Inadmitida 26/01/2021 · 54 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por no versar sobre el derecho de acceso a la información pública

Se solicitó a la Comisión da Transparencia de Galicia la intervención para rastrear documentos enviados a la Xunta de Galicia y obtener justificación sobre la suspensión de un camino por parte de un Director de zona. La Comisión inadmitió la reclamación porque no se impugna la denegación de acceso a información pública, sino que se piden explicaciones sobre una tramitación y una decisión administrativa.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión da Transparencia de Galicia es un órgano independiente cuya función es resolver reclamaciones frente a resoluciones de acceso a la información pública, no intervenir en la gestión administrativa general.
2 No existe en el caso una solicitud de acceso a la información pública no atendida, sino una petición de explicaciones sobre la tramitación de documentos y la adopción de una decisión administrativa.
3 La solicitud de aclaración sobre el curso de escritos en un registro debe canalizarse a través de un procedimiento de queja ante la Administración actuante.
4 La impugnación de una decisión administrativa debe realizarse mediante los recursos o reclamaciones previstos ante el órgano autor de dicha decisión.
5 Se procede a la inadmisión de la reclamación según el artículo 116.c de la Ley 39/2015, al no tratarse de un acto susceptible de recurso en materia de acceso a la información pública.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 3 de decembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de xaneiro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único.. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 3 de decembro de 2020, unha solicitude de intervención da Comisión da Transparencia de Galicia na interceptación de documentos enviados por rexistro á Xunta de Galicia e xustificación dos motivos alegados polo Director de zona de reestructuración parcelaria para suspensión dun camiño. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A interesada solicita a intervención da Comisión da Transparencia para clarificar o curso que se lle deu no rexistro da Xunta de Galicia a escritos presentados por ela, e a xustificación dos motivos alegados nunha decisión dun Director de zona da Consellería de Medio Rural. A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei. Non existe no presente caso unha solicitude de acceso á información pública non atendida fronte ao que a interesada reclame, senón unha solicitude de intervención da Comisión para que unha Administración dea explicacións pola tramitación de documentación presentada nun rexistro e dea explicacións pola adopción dunha decisión administrativa. A primeira solicitude pode ser obxecto dun procedemento de queixa ante a Administración actuante, e a segunda dun recurso ou reclamación ante o órgano administrativo autor desa decisión. De acordo co anterior, ao non ter por obxecto a reclamación presentada pola persoa interesada impugnar a falta de contestación a unha solicitude de acceso á información, de conformidade co disposto no artigo 116.c da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada, por non tratarse dun acto susceptible de recurso en materia de acceso á información pública En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a solicitude presentada por . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.01.27 12:43:39 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.