Inadmitida 26/01/2021 · 54 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por acceso a actas y expedientes del Concello de O Pino formulada en condición de concejal

Un concejal de O Pino solicitó actas y expedientes al Ayuntamiento basándose en la normativa de régimen local. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo inadmitió la reclamación porque el solicitante actuó en su condición de cargo electo, quedando sujeto a un régimen jurídico específico distinto al de transparencia general.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información de los cargos representativos locales es un derecho fundamental derivado del artículo 23 de la Constitución Española y desarrollado por la Ley 7/1985 y el Real Decreto 2568/1986.
2 La vía de acceso basada en la legislación de régimen local se enmarca en el control político y la rendición de cuentas, diferenciándose de la normativa de transparencia dirigida a la ciudadanía general.
3 Cada vía de acceso dispone de un régimen jurídico completo y acabado, con sus propios procedimientos de ejercicio y garantías procesales y jurisdiccionales específicas.
4 Según la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, prevalece la normativa específica sobre aquellas materias que ya tengan previsto un régimen jurídico de acceso propio.
5 Al haberse formulado la solicitud en condición de concejal, la reclamación debe canalizarse a través de los medios de protección del régimen local y no mediante la ley de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por presentada con data do 3 de decembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de xaneiro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. presentou, con data do 3 de decembro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, na que solicita amparo á Comisión da Transparencia ante a falla de contestación ás súas solicitudes formuladas na súa condición de concelleiro, de acceso ás actas das Xuntas de Goberno Local, actas das Sesións Plenarias e varios expedientes, sen ter recibido resposta. O interesado realizou as súas solicitudes na súa condición de concelleiro e portavoz dun grupo municipal do Concello de O Pino e ao amparo da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e o Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, xunto coa lexislación básica en materia de procedemento administrativo. O artigo 28 da Lei 1/2016, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o seu artigo 28. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da Lei 1/2016, preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos parágrafos 2 a 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta Lei establece que a reclamación ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na súa tramitación, ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións. O artigo 12 da Lei 19/2013, configura o dereito de acceso á información pública de forma ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4). Cuarto. Análise do expediente O interesado, na súa condición de edil e portavoz dun grupo municipal da Corporación Local de Concello de O Pino presenta reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia por non ter obtido contestación ás súas solicitudes de acceso a actas das Xuntas de Goberno Local, actas das Sesións Plenarias e varios expedientes. As súas solicitudes presentounas ao amparo do disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Antes da entrada en vigor da Lei 19/2013 existían xa normas que, en determinados ámbitos, regulaban o dereito de acceso á información, entre a que se poden atopar a referente ao acceso á información por parte dos cargos representativos locais no exercicio da súa función. Como dereito fundamental no exercicio dunha función representativa (artigo 23 da Constitución Española), este dereito é desenvolvido na Lei 7/1985 e no o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. A referida normativa, recoñece o dereito dos membros das Corporacións locais de obter do Alcalde ou Presidente ou da Xunta de Goberno canta información ou documentación se atope en poder da entidade local que resulte necesaria para o exercicio das súas funcións representativas e establece ademais o procedemento para a súa obtención, o sentido do silencio, e o deber de gardar reserva en relación coa información obtida. Así mesmo, o acceso á información por parte dos membros das corporacións teñen dúas vías de protección ordinaria -o recurso potestativo de reposición e o recurso contencioso- administrativo-, ademais de garantías adicionais como son o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa regulado pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e o recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional. A determinación do réxime xurídico aplicable á solicitude de referencia resulta indispensable a fin de garantir a seguridade xurídica e evitar calquera confusión no uso das distintas vías de acceso á información de que dispoñen os cargos representativos locais. Ambas as vías, malia compartir un vínculo común dentro do estado democrático consagrado na nosa Constitución Española, obedecen a lóxicas e orzamentos distintos. A vía de acceso á información contemplada na lexislación de réxime local enmárcase no ámbito do control político derivado do principio representativo mediante o xogo dos principios de transparencia, rendición de contas e responsabilidade dos poderes públicos no exercicio das súas funcións. O acceso á información regulado na normativa de Transparencia configúrase como un dereito en virtude do cal os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as institucións, a fin de someter a escrutinio cidadán aos responsables públicos, formar e construír un coñecemento cabal e completo dos asuntos públicos que lles permita formar unha opinión e participar no xogo político a través da súa intervención nos procesos electorais. Cada unha destas vías dispoñen dun réxime xurídico completo e acabado caracterizado pola regulación dun procedemento de exercicio do dereito de acceso –solicitude, prazos, formalización do acceso, etc-, e a previsión de diferentes técnicas para garantir o exercicio do dereito de acceso que incorporan –garantías procesuais e xurisdicionais-. No presente caso, a solicitude de acceso á información faise en condición de concelleiro do solicitante, polo que de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, que establece que se rexerán pola súa normativa específica aquelas materias que teñan previsto un réxime xurídico específico de acceso á información, non cabe senón inadmitir a reclamación presentada. ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por contra a falla de contestación por parte do Concello de O Pino, ás súas solicitudes formuladas na súa condición de concelleiro, sobre actas das Xuntas de Goberno Local, actas das Sesións Plenarias e varios expedientes. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.01.27 12:43:05 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia