Estimada 26/01/2021 · 68 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Castrelo do Val sobre información de obras en la plaza de Veiga de Nostre, estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

Se solicitó al Concello de Castrelo do Val la declaración de necesidad de ocupación e información pública de fincas para la obra de la plaza de Veiga de Nostre. Ante el silencio administrativo, el reclamante recurrió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación obligando al Ayuntamiento a responder al ciudadano.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición ni demuestre un interés particular.
2 Cuando la información solicitada no existe, el sujeto obligado cumple su deber informando al solicitante con claridad sobre dicha inexistencia.
3 El silencio administrativo no exime a la Administración de su obligación de responder, siendo el incumplimiento reiterado de los plazos una infracción grave según la Ley 19/2013.
4 La Comisión determina que el Ayuntamiento debe informar al interesado sobre la situación real de la plaza, dado que no consta que se le comunicara que el expediente no fue sometido a información pública.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por : mediante escrito do 19 de novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de xaneiro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. : presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de novembro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Castrelo do Val, á declaración da necesidade de ocupación e información pública das fincas incluídas na obra pública da praza do pobo de Veiga de Nostre. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude, e remite xunto coa súa reclamación, copia do DNI e da solicitude presentada. Segundo. Con data do 24 de novembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Castrelo do Val para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 28 de decembro de 2020 o Concello de Castrelo do Val contesta a petición remitindo escrito no que en sínteses informa que no ano 2011, o Concello, a petición dos veciños de Veiga de Nostre, aproveitando a presencia de maquinaria no pobo, procedeu •••• Comisión da . ... transparencia ::,,,. e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 ...... ,. de Galicia 15700, Santiaio de Compostela ACoruña ..•••••• ., e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 a pavimentar con formigón pulido uns 180 m2 dos 331, dunha parcela que se usaba de xeito comunitario. Os titulares catastrais de dita parcela nunha asemblea aberta, xunto co alcalde, solicitaron que o concello fixera os traballos de formigonado do lugar, para seguir utilizándoo para desfrute dos veciños. Con data 14 de xuño de 2013, o técnico municipal emitiu un informe sobre esta mesma parcela có obxectivo ser inscrita no Castastro a nome do Concello, inscrición que a dia de hoxe se atopa paralizada en tanto non se aporte documentación requerida, tendo intención o Concello de incluír o mesmo como ben de titularidade municipal. O expediente nunca foi sometido a información pública, dada a execución da obra por petición da asemblea veciñal. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa •••• Comisión da . ... transparencia ::,,,. e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 ...... ,. de Galicia 15700, Santiaio de Compostela ACoruña ..•••••• ., e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Castrelo do Val non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública. O posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. O feito de que poida ser obxecto dunha solicitude de acceso á información calquera información que posúa o organismo ou entidade ao que se dirixa a mesma, así como que non sexa necesario motivar a solicitude, xa que non está vinculada á titularidade dun interese por parte do solicitante, fai difícil cando non imposible, subtraer do marco da normativa de transparencia unha solicitude de información que cumpra estas condicións. É necesario lembrar que o obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o coñecemento do proceso de toma de decisións como medio de rendición de contas dos responsables públicos. No presente caso o Concello informa que o expediente non foi sometido a información pública, dado que foron os propietarios dos terreos os que solicitaron o formigonado para seguir utilizándoo para desfrute dos veciños, estando o trámite de inscrición no Castastro a nome do Concello, paralizada neste momento ata que se aporte documentación. No marco dunha solicitude de acceso, cando se solicita unha información ou unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque non é necesario ou non é posible elaborala porque non se dan as circunstancias para facelo, o suxeito obrigado cumpre, indicando ao solicitante con claridade, que a información solicitada non existe. Comisión da e (•34)981569740 15700, Santiago de Compostela transparencia ACoruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 No presente caso non consta que se remitise ao interesado, resolución ou comunicación algunha sobre a solicitude presentada, polo que debe o Concello informar ao solicitante sobre a situación da praza do pobo de Veiga de Nostre. O Concello de Castrelo do Val non resolveu a solicitude de acceso á información do interesado, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Castrelo do Val, á declaración da necesidade de ocupación e información pública das fincas incluídas na obra pública da praza do pobo de Veiga de Nostre. Segundo: Instar ao Concello de Castrelo do Val, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Castrelo do Val a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.01.27 12:41:22 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.