Se solicitó información sobre el cumplimiento de la declaración de impacto ambiental del Parque Eólico Albariño 1 a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. El reclamante impugnó la respuesta recibida. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por carecer de competencia, al tratarse de información ambiental regulada específicamente por la Ley 27/2006.
Puntos clave de la argumentación
1
La Ley 19/2013 tiene un carácter supletorio frente a materias con regulación específica de acceso a la información, como es el caso de la información ambiental.
2
El concepto de información ambiental según la Ley 27/2006 y Directivas Europeas es amplio y abarca cualquier actividad o medida administrativa que pueda afectar o proteger el medio ambiente.
3
La solicitud sobre el cumplimiento de una declaración de impacto ambiental de un parque eólico encaja plenamente en la definición de información ambiental del artículo 2 de la Ley 27/2006.
4
Al ser información de naturaleza ambiental, debe tramitarse según el procedimiento y los recursos previstos en la Ley 27/2006 y no a través de la Comisión da Transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , en representación ,
mediante escrito do 16 de decembro de 2020, e considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 26 de xaneiro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. en representación presentou, mediante escrito
con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de decembro de 2020 , unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra o escrito do 9 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Calidade
Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda polo que se dá resposta á súa solicitude de información sobre o cumprimento da
declaración de impacto ambiental do 16 de decembro de 2011, formulada pola entón
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativa ao proxecto do Parque Eólico
Albariño 1, nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e Gondomar (Pontevedra).
O reclamante indicaba que presentou a súa solicitude ao amparo do establecido na Lei
27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio
ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que o escrito contra o que reclama é do 9 de decembro de 2020 e a reclamación tivo
entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 16 de decembro, debe admitirse a reclamación por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A entidade interesada presenta unha reclamación contra a tramitación dunha solicitude de
información referente ao cumprimento dunha declaración de impacto ambiental relativa a un
proxecto de Parque Eólico, solicitada ao amparo da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se
regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza
en materia de medio ambiente.
A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha
regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información
ambiental, que se atopa regulada na citada Lei 27/2006, do 18 de xullo, que no seu artigo 2.3
considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora,
electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio
ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc..) os factores, tales como substancias, enerxía,
ruído, etc. que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados
anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas,
plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da
lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida
humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións.
Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas
Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas
sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información
medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos
do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos
devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do
medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de
medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a
autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de actividade
administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa
sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración
constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio
ambiente aos que se refire a Directiva.
De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude de obtención de información
referente ao cumprimento dunha declaración de impacto ambiental relativa a un proxecto de
Parque Eólico, refírese a materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de
información ambiental do artigo 2 da citada Lei 27/2006, polo que debe ser tramitada de
acordo co procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos de recurso,
carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver sobre esta materia, polo
carácter ambiental da información que se solicita.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único : Inadmitir a reclamación presentada por , en representación de
, contra o escrito do 9 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade
Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda polo que se da resposta á súa solicitude de información sobre o cumprimento da
declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Albariño 1.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.01.27 12:45:32 +01'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.