Se solicitó a la Delegación Territorial de Pontevedra información sobre locales de hostelería con máquinas de juego. El interesado alegó que se omitieron las fechas de emisión y vencimiento de las autorizaciones. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al no existir límites legales que justifiquen la entrega parcial de datos disponibles en el registro.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue admitida al presentarse dentro del plazo de un mes posterior a la notificación del acto impugnado
2
Se constata que la administración proporcionó la información de forma incompleta, limitándose al nombre y dirección del establecimiento
3
El sistema informático del registro contiene los datos solicitados y estos son exportables a formato de texto o hoja de cálculo
4
No se ha alegado la existencia de ningún límite legal que justifique la denegación parcial de la información
5
La información solicitada debe ser pública ya que el dato debe estar expuesto al público en cada establecimiento
6
Se insta a la administración a completar la información remitida en un plazo de 10 días hábiles
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 20 de
agosto de 2020, e considerando os antece entes e fundament os xurídicos que se especifican
a continu ación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de outubro de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 20 de agosto de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/ 2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da
Delegación Territorial de Pontevedra da Vicepreside ncia e Consellería de Presidencia ,
Adm inist ración Públ icas e Xu stiza do 27 de xullo de 2020, pola que se estima a súa solicitude
de acceso á información referente ao nom e comercial dos loca is de hostalería con
autorización de instalación e localización de máquinas de xogo que rad iquen na provincia de
Pontevedra, a súa situación en termos de rúa e número e a data de vencemento da
autorización.
O reclamante indicaba que sol icitou determinada inform ación so bre os establecementos que
figuran no Rexistro de Xogo da Comunidade Autónoma da provincia de Pontevedra, para os
cales se emitiu Autorización de Instalación e Localización (AIL). A información solicitada foi o
nome do establecemento, a súa localización física, a dat a de emisión da autorización e o seu
vencemento, e se lle negou ou omitiu os dous últimos.
O escrito viña acompañado de copia da solicitud e presentada e do seu DNI.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
ínfo@comísíondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo. Con data do 2 de setembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e
Xustiza, para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia
completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 4 de setembro de 2020.
Terceiro. Con data do 24 de setembro de 2020 a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administración Públicas e Xustiza contesta a petición remitindo a copia do expediente
instruído.
Coa copia, remite un informe asinado pola xefa do Servizo Xurídico da referida Consellería,
no que simplemente se limita a facer unha relación da documentación que figura no
expediente, sen facer referencia ao motivo polo que ao interesado non se lle deu a
información completa (data de emisión da Autorización e o seu vencemento).
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma leí, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas administracións das comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas entidades locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as comunidades autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Leí 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
(+34) 98156 9740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected]\ www.comisiondatransparencia.ga l
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 27 de xullo de 2020 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
con data do 20 de agosto de 2020, debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O dereito de acceso á información pública supón unha ferramenta indispensable para adquirir
aqueles coñecementos que permiten coñecer a calquera persoa, como se toman as decisións
públicas que afectan á vida da cidadanía. No exercicio de tal dereito, os suxeitos abrigados
deben proporcionar a información orientación e asesoramento aos solicitantes a fin de que
poida exercitarse do mellar xeito posible o seu dereito de acceso tal e como establece o artigo
26 da Lei 1/2016. Debe proporcionárselle a información que non estea suxeita a límites, do
xeito solicitado polo interesado, optando preferentemente pala vía electrónica, ou polo que
o solicitante sinalase expresamente, sempre que sexa posible.
Aínda que a resolución fronte á que se interpón a presente reclamación indicaba que a
información solicitada era concedida, tal e como alega o reclamante e como se puido
comprobar pala Secretaria desta Comisión a través do acceso ao Rexistro de establecementos
de hostalería con autorización de instalación e localización de máquinas de xogo, a
información contida nel, limítase ao nome comercial do establecemento e o seu enderezo,
sen que se lle dea información sobre a data de autorización e o seu vencemento, remitindo
ao solicitante a que obteña eses datos, visitando todos os establecementos da provincia, para
poder coñecer o dato solicitado.
Debemos partir da base de que o sistema informático que soporta o referido rexistro, contén
os datos solicitados, e que os mesmos son doadamente exportables a un formato de texto ou
folla de cálculo, xa que nin do informe da Delegación Territorial nin do informe do Servizo
Técnico Xurídico se fai a máis mínima manifestación en senso contrario. Non se alega
tampouco a existencia de límite algún na información solicitada que xustifique dar a
información de forma parcial, mais tendo en conta que o dato solicitado debe estar exposto
ao público en cada establecemento.
De acordo co anterior, dando cumprimento ao exercicio do dereito do solicitante ao acceso á
información, e á abriga da Administración dar a información cumprindo os principios de
accesibilidade universal, participación cidadá, integridade da información e reutilización,
Lí
~ (+34)981 569740 Rúa do Hórreo, 65
1S700, Sontiago de Compostela
(:;} [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1
establecidos no artigo 2 da Lei 1/2016, procede a estimación da reclamación presentada,
debendo a Delegación Territorial remitir a información completa ao solicitante.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 20 de
agosto de 2020, contra a Resolución da Delegacion Territorial de Pontevedra da Xunta de
Galicia do 27 de xullo de 2020, pola que se estima a súa solicitude de acceso á información
referente ao nome comercial dos locais de hostalería con autorización de instalación e
localización de máquinas de xogo que radiquen na provincia de Pontevedra, a súa situación e
a data de vencemento da autorización.
Segundo: Instar a Delegación Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Presidencia, Xustiza e Turismo, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, complete a
información remitida ao solicitante, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Delegación Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Presidencia, Xustiza e Turismo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía adlministrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2020.10.29 18:14:38 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia