El solicitante pidió a la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade el expediente completo sobre la autorización de un sendero en el Río Lobo. Tras un silencio administrativo y una respuesta parcial, alegó que faltaban documentos clave. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el interesado acabó obteniendo la información.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública permite obtener contenidos elaborados o adquiridos en ejercicio de funciones públicas sin necesidad de motivar la solicitud.
2
Las resoluciones de acceso solo son conformes si se proporciona toda la información solicitada o si la denegación o inadmisión parcial está debidamente motivada y justificada.
3
La reclamación es admisible ya que, ante la falta de resolución en plazo, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina jurisprudencial y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el administrado finalmente ejerció la vista del expediente y retiró la documentación solicitada.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver las solicitudes de acceso en el plazo legal se considera una infracción grave a efectos del régimen disciplinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 24
de agosto de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transpa rencia na sesión celebrada o día 27 de
outubro de 2020, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 24 de agosto de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, pola desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de
lnfraestruturas e Mobilidade, sobre a autorización conced ida ó Concello de Lousame, por
parte de Augas de Galicia, para executar a construción dun sendeiro ás beiras do Río Lobo
(tam én coñecido como Río Tállara), do dito termo municipal.
O recla mante indicaba que non recibiu resposta á súa petición.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 2 de setembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de lnfraestruturas e Vivencia para qu e, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ord enada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 4 de setembro de 2020, sen que se recibise
a copia do expediente e o informe solicitado.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comlsiondatransparencia.ga1
Terceiro. Con data do 17 de setembro de 2020 o interesado remite escrito no que comunica
que con data do 17 de setembro de 2020, recibiu contestación de Augas de Galicia á súa
petición de información e que considera que a información non cumpre co solicitado, por
canto solicitou copia íntegra e completa, do expediente DH.WlS.61793, que comprende tanto
a tramitación inicial do expediente (do que é coñecedor que foi denegada) como a todas as
alegacións posteriores que levaron ata a súa aprobación final, e todos os informes solicitados
a outros servizos da Administración, e a información recibida non é mais que a autorización
que foi enviada o día 7 de decembro de 2019 ao Concello de Lousame, onde se resumen os
pasos que se deron dende a solicitude inicial ata a autorización final.
Afirma o reclamante que non recibiu a copia da solicitude inicial formulada polo concello con
data do 06/04/2018, a copia da solicitude realizada por Augas de Galicia ao Servizo de
Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente do 12 de
abril de 2018, a copia do informe desfavorable emitido polo Servizo de Conservación da
Natureza da Xefatura Territorial do 21 de agosto de 2018, a copia da comunicación realizada
por Augas de Galicia ao Concello de Lousame onde se informa da denegación da solicitude
con data do 5 de novembro de 2018, a copia das alegacións enviadas polo Concello de
Lousame con data do 11 de outubro de 2019, a copia da solicitude realizada por Augas de
Galicia ao Servizo de Patrimonio Natural de data con data do 28/20/2019 (debe entenderse
que hai un erro na data e corresponde ao mes de novembro), a copia do informe realizado
polo Servizo de Patrimonio Natural que foi recibido por Augas de Galicia con data do 25 de
novembro de 2019, o informe favorable emitido polo enxeñeiro de Augas de Galicia con data
do 2 de decembro de 2019, nin a copia da proposta de resolución favorable emitida polo xefe
do servizo territorial de Augas de Galicia.
Cuarto.- Con data do 22 de outubro de 2020, a Consellería de lnfraestruturas e Vivencia remite
informe no que comunica que o 17 de setembro de 2020, Augas de Galicia remitiu ao
interesado unha comunicación remitindo copia da resolución do expediente no que se lle
indica que, de consideralo oportuno, podería consultar todo o expediente e obter copia dos
documentos contidos nel.
Con data do 29 de setembro de 2020, o interesado realiza o trámite de vista do expediente e
retira copia da documentación solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas administracións das comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas entidades locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as comunidades autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividad e pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de lnfraestruturas e Mobilidade non resolveu a solicitude de acceso á
información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que tendo
presentado o interesado a súa reclamación con anterioridade á resolución, debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.-Análise do expediente
As resolucións de concesión de acceso á información pública, unicamente son conformes coa
normativa en materia de transparencia, se efectivamente se proporciona toda a información
solicitada polo interesado, ou se denega ou inadmite de forma motivada a solicitude. Se a
información á que se da acceso é tan só parcial, omitindo unha parte da mesma, a pesar de
que o interesado era claro na súa solicitude, debe motivarse e xustificarse de forma clara que
~ (+34) 9815697 40
o Rúa do Hórreo, 65
{9 [email protected]
~ www.comisiondatransparencia.ga1
parte da información se omite, e cales son as razóns que xustifican esa omisión. No presente
caso, ao interesado se lle remitiu a resolución do expediente, e se lle deu trámite de audiencia
para consultar o expediente completo e obter copias, trámite que o interesado realizou.
De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada,
ao ter satisfeito o interesado o seu dereito de acceso, aínda que despois de ter presentada a
reclamación ante esta Comisión.
A Consellería de lnfraestruturas e Vivencia non resolveu en prazo a solicitude de acceso á
información do interesado, polo que debe lemb1rárselle que, de acordo co disposto no artigo
20.6 da Leí 19/ 2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por
con data do 24 de agosto de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo
in1c a ente e contra resolución expresa posterior, da súa solicitude de acceso á información
- ante Consellería de lnfraestruturas e Mobilidade, sobre a autorización concedida ó Concello
de Lousame, por parte de Augas de Galicia, para executar a construción dun sendeiro ás beiras
do Río Lobo.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
admin istrativa .
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2020.10.29 17:56:20 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia