Se solicitó al Concello de Esgos información sobre la notificación al titular de una parcela para la retirada de biomasa vegetal. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y obliga al Ayuntamiento a responder expresamente en un plazo de 10 días hábiles.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada sobre requerimientos administrativos de gestión de biomasa constituye información pública al estar en poder de un sujeto obligado.
2
El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
3
Las reclamaciones contra resoluciones presuntas (silencio administrativo) pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
4
El Ayuntamiento debe resolver expresamente la solicitud, procediendo a la disociación de datos personales si fuera necesario conforme a los límites legales.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave a efectos del régimen disciplinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 26
de agosto de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de
outubro de 2020, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 26 de agosto de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto
na disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ao Concello de
Esgos, de acceso á información referente á data de comunicación e requirimento ao titular da
parcelanº 518 (PORTAMEIRAS) do polígono 9 de Esgos, da retirada de la biomasa vexetal así
como a retirada das especies arbóreas que contraveñen o regulado na normativa que lle é de
aplicación.
A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 15 de setembro de 2020 cfléuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Esgos para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
d l- : : , ' . . ,;( . : . ', .
\ll (•34)981s6974o Rúa do Hórreo, 6S
IS 700, s~ntiago de Compostela
A Coruña
. t transpa renci ;:,
:;,; Ga!lcia c:::i info@comi!.iondatransparencia.ga1 ~ www.comisiondalransparencia.ga1
A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de setembro de 2020.
Terceiro. Con data do 24 de setembro de 2020 Concello de Esgos contesta a petición remitindo
o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que unha vez presentada pola que se
lle requira ao propietario da parcela nº 518 a retirada da biomasa vexetal, o persoal do
Concello compróbase a titu laridade da parcela, resultando que se trata dunha persoa falecida,
polo que se realizan investigacións para localizar algún posible herdeiro aoque poder notificar
a correspondente comunicación de cumprimento voluntario da obrigación de xestionar a
biomasa da devandita parcela.
O prazo para a realización voluntaria das actividades necesarias para a xestión da biomasa
está ampliado ao 16 de xullo de 2020 pola Resolución do 28 de abril de 2020 relativa ao prazo
previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os
incendios forestais de Galicia.
Con data 23 de xuño de 2020 colócase Bando municipal informando novamente a
obrigatoriedade de que todos os terreos situados ao redor de viven das teñen que estar limpos
e perfectamente rozados de todo tipo de masa vexetal nun radio de 50 metros e sinálase como
data improrrogable o 16 de xullo de 2020.
Con data do 7 de agosto de 2020, levántase a correspondente acta de Inspección da parcela
de referencia e a liquidación provisional en caso de execución subsidiaria, e con data do 11 de
agosto de 2020, o Concello resolve comunicar aos interesados que na referida acta de
inspección comprobouse que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da
Lei 3/2007, polo que est án abrigados á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas
prohibidas para o que dispoñerá dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento
voluntario.
As notificacións ao titular da parcela e aos posibles herdeiros foron devoltas por descoñecida
e non retirada respectivamente polo que se procederá á publicación dun anuncio no Diario
Oficial de Ga licia e no Boletín Oficial do Estado cos datos catastrais do terreo, concedendo un
novo prazo de 15 días naturais para proceder á xestión da biomasa, e unha vez rematado se
levará a cabo unha nova inspección para comprobar o cumprimento das obrigas.
Dado que o Concello de Esgos está adherido ao Convenio de colaboración subscrito entre a
Consellería do Medio Rural, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra
incendios forestais, e este convenio contempla a realización material das actuacións de
xestión de biomasa, derivadas da tramitación de procedementos de execución subsidiaria de
traballos de xestión de biomasa, que comprenderá a redacción do proxecto para a execución
í
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comísíondatransparencia.gal
subsidiaria e os traballos de xestión de biomasa sobre o terreo para o que se solicitará a
realización material da execución subsidiaria á Comisión de seguimento do mencionado
Convenio.
Informa o Concello que a totalidade do expediente administrativo, está ao dispor dos
interesados nas oficinas do Concello de Esgos.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acorde con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Non consta que o Concello resolvese expresamente a solicitude de acceso á información, polo
que a reclamación presentada con data do 26 de agosto de 2020, debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou información referente á data de comunicación e do requirimento ao
titular dunha parcela, da súa obriga de retirar a biomasa vexetal e das especies arbóreas que
contraveñen o regulado na normativa que lle é de aplicación. Dado que o solicitado trátase
de información en poder dun suxeito abrigado, neste caso o Concello de Esgos, debe
considerarse como información pública á que a solicitante ten dereito.
No informe que remite o Concello, dáse contadas actuacións administrativas practicadas para
a localización e notificación ás persoas titulares da propiedade o requirimento para o
cumprimento das súas abrigas de retirada de biomasa, actuacións que resultaron infrutuosas,
polo que van a proceder, de acorde coa normativa, á publicación nos correspondentes diarios
oficiais. Así mesmo informa de que en caso de ser necesario, como se executará a execución
subsidiaria dos traballos sobre os que se solicita información.
O Concello informa que a totalidade do expediente administrativo, está ao dispar dos
interesados nas súas oficinas, sen que conste que notificase resolución expresa á interesada,
polo que, en cumprimento do disposto no artigo 27 da Lei 1/2016, en relación co artigo 21 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas, o Concello debe resolver expresamente a solicitude, previa disociación, se procede,
dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites
legalmente previstos nos artigas 14 e 15 da Lei 19/2013, motivando, de ser o caso, a súa
resolución.
Debe lembrarse ao Concello, de acorde co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, que o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
''.s. if . ( ; '
e (•34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago d,; Compostela
' ,... , _, ¡•
. :.f l'"',t'j( e .. .. ,ia
..J o".°' r'ln(•
·(i ·• C;dícia C) [email protected] ~ wv,w.comisiondatransparencia.gal
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data
do 26 de agosto de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
ao Concello de Esgos de acceso á información referente á data de comunicación e
requi rimento ao titular da parcela nº 518, da r,etirada de la biomasa vexetal e especies
arbóreas.
Segundo: Instar ao Concello de Esgos, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma leí, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Esgos, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrat ivo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da lei 29/ 1998, do 13 de xullo., reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2020.10.29 18:15:31 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia