Una concejal de Sarria solicitó al Ayuntamiento información sobre seguridad y salud del personal. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo inadmitió la reclamación porque la solicitante actuó en su condición de cargo electo, debiendo seguir el régimen jurídico específico de la legislación local y no la ley de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información de los cargos representativos locales es un derecho fundamental derivado del artículo 23 de la Constitución Española y desarrollado en la Ley 7/1985 y su Reglamento.
2
Existe una distinción jurídica entre la vía de control político (régimen local) y la vía de escrutinio ciudadano (normativa de Transparencia), cada una con sus propios procedimientos y garantías.
3
No es admisible la práctica del 'espigueo' normativo, consistente en seleccionar fragmentos de distintos cuerpos legales para crear un régimen jurídico ad hoc.
4
Según la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, prevalece la normativa específica sobre la general cuando existe un régimen jurídico concreto de acceso a la información.
5
Al haber formulado la petición en su condición de concejal, la solicitante debe recurrir a las vías de protección ordinarias del régimen local (recurso de reposición o contencioso-administrativo).
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galiciana reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bogoberno
Vista a reclamación presentada por presentada con data do 16 de
outubro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 24 de novembro de
2020, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. presentou, con data do 16 de outubro de 2020, unha
reclamación ao amparo do disposto na disposici ón adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, na que solicita amparo á Com isión da Transparencia
ante a falla de contestación á súa solicitude formulada na súa condición de concelleira con
data do 28 de agosto de 2020, sobre información e documentación referida a plans,
programas e/ou actuacións en materia de seguridade e saúde do persoal funcionario e laboral
do Concello de Sarria.
A interesada comunica que na súa condición de concelleira e portavoz dun grupo municipal
do Concello de Sarria e ao amparo do disposto no art. 77 da Lei 7/1985, do 2 de abril,
reguladora das bases do réxime local e os artigos 14 e seguintes do Real decreto 2568/1986,
do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e
réxime xurídico das entidades locais, solicitou mediante escrito dirixido ao Sr. Alcalde-
Presidente copia ou acceso á referida documentación
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
¡ [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, xunto coa
lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o
Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado} a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos
parágrafos 2 a 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta Lei establece que a reclamación ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na
súa tramitación, ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en
materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a accederá información
pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
O artigo 12 da Lei 19/2013, configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, senda titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non
está abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
Cuarto. Análise do expediente
A interesada, na súa condición de edil e portavoz dun grupo municipal da Corporación Local
de Sarria presenta reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia por non ter obtido
contestación á súa solicitude de obtención de copia sobre información e documentación
referida a plans, programas e/ou actuacións en materia de seguridade e saúde do persoal
funcionario e laboral do Concello de Sarria formulada con data do 29 de agosto de 2020.
A súa solicitude presentouna ao amparo do disposto no art. 77 da Lei 7/1985, do 2 de abril,
reguladora das bases do réxime local e os artigas 14 e seguintes do Real decreto 2568/1986,
do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e
réxime xurídico das entidades locais.
Antes da entrada en vigor da Lei 19/2013 existían xa normas que, en determinados ámbitos,
regulaban o dereito de acceso á información, entre a que se poden atopar a referente ao
acceso á información por parte dos cargos representativos locais no exercicio da súa función.
Como dereito fundamental no exercicio dunha función representativa (artigo 23 da
Constitución Española), este dereito é desenvolvido na Lei 7/1985 e no o Regula mento de
organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. A referida normativa,
recoñece o dereito dos membros das corporacións locais de obter do Alcalde ou Presidente
ou da Xunta de Goberno canta información ou documentación se atope en poder da entidade
local que resulte necesaria para o exercicio das súas funcións representativas e establece
ademais o procedemento para a súa obtención, o sentido do silencio, e o deber de gardar
reserva en relación coa información obtida.
Así mesmo, o acceso á información por parte dos membros das corporacións teñen dúas vías
de protección ordinaria -o recurso potestativo de reposición e o recurso contencioso-
administrativo-, ademais de garantías adiciona is como son o procedemento para a protección
dos dereitos fundamentais da persoa regulado pala Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora
da xurisdición contencioso-administrativa, e o recurso de amparo ante o Tribunal
Constitucional.
A determinación do réxime xurídico aplicable á solicitude de referencia resulta indispensable
a fin de garantir a seguridade xurídica e evitar calquera confusión no uso das distintas vías de
acceso á información de que dispoñen os cargos representativos locais. Ambas as vías, malia
compartir un vínculo común dentro do estado democrático consagrado na nosa Constitución
Española, obedecen a lóxicas e orzamentos distintos. A vía de acceso á información
contemplada na lexislación de réxime local enmárcase no ámbito do control político derivado
@ (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
(S) [email protected] ~ www.comisiondatransparencia.ga1
do principio representativo mediante o xogo dos principios de transparencia, rendición de
contas e responsabilidade dos poderes públicos no exercicio das súas funcións.
O acceso á información regulado na normativa de Transparencia configúrase como un dereito
en virtude do cal os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan,
como se manexan os fondos públicos ou baixo q¡ue criterios actúan as institucións, a fin de
someter a escrutinio cidadán aos responsables públicos, formar e construír un coñecemento
caba l e completo dos asuntos públicos que lles permita formar unha opinión e participar no
xogo político a través da súa intervención nos procesos electorais.
Cada unha destas vías dispoñen dun réxime xuríd ico completo e acabado caracterizado pola
regulación dun procedemento de exercicio do dereito de acceso -solicitude, prazos,
formalización do acceso, etc-. e a previsión de diferentes técnicas para garantir o exercicio do
dereito de acceso que incorporan -garantías procesuais e xurisdicionais-.
Oeste xeito, considérase que non resulta posible acudir pola solicitante, que formulou a súa
petición na súa condición de concelleira, á técnica do "espigueo" consistente en seleccionar
as normas máis favorables de distintos corpos normativos para dotarse, así, dun réxime
xurídico ad hoc e desvinculado das can les legalmente establecidas para a creación dun
dereito.
No presente caso, a solicitude de acceso á información faise en condición de concelleira da
solicitante, polo que de acorde coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, que
establece que se rexerán pota súa normativa específica aquetas materias que teñan previsto
un réxime xurídico específico de acceso á información, non cabe senón inadmitir a
reclamación presentada.
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada po contra a falla de
contestación á súa solicitude formulada na súa condición de concelleira, sobre información e
documentación referida a plans, programas e/ou actuacións en materia de seguridade e
saúde do persoal funcionario e laboral do Concello de Sarria.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
.!j
[email protected] l www.comisiondatransparencia.ga l
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2020.11.26 08:44:55 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia