Se solicitó a la Consellería de Política Social de Galicia datos anonimizados sobre beneficiarios de la prestación de asistencia personal. El solicitante alegó que la administración debe anonimizar los datos sin requerir consentimiento. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación porque el bajo número de beneficiarios (134) permite la reidentificación indirecta.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada versa sobre datos de salud, considerados datos de especial protección según el artículo 15 de la Ley 19/2013.
2
La anonimización requiere que el responsable del tratamiento garantice la imposibilidad de que cualquier persona pueda revertir el proceso y reidentificar al sujeto.
3
El riesgo de reidentificación es considerable debido al contexto y al bajo número de beneficiarios de la prestación en Galicia (solo 134 personas).
4
La estructura y desagregación de los datos solicitados podrían permitir la identificación indirecta de los interesados, vulnerando el secreto estadístico.
5
Se considera que la administración ha justificado suficientemente la imposibilidad de proporcionar la información con las garantías de anonimización necesarias.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 18 de
agosto de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de outubro de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 18 de agosto de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución
da Dirección Xeral de Persoas Maiores e con discapacidade do 20 de xullo de 2020, pola que
se lle denega o acceso á información referente a datos de persoas en situación de
dependencia beneficiarias da prestación de asistencia persoal.
O reclamante indicaba que considera que a denegación non está o suficientemente
xustificada, e qu e o acceso solicitado en ningún caso fai referencia a datos persoais
especialmente protexidos senón a datos xa tratados necesariamente pola administración no
marco do procedemento para a concesión do servicio de asist encia persoal a persoas cun
determinado grao de dependencia.
Considera que de acordo co disposto na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección
de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais é o responsable do tratamento o que ten
que levar a cabo o proceso de disociación ou anonimización dos datos que recompila na
realización das súas funcións administrativas no ámbito das súas competencias, e en todo caso
será o responsable do tratamento o que teña que contar co consentimento expreso do
interesado, e cando a comunicación dos datos se realiza despois do correspondente
procedemento de disociación, é indiferente que exista ou non consentimento do interesado
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
para a comunicación ou cesión de datos, aínda cando sexan datos especialmente protexidos,
xa que os datos son totalmente anónimos.
Destacar que, os mesmos datos solicitados actualmente, xa nos foran facilitados pala propia
Xunta de Galicia a este equipo de investigación no ano 2014.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 31 de agosto de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Política Social para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 18 de setembro de 2020 a Consellería de Política Social contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude de acceso á información do interesado se
fundamenta na análise da tendencia evolutiva do perfil das persoas en situación de
dependencia recoñecida, beneficiarias da prestación económica de asistente persoal dentro
do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD). Solicítase de xeito
anonimizado, información relativa ao sexo, idade, concello de residencia, provincia, grao de
dependencia, baremo aplicado para a valoración da situación de dependencia ou escala de
valoración específica para menores de 3 anos, e a modalidade de contratación.
A Asistencia Persoal dentro do SAAD está configurada en Galicia como un recurso moi
específico para persoas en situación de dependencia que presentan un proxecto de vida
independente vinculado a un proxecto formativo ou ocupacional claro de participación
comunitaria e dispoñen de capacidade de autoxestión persoal e directa da figura do asistente.
Xestiónase mediante a concesión dunha prestación económica que contribúe á adquisición
do servizo de forma privada e cun número de horas en función de cada situación, non tendo
como obxectivo financiar o 100% do custo do mesmo. Ao ser un recurso de baixa frecuencia
de concesión, unicamente existen 134 persoas beneficiarias desta prestación.
De acordo co disposto no artigo 25 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección
de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, o tratamento de datos persoais levado a
cabo polos organismos que teñan atribuídas as competencias relacionadas co exercicio da
función estatística pública someterase ao disposto na súa lexislación específica. A Lei 9/1988,
do 19 de xullo, de estatística de Galicia, dispón que o segredo estatístico amparará a totalidade
de datos individualizados de arde privada, persoal, familiar, económica ou financeira
utilizados para elaborar a estatística, e que a súa vulneración, non se produce unicamente
pala comunicación directa de datos non autorizada, senón tamén pala comunicación de datos
(+34) 98156 9740 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga l
dos que se poida deducir razoablemente información individual, sendo datos persoais os
referentes a persoas físicas ou xurídicas que ou ben permitan a identificación inmediata dos
interesados, ou ben conduzan pola súa estrutura, contido ou grao de desagregación á
identificación indirecta dos mesmos. Por tanto, non é posible comunicar datos dos que pola
súa baixa frecuencia, pola súa estrutura e desagregación permitan identificar razoablemente
persoas e os seus datos persoais. Como criterio obxectivo para poder proporcionar a
información anonimizada establécese que a desagregación conxunta solicitada non pode
presentar unha frecuencia inferior o igual a 3, de xeito que non sexa posible identificar ou
deducir información persoal das persoas beneficiarias da prestación. Indica que non se dispón
de información relativa a modalidade de contratación do asistente persoal solicitada polo
interesado.
De acordo co anterior e por tratarse de datos de carácter persoal especialmente protexidos
dos beneficiarios da prestación de asistente persoal non é posible proporcionar o acceso a
información solicitada por canto, a pesar da anonimización, non é posible garantir o segredo
estatístico por tratarse de datos persoais facilmente deducibles no ámbito da información
subministrada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas administracións das comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas entidades locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as comunidades autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
(+34) 98156 9740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución impugnada ten data do 20 de
xullo de 2020 e a reclamación se interpuxo con data do 18 de agosto de 2020, polo que debe
admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou información de xeito anonimizado, referente ao sexo, idade, concello
de residencia, provincia, grao de dependencia, baremo aplicado para a valoración da situación
de dependencia, das persoas beneficiarias da prestación económica de asistente persoal
dentro do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD} da Consellería de
Política Social.
Non cabe dúbida que a información solicitada, retírese a información cualificada de especial
protección polo artigo 15 da Lei 19/2013, dado que se retire a información referente á saúde.
O reclamante alega que debe ser o responsable do tratamento, neste caso a Consellería de
Política Social, o que debe levar a cabo o proceso anonimización dos datos, e unha vez
realizado este, non é necesario contar con consentimento expreso do interesado.
Se ben o anterior é certo, dunha forma detallada, a Consellería explica que a asistencia persoal
é un recurso moi específico, para persoas en situación de dependencia e que se atopan nunhas
determinadas circunstancias e é un recurso de baixa frecuencia de concesión, polo que o
numero de beneficiarios en Galicia é unicamente de 134. Por tanto, aínda que os datos se
anonimizasen, dos mesmos poderíase deducir razoablemente información individual,
posibilitándose a identificación inmediata dos interesados, ou conducirá súa identificación de
forma indirecta.
A Lei de transparencia ofrece a posibilidade de anonimización, e como ben alega o reclamante,
nestes caso non é necesario o consentimento do afectado, aínda que se trate de datos de
f}
~f ' ,. ·. i l ) ' i (:,., : • '' (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
~~ tran'.;parencié1 A Coruña
!¡ < ·. Ga lici a I ~:\
"1...,! í[email protected] ~ www.comisiondatransparencia.ga1
especial protección. Para a realización dun proceso de anonimización, é necesario levar a cabo
unha análise previa que nos dea a garantía de que valorando todas as circunstancias que
concorran non caso, non é posible a reindentificación dos datos coas persoas ás que
pertencen.
O Grupo de Traballo da Comisión Europea (Grupo de Traballo do Artigo 29 da Directiva
95/46/CE, en materia de protección de datos) establece que os datos anónimos son aqueles
que se refiren a unha persoa física que non permita a súa identificación polo responsable do
tratamento dos datos ou por calquera outra persoa, tendo en conta o conxunto de medios
que poidan razoablemente ser utilizados por calquera, para identificala. É dicir, para
considerar que un dato que en orixe se refería a unha persoa identificable está anonimizado,
debe garantirse a imposibilidade que calquera poida reverter o proceso e reindentificala .
Por tanto, a anonimización esixe, ademais dunha enorme dilixencia para evitar erros, que o
contexto non permita a un terceiro destinatario da información inferir datos persoais dos
suxeitos concernidos. No presente caso, considlérase que a Consellería de Política Social
xustifica suficientemente que, dado o contexto, baixo número de beneficiarios da prestación
económica de asistente persoa l existente en Galicia, e dado que a información solicitada se
retire a datos especialmente protexidos, existe un considerable risco de reversión da
anonimización, o que suporía unha importante vulneración dos dereitos dos beneficiarios do
programa. De acorde co anterior, por considerar que esta suficientemente xustificada a
imposibilidade de anonimización coas garantías necesarias, procede a desest imación da
reclamación presentada.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por on data do
18 de agosto de 2020, contra a Resolución da 1 •
ores e con• • :,:
disca pacidade do 20 de xullo de 2020, pola que se lle denega o acceso á información referente
a datos de persoas en situación de dependencia beneficiarias da prestación de asistencia
persoal.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2020.10.29 18:14:17 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.