El solicitante pidió al Concello de Ribadavia copia de una resolución de urbanismo de 2005 y actuaciones relacionadas. Tras una denegación basada en un error formal del solicitante sobre el órgano de reunión, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena retrotraer las actuaciones para que el Ayuntamiento proporcione la información.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
2
Los organismos obligados deben orientar y asesorar a la ciudadanía en el ejercicio de su derecho de acceso.
3
No es admisible denegar la información basándose en un error formal del solicitante (confundir una sesión plenaria con una reunión de la Junta de Gobierno Local) cuando la información existe.
4
El Ayuntamiento debió corregir el error y retrotraer el expediente en lugar de desestimar la solicitud.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bogoberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do
28 de Setembro de 2020, e considerando os arntecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 24 de
novembro de 2020, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 28 de Setembro de 2020 , unha reclamación ao amparo do
disposto na disposición adicional quinta da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de copia da
Resolución do 22 de marzo de 2005 da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia
incluída na acta do pleno do Concello de Ribadavia do 4 de abril de 2005,en relación ao
expediente incoado a así como todas as actuacións realizadas por
ese Concello para dar cumprimento ao establecido na devandita resolución
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 13 de outubro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Ribadavia para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(_& (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago d e Compostela
ACorulla
C) í[email protected]! Q www.com~iondatranspal'l!ncia.ga!
Terceiro. Con data do 19 de outubro de 2020 o ao Concello de Ribadavia contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
O Concello informa que con data do 14 de outubro remitiu información ao solicitante na que
lle comunica que o pleno do concello de Ribadavia non celebrou sesión plenaria con data de
4 de abril de 2005, e que no pleno ordinario de ab ril de 2005 non hai ningún punto tratado
relativo ao qu e se sol icita.
Cuarto. Con data do 23 de outubro de 2020, o interesado remite escrito no que comunica que
recibi u resolución do Concello de Ribadavia de data 14 de outubro de 2020, coa que non esta
conforme, dado que a resolución non menciona os recursos que se poden interpoñer contra
a mesma.
Respecto do fondo do asunto, na resolución mención ase que non se t rato u na sesión ord inaria
do Conce llo, o punto sobre o que se solicita a información requirida, e remite acta da citada
sesión na que no seu apartado 4 recóllese no apartado de escritos oficiais, "da Dirección Xeral
de Urbanismo, Resolución de data 22 de marzo de 2005, pola que se declara ilegalizable a
nave industrial promovida por na estrada comarcal de San
Crist ovo de Regodeigón a Carballeda de Avia, por ser incompatible co ordenamento
urbanístico vixente e se ordena a súa demolición e a reposición dos terreos afectados ao
estado ante rior ou inicio dás obras."
O interesado solicita que se inste ao Concello de Ribadavia, a darlle traslado da información
sol icitada o 19 de agosto de 2020.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, estab lece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparen cia y Buen Gobierno, con caráct er potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administ rat iva. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administra cións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais compren didas no seu ámbito
territo rial, ao órgano independent e que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xa neiro, de t ransparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pú blica,
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
í
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 14 de outubro de 2020, cando o interesado xa tiña presentada a súa reclamación
ante a Comisión da Transparencia de Galicia polo que debe admitirse a mesma por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito
obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública. O posible
obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra é todo contido ou documento
que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio
das súas funcións. O feito de que poida ser obxecto dunha solicitude de acceso á información
calquera información que posúa o organismo ou entidade aoque se dirixa a mesma, así como
que non sexa necesario motivar a solicitude, xa que non está vinculada á titularidade dun
interese por parte do solicitante, fai difícil cando non imposible, subtraer do marco da
normativa de transparencia unha solicitude de información que cumpra estas condicións.
._,
('!?.} (+34) 981 569740 (j Rúa do Hórreo, 65
15700, SanUago de Compostela
E) ínfo@)comisiondattansparencia,gal f www.ccmisíondatransp.ircnci.>.gal
Os Tribunais de Xustiza pronunc,aronse no senso de que o acceso á información debe
recoñecerse con carácter amplo, e así, o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo n!? 4
de Madrid, en sentenza nº 93/2017, do 17 de xullo de 2017, establece que o artigo 12 da Lei
19/2013 recoñece do dereito de acceso á información pública a todas as persoas, sen
distinción.
No presente caso, o interesado remite copia da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno
local correspondente odia 4 de abril do 2005, na que se toma coñecemento, entre outros da
Resolución do 22 de marzo de 2005 da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia á
que fai referencia o interesado.
A contestación do Concello de que Concello de Ribadavia non celebrou sesión plenaria con
data de 4 de abril de 2005, e que no pleno ordinario de abril de 2005 non hai ningún punto
tratado relativo aoque se solicita, non pode admitirse. Os suxeitos abrigados a proporcionar
información á cidadanía, deben orientar e asesorará cidadanía no exercicio do seu dereito de
acceso, e no presente caso, está claro que o solicitante cometeu un erro ao referirse a un
Pleno do Concello, cando debería terse referido a unha reunión da Xunta de Goberno Local.
Este erro, debeu ser corrixido polo Concello, retrotraendo o expediente e previa audiencia, de
conformidade co disposto no artigo 19.3 da Leí 19/2013 ao terceiro interesado que figura no
expediente, e previo exame das alegacións que no seu caso poida facer o mesmo, deberá de
ser o caso e de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que
podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigas 14 e 15 da
l ei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que
debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art.
14.2 da referida Lei)
O Concello de Ribadavia non resolveu a solícitude de acceso á inform ación do interesado, polo
que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsa bles do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa regu ladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar para a retroacción de acordo co disposto no fundamento xurídico quinto desta
resolución, a reclamación presentad a por con data do 28
de Setem bro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo de acceso á
i 0 (+34) 98156 9740 Rúa do Hórreo, 65
'~ 15700, Santiago de Compostela
-~ tra1 ,spéiri•n{ i:-1 ACoroña
-, i; : - G:-t !i e 1:; ('?) [email protected] ~ wviw.comislondatransparencia.gal
Resolución do 22 de marzo de 2005 da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia
incluída na acta do pleno do Concello de Ribadavia do 4 de abril de 2005,en relación ao
expediente incoado a así como todas as actuacións realizadas por
ese Concello para dar cumprimento ao establecido na devandita resolución
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á not ificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición conte ncioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2020.11.26 10:45:22 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
(i