Estimada 24/11/2020 · 50 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la GAIN sobre gastos del proyecto MATPRINT 2016/19 estimada por motivos formales

El solicitante pidió a la Agencia Galega de Innovación (GAIN) información sobre los gastos del proyecto MATPRINT 2016/19. Alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la GAIN acabó facilitando la información tras interponerse el recurso.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada sobre gastos de proyectos públicos se encuadra en la definición de información pública según el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2 Se admite la reclamación por presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016.
3 La reclamación se estima por motivos formales debido a que el interesado ya recibió la información solicitada, aunque fuera posteriormente a la presentación de la queja.
4 Se advierte a la GAIN que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 5 de outubro de 2020, e considerando os antecedent es e funda mentos xurídicos que se especifica n a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 24 de novembro de 2020, adopt a a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, med ia nte escrito con entrada no rexistro do Va ledor do Pobo o 5 de outubro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administ rat ivo da súa solicitude de acceso á información ante Axencia ga lega de Innovación (GAIN), sobre gast o no proxecto lgnici a ( IN855A) da Axencia Galega de Innovación, en concreto os gastos realizados dentro do proxecto MATPRINT 2016/19. O reclamante manifesta que non recibiu respost a á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude prese ntada e do seu DNI. Segundo. Con data 21 de outubro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante a Axencia ga lega de Innovación (GAIN) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude po la adm inistración foi o 26 de outubro de 2020. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña ¡ [email protected] www.comisiondatransparencia.gal Terceiro. Con data 10 de novembro de 2020 a Axencia galega de Innovación (GAIN) contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. No seu informe fai constar que con data 07 de outubro de 2020 remitiuse ao interesado notificación da resolución do 1 de outubro de 2020, da dirección da Axencia Galega de Innovación pala que autoriza o acceso a información solicitada e se lle aporta dita información. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consel/o de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas il (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Leí 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e ~ (•34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 ACoru~a C;") [email protected] www.tomlsiondatran1parencia.gal reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Axencia galega de Innovación (GAIN) non resolveu a solicitude de acceso á información de forma expresa, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O int eresado solicitou á Axencia galega de Innovación (GAI N), información sobre gasto no proxecto lgnicia ( IN855A) da dita Axencia, en concreto os gastos realizados dentro do proxecto MATPRINT 2016/19, información que de acordo coa definición do artigo 24 da Lei 1/2016, debemos considerar que se trata de información pública. A Axencia informa que con data do 7 de outubro de 2020 rem itiulle ao interesado a resolución pola que se lle concede o acceso á información e a información solicitada. De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, ao ter satisfeito o interesado o seu dereito de acceso, aínda que despois de ter presentada a reclamación ante esta Comisión. A Axencia galega de Innovación (GAIN) non re solveu en prazo a solicitude de acceso á información do interesado, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único : Estimar por motivos formais a reclamación presentada po con data do 5 de outubro de 2020, contra desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante Axencia galega de Innovación (GAIN), sobre gasto no proxecto lgnicia ( INSSSA) da Axencia Galega de Innovación, en concreto os gastos realizados dentro do proxecto MATPRINT 2016/19. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 \ [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2020.11.26 08:43:22 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia