Un ciudadano solicitó al Concello de Ferrol cuestionarios y plantillas de un proceso selectivo para Técnico de Cultura. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia, que estima la solicitud obligando al Ayuntamiento a entregar la información por ser de interés público y no requerir condición de interesado.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas, siendo irrelevante que el solicitante tenga relación con la administración o acredite una condición de interesado específico.
2
Los tribunales de selección son órganos administrativos técnicos cuya información, como enunciados y plantillas, constituye información pública sujeta a escrutinio.
3
La discrecionalidad técnica de los tribunales refuerza la necesidad de acceso a la información para acreditar que el ejercicio de dicha potestad ha sido objetivo y ponderado.
4
Los documentos de trabajo interno, como las plantillas de corrección, tienen relevancia e interés público al ser cruciales para garantizar la objetividad en la selección de empleo público.
5
El carácter interno de la información solo justifica su denegación si carece de interés público, lo cual no ocurre en procesos de selección de personal administrativo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galiciana reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xanelro, de transparencia
e bogoberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 2 de outubro
de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 24 de novembro de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 2 de outubro de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a non recibiu resposta á súa solicitude desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude de acceso á información ante o Concello de Ferrol, referente ao proceso selectivo
do Concello de Ferrol, convocado polo anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 62
(1/4/2019), para a selección dun/ ha funcionario/a interino, grupo A, subgrupo Al, Esca la de
Administración Especia l, subescala Técnica Superrior, denominación Técnico/a de Cultura.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 13 de outubro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Concello de Ferrol para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Con data do 6 de novembro de 2020, o Concello de Ferrol contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que o Concello convocou unha praza de Técnico de
Cultura e entre decembro de 2019 e febreiro de 2020 procedeuse por parte do Tribunal á
selección do funcionario interino, finalizando o proceso o 19 de febreiro do ano 2020. Contra
a resolución do Tribunal e nomeamento do funcionario non se presentou ningún recurso
administrativo nin xurisdicional, polo tanto, o acto administrativo de nomeamento deveu
firme, o expediente foi enviado ao arquivo correspondente e o Tribunal xa está disolto.
Informa o Concello que o solicitante non se presentou ao exercicio nin estaba matriculado,
polo que non ten a condición de interesado. o Concello fai constar que no escrito presentado
non fai ningunha referencia á lei de transparencia polo que este concello está tramitando a
súa petición en base ás normas do procedemento administrativo común.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e pelas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas palas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
,,
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
í
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
J¡i A Coruña
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado non se lle remitiu resolución
dentro do prazo dun mes dende a súa solicitude, tal e como establece o artigo 27.4 da Lei
1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso a cuestionarios, plantillas de respostas correctas, enunciados e
documento do tribunal cos contidos mínimos para puntuar o segundo exercicio dun proceso
selectivo convocado polo Concello. A súa solicitude, segundo remite o interesado, formúlaa
nun modelo de solicitude de acceso á información pública do propio Concello, polo que non
cabe dúbida de que esta presentando unha solicitude ao amparo da normativa en materia de
Transparencia.
O concepto de interesado en materia de transparencia, ten un has peculiaridades respecto do
concepto de interesado nun procedemento administrativo. De acordo co disposto no artigo
12 da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas,
polo que é suficiente con acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), non existe obriga
de motivar a solicitude (artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación poderá ser tida en
conta cando se dite a resolución, sen que a ausencia de motivación, por si soa poida ser causa
de rexeitamento da solicitude.
l
'
,1
[email protected] l www.comisiondatransparencia.ga1
En todo caso, a Lei 1/2016, amplía aínda máis os dereitos do interesado, pois no artigo 24
equipara o interesado coa cidadanía en xeral. O dito artigo reforza o dereito da cidadanía ao
establecer que no exercicio do dereito ao acceso á información pública, garantiráselle ao
interesado a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidad e de autorización
previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou doutras leis. Por tanto, é irrelevante
que o solicitante de información pública teña ou non relación coa administración, coa materia
da que solicita información, ou o seu lugar de residencia. O dereito de acceso á información
pública non vén determinado polo feito dun interese concreto ou específico do solicitante,
nin está condicionada á acreditación da súa condición de interesado, debendo calquera
solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no seu acceso pola normativa vixente,
ser resolta non senso de conceder o acceso á información, porque a transparencia implanta
no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos seus gobernantes, das súas
Administracións e de calquera entidade que manexe fondos públicos, calquera información
pública que xulgue oportuna.
De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, información pública é calquera contido ou
documento elaborado, neste caso por un tribunal que forma parte da Administración, para o
exercicio das súas funcións.
Os tribunais de selección de empregados públicos, son órganos administrativos de carácter
técnico ao servizo da Administración, polo que a información que se atope no seu poder, en
concreto os enunciados e as plantillas solicitadas, é información pública de acordo co disposto
no citado artigo. O carácter técnico destes órganos non debilita a súa natureza administrativa,
nin os exclúe de formar parte da Administración pública. A referencia legal ao seu
funcionamento segundo criterios de discrecionalidade técnica, reforza a necesidade de
someter a súa actividade e as súas decisións ao escrutinio público, pois para o necesario
control desta discrecionalidade e para acreditar o seu exercicio obxectivo e ponderado,
resultan singularmente esixibles a existencia e o acceso á información que manexan estes
órganos para a toma das súas decisións.
Os documentos de traballo interno, como poderían cualificarse as plantillas de corrección dos
exames ou os contidos mínimos que deben incluír a resolución dun suposto práctico, non cabe
dúbida de que son documentos que teñen relevancia ou interese público, por canto xogan un
papel crucial para garantir a obxectividade do tribunal, e da súa aplicación vai depender algo
de tanta relevancia para o interese público como é a selección das persoas candidatas a un
emprego público.
O tribunal de selección como órgano administrativo de carácter técnico está sometido no seu
funcionamento á normativa dos órganos colexiados, debendo garantirse a súa independencia
e discrecionalidade técnica, calidades que implican a súa capacidade de tomar decisións libres
de mandatos xerárquicos, baseadas nos seus coñecementos e competencias técnicas, que
(•34) 9815697 40 t~".
,,Jf, Rúa do Hórreo, 65
!>t' A Coruña
1'~· ~
'·,,~ !
(';,} [email protected] ~ www.comisiondatransparencia.ga1
deben aplicar segundo criterios discrecionais, e son precisamente estes elementos os que
reforzan a necesidade de someter a súa actividade e as súas decisións ao escrutinio público,
pois para o necesario control desta discrecionalidade e para acreditar o seu exercicio
obxectivo e ponderado, é imprescindible a existencia e o acceso á información que usan estes
órganos para tomar as súas decisións, e máis se serve para obxectivalas. O acceso a este tipo
de información é obrigado en coherencia cos principios de publicidade, transparencia e
obxectividade, entre outros, que establece a lexislación vixente para rexer os procesos de
selección para o emprego público.
O carácter interno da información solicitada unicamente xustifica a súa denegación no caso
de que a mesma non teña relevancia ou interese público cousa que non sucede neste caso,
por canto a información solicitada ten importancia crucial para garantir a obxectividade do
tribunal, xa que da súa aplicación vai depender a selección das persoas candidatas ao emprego
público, de indubidable interese público.
Por tanto, procede a estimación da reclamación pr esentada, debendo o Concello proporcionar
a información solicitada ao interesado, na medida que esta documentación exista
efectivamente. No caso de que parte desta documentación non exista, como pode ser o
documento do tribunal cos contidos mínimos dos supostos prácticos, debéselle comunicar
expresamente ao interesado.
O Concello de Ferrol non resolveu a solicitude de acceso á información do interesado, polo
que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por on data do 2 de
outubro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de
acceso á información ante o Concello de Ferrol, referente ao proceso selectivo do Concello de
Ferrol, convocado polo anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 62 {1/4/2019),
para a selección dun/ha funcionario/a interino, grupo A, subgrupo Al, Escala de
Administración Especial, subescala Técnica Superior, denominación Técnico/a de Cultura,
G
[email protected] www.comlsiondatransparencia.ga1
Segundo: Instar ao Concello de Ferrol, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigas 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Ferrol, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2020.11.26 08:41 :08 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.