Inadmitida 26/01/2021 · 78 días en resolverse

Inadmisión de reclamación de acceso a informes de seguimiento ambiental del Parque Eólico Álabe-Soan por falta de competencia

El solicitante pidió a la Vicepresidencia Segunda y Consellería de Economía, Empresa e Innovación informes de seguimiento ambiental de un parque eólico. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por falta de competencia, ya que la información es de naturaleza ambiental y se rige por la Ley 27/2006.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de informes sobre la regeneración de la cubierta vegetal y la incidencia en la avifauna de un parque eólico constituye información ambiental según el artículo 2 de la Ley 27/2006.
2 La Ley 19/2013 tiene carácter supletorio frente a materias que cuentan con una regulación específica de acceso a la información, como es el caso de la normativa ambiental.
3 El concepto de información medioambiental es amplio y abarca cualquier actividad de la autoridad pública que pueda afectar o proteger el estado de los elementos del medio ambiente.
4 Al tratarse de información ambiental, el procedimiento de acceso y el régimen de recursos deben seguir la normativa específica de medio ambiente y la legislación de procedimiento administrativo común.
5 La Comisión da Transparencia carece de competencia para resolver reclamaciones sobre materias reguladas específicamente por la Ley 27/2006.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 9 de novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de xaneiro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 9 de novembro de 2019 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso ante a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, aos informes periódicos elaborados de acordo ao programa de vixilancia e seguimento ambiental da rexeneración da cuberta vexetal e da incidencia sobre a avifauna establecido para o Parque Eólico Álabe-Soan nos concellos de Moras e O Valadouro, na Resolución de 9 de xuño de 1998 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e na Resolución de 10 de abril de 2002 da Dirección Xeral de Industria, Enerxia e Minas, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación do parque eólico Álabe-Soán. O reclamante indicaba que presentou a súa solicitude o 30 de setembro de 2020, e superado o prazo dun mes, non recibiu ningún tipo de comunicación por parte da Administración. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 13 de novembro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de novembro de 2020. Terceiro. Con data do 28 de decembro de 2020 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación contesta a petición remitindo o informe elaborado pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, no que en resumo se manifesta que analizada a solicitude presentada polo interesado, con data do 20 de novembro de 2020, déuselle traslado á empresa promotora do parque eólico do expediente de referencia para efectuar as alegacións oportunas e notifícaselle ao solicitante, con suspensión de prazo para ditar resolución. Dado que a solicitude se refire a información de carácter ambiental, está sendo tramitada de acordo coa a Lei 27/2006, de 18 de xullo, polo que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, que establece que se rexerán pola súa normativa específica, e por esta Lei con carácter supletorio, aquelas materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información, e de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 27/2006, o réxime de recursos rexerase polo disposto na Lei de procedemento administrativo común. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou o acceso aos informes periódicos elaborados de acordo ao programa de vixilancia e seguimento ambiental, da rexeneración da cuberta vexetal e da incidencia sobre a avifauna establecido para un parque eólico. A Consellería informa que está a tramitar a solicitude, estando no momento de emisión do seu informe no trámite de audiencia a terceiros interesados no expediente (titular do parque), facendo constar que a solicitude se refire a información ambiental, conforme ao disposto na Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE), polo que debe tramitarse pola súa normativa específica, sendo o seu réxime de recursos o establecido na normativa de procedemento administrativo común. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na citada Lei 27/2006, do 18 de xullo, que no seu artigo 2.3 considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc..) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións. Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio ambiente aos que se refire a Directiva. De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude de obtención de informes elaborados de acordo ao programa de vixilancia e seguimento ambiental da rexeneración da cuberta vexetal e da incidencia sobre a avifauna dun parque eólico, refírese a materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental do artigo 2 da citada Lei 27/2006, polo que debe ser tramitada de acordo co procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se solicita. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único : Inadmitir a reclamación presentada por con data do 9 de novembro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso aos informes de vixilancia e seguimento ambiental da rexeneración da cuberta vexetal e da incidencia sobre a avifauna do Parque Eólico Álabe-Soan. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.01.27 12:40:55 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.