo ten participado e
colaborado en procesos selectivos doutras administracións, pero no que corresponde a este
proceso concreto, non existe petición formal algunha do Consorcio Zona Franca de Vigo
(Pontevedra), solicitando a colaboración de persoal municipal para o tribunal cualificador de
referencia. Consta no expediente resolución do 7 de setembro de 2020, pola que se resolve a
solicitude de acceso á información, na que se acorda a remisión da solicitude ao Consorcio
Zona Franca de Vigo por considerar que é o órgano competente para resolver.
Cuarto.- con data do 9 de outubro de 2020, tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
informa da Deputación Provincial de Pontevedra no que comunica que non tramitou ningunha
proposta de nomeamento de persoal para formar parte do Tribunal do proceso selectivo de
referencia, e non deu resposta á devandita petición de información por tratarse dun
(i .('~ (+34) 981S697 40
d: . . .. , ; _• · ~,;; Rúa do Hórreo, 65
1S700, Santiago de CompostelA
;~t lr<lfF{k:rencia A Coruña
:.;~ ._¡ (ia!icia ('j [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
expediente alleo á Administración Provincial; entendendo que sería o Consorcio da Zona
Franca de Vigo, como Organismo responsable do proceso selectivo, quen debe identificar aos
membros do Tribunal designados única e exclusivamente por dito Organismo.
Así mesmo informa que a funcionaria técnica de Admón . Xeral-
Grupo Al e desta Deputación Provincial, formou parte do
devandito tribunal.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/ 2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-admin istrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Vigo non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo dun
mes dende a solicitude, establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón con data do 7 de
setembro, unha vez que o interesado tiña presentada a súa reclamación, e non consta que a
Deputación Provincial de Pontevedra resolvese expresamente a solicitude, polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou ao Concello de Vigo e á Deputación Provincial de Pontevedra, a
identificación dos funcionarios e o persoal laboral que formaron parte, en representación das
citadas administracións públicas, do Tribunal Cualificador das probas de selección de persoal
do Consorcio da Zona Franca de Vigo para cubrir una praza de Técnica/o xurídica/o da oferta
de emprego público do 2018. A información solicitada, debe considerarse información pública
de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016.
O Concello de Vigo resolveu expresamente con data do 7 de setembro de 2020, fóra de prazo,
a solicitude de acceso á información. De acordo coa información remitida e coa resolución
ditada, o Concello de Vigo non designou representante nese tribunal. O proceso selectivo non
esta organizado polo Concello, dado que se trata dun proceso selectivo organizado polo
Consorcio Zona Franca de Vigo, e ao tratarse doutra entidade xurídica con personalidade
propia e competencias de seu, debe ser esta institución á que debe proporcionar a
información solicitada.
O Concello informa que en relación a este proceso concreto, non existe petición formal
algunha, por escrito ou documentada do Consorcio Zona Franca de Vigo solicitando a
colaboración de persoal municipal para o tribunal cualificador de referencia. De acordo co
anterior, considérase correcta, aínda que fóra de prazo a resolución do Concello de Vigo na
que se acorda a remisión da solicitude ao Consorcio Zona Franca de Vigo por considerar que
é o órgano competente para resolver en aplicación do artigo 19.1 da Lei 19/2013.
¡'# l-¡-;:m,·., n3ropr
. '
. j ,
l.,.
,
,rx,~-~
(+34) 981 56 97 40 () Rúa do Hórreo, 65
,f.>
,f ,. ,, ia
..)l... ~ , ... , \....,
¡ t . Ca d a
.J _,¡'¡--·
t~) info@comisiondatran,;parencia.ga1 ~-
~~ www.comisiondatransparencia.ga1
Respecto da Deputación Provincial de Pontevedra, informa que tampouco tramitou ningunha
proposta de nomeamento de persoal para formar parte do Tribunal do proceso selectivo e
considera que debe ser o Consorcio da Zona Franca de Vigo, como Organismo responsable do
proceso selectivo ao que fai referencia o interesado, quen debe identificar aos membros do
Tribunal designados única e exclusivamente por dito Organismo. Así mesmo informa que unha
funcionaria da deputación, formou parte do dito tribunal. Neste caso, a Deputación Provincial
debeu resolver expresamente, remitindo a solicitude ao Consorcio, en cumprimento do
disposto no artigo 19.1 da Lei 19/2013.
A Deputación Provincial de Pontevedra non resolveu a solicitude de acceso á información do
interesado, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
- o n t r a a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á
información ante o Concello de Vigo e estimar a reclamación presentada contra a
desestimación por silencio administrativo da solicitude presentada ante a Deputación
Provincial de Pontevedra, referente á identificación dos funcionarios e o persoal laboral que
formaron parte, en representación das citadas administracións públicas, no Tribunal
Cualificador do Consorcio da Zona Franca de Vigo-.
Segundo: Instar a Deputación Provincial de Pontevedra, a que, en cumprimento do disposto
no artigo 19.1, resolva expresamente a solicitude presentada e a remita ao Consorcio da Zona
Franca de Vigo para a súa resolución.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2020.10.29 18:09:57 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia