Se solicitó a la Consellería de Sanidade el acceso a los nombres y cualificaciones profesionales de la Unidad Centralizada de Atención á Transexualidade. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y obliga a la administración a facilitar la información, previa audiencia de los profesionales afectados.
Puntos clave de la argumentación
1
La Consellería de Sanidade incumplió una resolución previa de 2018 de la Comisión da Transparencia al no abrir el trámite de audiencia ni remitir la información solicitada.
2
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción sujeta al régimen disciplinario según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
3
La administración debe proporcionar la información previa audiencia de los profesionales, disociando los datos que afecten a límites legales de privacidad según los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
4
Se debe facilitar únicamente la cualificación profesional referida a los requisitos imprescindibles para formar parte de la unidad mencionada.
5
La resolución insta a la Consellería a responder en un plazo máximo de 10 días hábiles tras finalizar el periodo de alegaciones y a acreditar el envío de la información en 15 días.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xanelro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 5 de outubro
de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 24 de novembro de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 5 de outubro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, desestimación por silencio
ad ministrativo da súa solicitude ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, de
acceso aos nomes e cualificacións profesionais dos e das profesionais que forman parte da
Unidade Centralizada de Atención á Transexualidade, adscrita ao Servizo de Endocrinoloxía
do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; e creada por Orde de 16
de outubro de 2017.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información.
O escrito viña acompañado de copia do envío da súa solicitude e do seu DNI.
Segundo. Con data do 13 de outubro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de outubro de 2020.
Terceiro. Con data do 11 de novembro de 2020, a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo informe e copia da solicitude presentada polo interesado.
A Consellería informa que o interesado presentou unha solicitude con data do 2 de novembro
de 2018, que se resolveu, e contra a que o interesado presentou reclamación ante a Comisión
da Transparencia de Galicia. A Comisión, ditou Resolución de data 7 de decembro de 2018,
estimando a reclamación presentada polo interesado, no senso de que se lle facilite a
identificación e cualificación dos profesionais que forman parte da Unidade Centralizada de
Atención á Transexualidade.
Dado que tal e como indica a resolución, a información solicitada pode afectar a dereitos e
intereses de terceiros, debe concederse aos profesionais que forman parte da unidade un
prazo de audiencia para formular as alegacións que estimen oportunas, e, no seu caso,
proporcionar ao solicitante a información da súa cualificación profesional unicamente referida
á que fora esixida como requisito imprescindible para formar parte da dita unidade.
Á vista da nova solicitude presentada polo interesado, a Consellería procederá a facilitar a
información nos termos indicados pola Comisión de Transparencia, se ben con carácter previo,
e como determina a propia Comisión, se procederá a dar audiencia aos profesionais que
forman parte da unidade para que formulen as alegacións que estimen oportunas.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Leí 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Leí 19/2013.
O artigo 24 da Leí 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Leí 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo
establecido no artigo 27.4 da Leí 1/2016,, polo que debe admitirse esta por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade información referente aos nomes e
cualificacións profesionais dos e das profesionais que forman parte da Unidade Centralizada
de Atención á Transexualidade, adscrita ao Servizo de Endocrinoloxía do Complexo
Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
A dita solicitude, xa fora presentada polo interesado no ano 2018, e ante a falla de resolución
por parte da Consellería, o interesado presentou reclamación ante a Comisión da
Transparencia (expediente RSCTG 114/2018). A dita reclamación foi resalta con data do 7 de
decembro de 2018, instando á Consellería a facilitar a información sobre a cualificación
profesional, unicamente a referida á que fora esixida como requisito imprescindible para
formar parte da dita unidade, previa apertura de trámite de audiencia.
A pesar da resolución da Comisión da Transparencia, a Consellería non abriu o trámite de
audiencia, e non remitiu a información ao solicitante, incumprindo a resolución ditada por
esta Comisión. Debe lembrarse á Consellería de Sanidade, de conformidade co establecido no
artigo 35 da Leí 1/2016, a súa abriga de prestar a colaboración necesaria a esta Comisión,
/!
11•
rf.
f;
.r~ 1 ~ (♦34) 981569740
() Rúa do Hórreo, 65
¡,
lt·~
C Inc.•
l-.1- 1 -,·1li'"'~i'
( l h. ('
'l 't Gal1ci i3 E) [email protected]
""'
@'
"·
www.comisiondatral'lspar~nd a.gal
obriga entre a que se inclúe a de dar cumprimento ás resolucións que se diten en materia de
acceso á información.
Ante a falla de contestación da Consellería, o interesado presentou nova solicitude con data
do 30 de xaneiro de 2020, se n obter resposta.
Debe lembrarse así mesmo que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Leí 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a conside ración de infracción
para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplina rio previsto na
correspondente normativa reguladora.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación prese ntada, debendo a
Consellería de Sanidade proporcionar a información ao interesado, previa audiencia ás
persoas que forman parte da Unidade, disociando se procede, os datos ou contidos parciais
que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15
da Lei 19/2013), sa lvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe
que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en ca lquera caso o acceso
(art. 14.2 da referida Lei}.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 5 de
outubro de 2020, desestimación por sile ncio administrativo da súa solicitud e ante a Secreta ría
Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, de acceso aos nomes e cualificacións profesionais
dos e das profesionais que forman parte da Unidade Centralizada de Atención á
Transexualidade .
Segundo: Instar a Consellería de Sanidade, a que, unha vez finalizado o prazo de alegacións
aos interesados, nun prazo máximo de 10 días h ábiles, responda á petición de información
solicitada, respectando os lím ites dos artigas 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o
artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esa Comisión da Transparencia copia do envío da información solicitada polo reclamante.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses1,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2020.11.26 08:41 :22 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
1 Debese ter en canta que de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de
alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os prazos procesuais están interrompidos e suspendidos para todas asordes
xurisdicionais, ata que non que perda vixencia o citado Real Decreto, renovándose o cómputo de prazos nese momento.
C,