Se solicitó a la Consellería do Medio Rural información sobre una subvención de AGADER al Concello de Lousame. El solicitante alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó facilitando la información solicitada durante la tramitación.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitida por presentada en plazo, ya que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición, conforme al artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
3
Una resolución de acceso solo es conforme a la normativa si proporciona toda la información solicitada o si la denegación es motivada.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el interesado manifestó haber recibido la documentación y quedar satisfecho.
5
Se advierte a la Consellería do Medio Rural que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lel 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 24
de agosto de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 24 de
novembro de 2020, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Prlmeiro. presenttou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 14 de setembro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería do Medio Rural
sobre unha subvención de AGADER concedida ó Concello de Lousame para a construción dun
sendeiro ás beiras do Río Lobo (tamén coñecido como Río Tállara).
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 28 de setembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 9 de outubro de 2020, a Consellería de Medio Rural remite informe e
copia (a través de link, dado o volume da información) no que consta Resolución do 6 de
outubro de 2020 da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
pola que se resolve conceder o acceso á información solicitada.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comisiondatransparencia,gal www.comisiondatransparencia.ga1
Cuarto Con data do 9 de outubro de 2020 o interesado remite escrito no que comunica que
con data do 9 de outubro de 2020, recibiu contestación da Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural (AGADER) á súa petición de información, na que se inclúe unha copia
en papel da documentación solicitada, polo que considera que a súa demanda de acceso á
información quedou satisfeita, e pódese dar por cerrada a reclamación feita á Comisión da
Transparencia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese talar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
,t; (+34) 98156 97 40
p,t:~ ·),
'¼,.l' Rúa do Hórreo, 65
('.) [email protected] e;~ www.comisiondatransparencia.ga1
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Medio Rural non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do
prazo que establece o artigo 27.4 da Leí 1/ 2016, polo que tendo presentado o interesado a
súa reclamación con anterioridade á resolución, debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
As resolucións de concesión de acceso á información pública, unicamente son conformes coa
normativa en materia de transparencia, se efectivamente se proporciona toda a información
solicitada polo interesado, ou se denega ou inadmite de forma motivada a solicitude. Se a
información á que se da acceso é tan só parcial, omitindo unha parte da mesma, a pesar de
que o interesado era claro na súa solicitude, debe motivarse e xustificarse de forma clara que
parte da información se omite, e cales son as razóns que xustifican esa omisión. No presente
caso, ao interesado se remitíuselle a resolución do expediente, xunto con copia da
información solicitada, e este manifestou que a súa demanda de acceso á información quedou
satisfeita.
De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada,
ao ter satisfeito o interesado o seu dereito de acceso, aínda que despois de ter presentada a
reclamación ante esta Comisión.
A Consellería de Medio Rural non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información do
interesado, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
19/ 2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo t en a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación present ada por
- con data do 14 de setembro de 2020, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería do Medio Rural
sobre unha subvención de AGADER concedida ó Concello de Lousame para a construción dun
sendeiro ás beiras do Río Lobo.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/12018, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2020.11.26 08:40:03 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.