Se solicitó al Concello da Pobra do Caramiñal información sobre contratos y gestión del personal de Auxiliares de Policía Local. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento entregar la información, previa disociación de datos protegidos, debido a que la administración no presentó alegaciones ni justificó límites al acceso.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada sobre el personal de Policía Local se considera información pública al haber sido elaborada o adquirida por el Ayuntamiento en el ejercicio de sus funciones.
2
El silencio administrativo no impide la interposición de la reclamación, ya que los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016.
3
Ante la ausencia de alegaciones por parte de la administración, prevalece el interés público al acceso a la información no afectada por límites legales.
4
El acceso a la información debe realizarse previa disociación motivada de los datos que afecten a los límites de acceso previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave a efectos del régimen disciplinario según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
en representación da
mediante escrito presentado na oficina de
Correos o 13 de novembro de 2020, que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 17 de
novembro de 2020 e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de
febreiro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
en representación
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17
de novembro de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello da Pobra do Caram iñal,
de diversa información sobre varios aspectos dos contratos de auxiliares de Polida Local no
referido Concello.
A reclamante indicaba que solicitou información sobre persoal da Polida Local, que se encadra
no artigo 10 da Lei 1/2016 ba ixo o título de obrigacións específicas de información en materia
de persoal en virtude da cal debe facerse público, entre outras, o persoal, os efectivos de
persoal funcionario, laboral e eventual; os instrumentos de xestión da provisión das
necesidades de persoa l e mesmo a relación actualizada de persoas que integran a listas de
selección de persoal interino ou eventual.
,~- (•34) 981 56 97 40 Rlla do Hórreo, 65
15700, Santiago d e Compostela
A Coru~•
......,
!~ info@comi~iondatranspau~ncia.gat www.comisio ndatrans pa;rencia.ga1
O escrito vina acompañado de copia da solicitude presentada e de poder xeral de
apoderamento para actuar en nome
Segundo. Con data do 23 de novembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello da Pobra do Caramiñal para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de novembro de 2020, sen que se
recibise o informe e a copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa prácitica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cua rta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independent e que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional qui nta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/ 2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que est ablece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
,11,
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga\
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello da Pobra do Caramiñal non resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A entidade interesada, solicitou ao Concello da Pobra do Caramiñal determinada información
sobre varios aspectos dos contratos de auxiliares de polida local, referidos aos postos
cubertos de forma efectiva, contratos en vigor de persoal de Auxiliar de Polida Local, persoal
ou funcionarios que están noutras situacións administrativos diferentes do servizo activo
dentro do Corpo de Polida Local ou asignados ao servizo de Polida Local, se existe Xefe da
Polida Local, categoría que exerce e data e nº de publicación en Boletín Oficial do seu
nomeamento, se existe algún acordo este ano 2020 para contratación de auxiliares de Polida
Local, se os auxiliares de Polida Local patrullan sós ou con outro auxiliar de Polida Local,
realizan traballo nocturno, así como o nº de horas semanais e diarias que veñen traballando,
sen obter resposta por parte do Concello. A información solicitada, ao estar elaborada ou
adquirida polo Concello no exercido das súas funcións, debe considerarse que se trata de
información pública.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio mediante
a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a
tramitación do expediente sen os seus argumentos.
A Comisión non ten información sobre o contido dos documentos solicitados, en que medida
poden verse afectados por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, ou en que
medida podería darse, de ser o caso, a información despois de disociai a para garantir o dereito
de acceso a información non estritamente afectada polos límites (información parcial, art. 16
da Lei 19/2013).
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
e
1t '¡ 1· .¡ ' ( ;'
0 (+34)981 569740 <;> 15700, Santiago de Compostela
Rúa do Hórreo, 65
:\ Uérnspan:nda ACoruña
.:~ v Gt1lioa (') info@cornísíondatra nsparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga1
aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e,
de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe
prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2
da referida Lei).
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse ao Concello da Pobra do Cara miña1, de conformidade co disposto
no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de remitir a esta Comisión os informes que se lle
requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en
representación con data do 17 de novembro
de 2020, contra a desesti mación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante
o Concello da Pobra do caramiñal, de diversa información sobre varios aspectos dos contratos
de auxiliares de Polida Local.
Segundo: Instar a Concello de A Pobra do Caramiñal, a que, no prazo máximo de 10 dias
hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14
e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización
do acceso.
Terceiro: Instar a Concello de A Pobra do Caramiña l a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.(omisiondatransparencia.ga l
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.02.24 11 :38:12 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
r
i._J