Se solicitó al Concello de San Cristovo de Cea información sobre retranqueos, clasificación del suelo y legalidad urbanística de parcelas. La solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque se solicitaba la elaboración de un informe técnico y no el acceso a documentos ya existentes.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos ya elaborados o adquiridos en ejercicio de las funciones públicas.
2
La solicitud no constituye un ejercicio de transparencia al no requerir un documento existente, sino la elaboración de un informe urbanístico específico sobre parcelas concretas.
3
El derecho a ser informado sobre el régimen urbanístico de una finca está regulado por el Real Decreto Legislativo 7/2015 (Ley de Solo y Rehabilitación Urbana) y no por la normativa de transparencia.
4
La Comisión carece de competencias para resolver reclamaciones sobre la obtención de información urbanística técnica, lo que motiva la inadmisión según el artículo 116.a) de la Ley 39/2015.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do
2 de novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de
febreiro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 2 de novembro de 2020, unha reclamación ao amparo do
disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno, contra a desesti mación por silencio administrativo da súa solicitude ao Concello
de San Cristovo de Cea, de información referente a retranq ueos, clasificación do solo e
información relativa á legalidade urbanística de determinadas parcelas.
A reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude de acceso á información, polo
que considera que a conduta asumida polo Concel lo de Cea non asume a finalidade que coa
regulación da Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno se pretende.
Segundo. Con data do 18 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de San Cristovo de Cea para que, en cumprimento da normat iva
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 20 de xaneiro de 2021 o Concello de San Cristovo de Cea contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instr uído.
Informa o Concello que dado que o que se solicita é que se em ita informe sobre retranqueos,
clasificación do solo e información relativa á legalidade urbanística de varias parcelas, deuse
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
traslado da solicitude ao arquitecto municipal, e unha vez elaborados os informes con data do
1 de decembro de 2020, foron remitidos á interesada con data do 4 de decembro de 2020.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
~ (+34) 981569740 Rua do Hórreo, 65
'<,<•. '
15700, Santiago el• Compostela
(:} i nfo@)comisiondatra~sparencia.ga1 www.comisiondatransparencia.ga1
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente remitido, á interesada remitíuselle a notificación con
data do 4 de decembro de 2020 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
con data do 2 de novembro de 2020, debe admitt:irse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada presentou unha solicitude de acceso á información sobre retranqueos,
clasificación do solo e información relativa á legalidade urbanística de determinadas parcelas,
que requiriu a elaboración dun informe específico por parte do arquitecto municipal, que foi
remitido ao interesado no mes de decembro de 2020, polos motivos que o secretario do
Concello xustifica no seu informe.
De conformidade co disposto no artigo 5.d) do Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de
outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Solo e Rehabilitación Urbana, os
cidadáns teñen dereito a ser informados pola Administración competente, de forma
completa, por escrito e en prazo razoable, do réxime e das condiciones urbanísticas aplicables
a unha f inca determinada, nos termos dispostos na súa lexislación reguladora .
De acordo co anterior, se ben a en dereito a que se lle informe, de acordo coa
normativa en materia urbanística, das condicións aplicables a determinadas parcelas, non se
pode considerar que a súa solicitude sexa unha solicitude de acceso á información amparada
pola normativa de Transparencia, xa que non está a solicitar un contido ou documento que
obre en poder da Administración municipal, senón a elaboración dun informe urbanístico
específico sobre unhas parcelas. A finalidade da súa solicitude non é por tanto a de coñecer
como se toman as decisións públicas ou como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as lnstitucións, senón obter unha concreta información urbanística. Por tanto,
non se pode considerar a súa solicitude como unha una solicitude de acceso á información
pública amparada pola normativa en materia de Transparencia, senón unha solicitude a unha
Administración de emisión de informe específico sobre unha materia concreta, que o Concello
xa lle remitiu unha vez elaborado polo arqu itecto municipal.
Carecendo por tanto a Comisión da Transparencia de Galicia de competencias en
procedementos de solicitude de obtención de información sobre a situación urbanística
dunha parcela, procede, de conformidade co disposto no artigo 116.a) da Lei 39/2015, do 1
de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a
inadmisión da reclamación presentada.
f
:,
~,f Í' l,· ' ._ ( r ~, .,,.,' l"K ¡a
0 (•34) 98156 97 40
e Rúa do Hórreo, 65
15700, Sa ntiago de Compostela
\,J { . •
J.. l } ? t t" ¡ . (
ACoru~a
; ~
~~r
·,~ t e s,t;c¡::
·-' e,,
1 , '\ ~
·~:,r,t~
info@comisiondatransparem;ia.ga1 @ www.,omisiondatransparencia.ga1
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por con data
do 2 de novembro de 2020, contra a f alla de contestación á súa solicitude ao Concello de San
Cristovo de Cea, de información referente a retranqueos, clasificación do solo e información
relativa á legalidade urbanística de determinadas pa rcelas.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencio-so-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á not ificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
adm inistrativa .
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.02.24 11:36:46 +01'00'
María Dolores Fernández Ga liño
Presidenta da Comisión da Transparencia.