Inadmitida 27/10/2020 · 76 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por incompetencia sobre solicitud de información ambiental de un proyecto de granja de vacunos en Vimianzo

Una asociación solicitó información ambiental sobre un proyecto de granja de vacunos al Concello de Vimianzo y a la Consellería de Medio Ambiente. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que decidió inadmitir la reclamación por falta de competencia, al considerarse que el asunto debe tramitarse según la Ley 27/2006 de información medioambiental.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud versa sobre la tramitación ambiental de un proyecto de granja de vacunos, lo cual encaja en la definición de información ambiental del artículo 2 de la Ley 27/2006.
2 La Ley 27/2006 establece un régimen jurídico específico tanto para el acceso a la información como para los procedimientos de recurso, siendo de aplicación supletoria la Ley 19/2013.
3 El concepto de información medioambiental es amplio y abarca cualquier actividad o medida administrativa que pueda afectar o proteger el estado de los elementos del medio ambiente.
4 La Comisión da Transparencia de Galicia carece de competencia para resolver reclamaciones que deban tramitarse bajo el procedimiento específico de la normativa medioambiental.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno en representación da mediante escrito do 12 de agosto de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de outubro de 2020, adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES presentou mediante escrito con entrada no rexistro do Va ledor do Pobo o 12 de agosto de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/ 2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ambiental ante o Concello de Vimianzo e ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, referente a sobre a tramitación do proxecto de granxa de vacún ubicado no lugar de Señoráns, parroquia de Salto, municipio de Vimianzo (A Coruña). O reclamante indicaba que con data do 22 de maio de 2020, solicitou a referida información ao Concello de Vimianzo e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivencia, sen ter obtido resposta. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l O escrito viña acompañado de copia das solicitudes presentadas. Segundo. Con data do 31 de agosto de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Vimianzo e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude polo Concello de Vimianzo foi o 3 de setembro de 2020 e pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o 4 de setembro de 2020. Terceiro. Con data do 24 de setembro de 2020 ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo informe da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e copia do expediente tramitado. A Consellería en síntese informa que a solicitude esta formulada como de información ambiental pola Asociación, en relación coa tramitación ambiental do proxecto, á que non se lle deu resposta dado que o 25 de maio de 2020, o promotor renunciou a continuar coa tramitación, procedéndose ao seu arquivo. Considera a Consellería que, tendo a información solicitada carácter medioambiental debería tramitarse poi a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, disposición que mesmo foi invocada expresamente pola Asociación solicitante e de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013. Considera en consecuencia que procede a inadmisión da reclamación deducida ante a Comisión de Transparencia de Galicia, por incompetencia desa instancia, sen prexuízo de que a asociación peticionaria poda instar o que estime procedente ao abeiro da antedita Lei 27/2006. Cuarto. O Concello de Vimianzo non remitiu informe nin copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 A Coruña ¡; [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes (•34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivencia e o Concello de Vimianzo non resolveron a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que a reclamación debe considerarse presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A asociación reclamante presentou unha solicitude de acceso á información que cualifica expresamente de información ambiental á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivencia e ao Concello de Vimianzo. O informe da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivencia considera que se esta a solicitar información en relación coa tramitación ambiental polo que de acordo coa disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, debe tramitarse pala normativa nesa materia, basicamente poi a Lei 27/2006, do 18 de xullo, poi a que se regulan os dereitos í [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente. A citada Lei 27 /2016, ten previsto un réxime xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, senda de aplicación supletoria a Lei 19/2013. O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordes en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións. Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio ambiente aos que se refire a Directiva. De acorde co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude de información sobre a tramitación ambiental dun proxecto de granxa de vacún, polo seu contido relativo a materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental do artigo 2 da citada Lei 27/2006, debe ser tramitada de acorde co procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos de recurso, procedendo a inadmisión da reclamación presentada, por carecer esta Comisión de competencia para resolver sobre esta materia. En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ~ , lf tf ' . > ~. ¡ + ~. '·~ ~ (+34) 9815697 40 o Rúa do Hórreo, 65 ' :;,i}. t ' -~ '"¡ ,· Y).:·, l ( ~ ! t· ,\ f, "r·¡ . . ,\ \.,:. (. ¡• ._ ~ ;:,( A Coruña ii ¡¡ (:a!icia ( ;,) [email protected] www.comisiondatran.sparencia.ga1 ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada por en representación da contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Vimianzo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivencia, referente a información ambiental en formato dixital sobre a tramitación ambiental do proxecto de granxa de vacún ubicado no lugar de Señoráns, parroquia de Salto, municipio de Vimianzo. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conform idade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/ 1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa . Santiago de Compostela Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2020.10.29 18:11:59 +01 '00' M aría Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia