Un ciudadano solicitó a la Entidad Local Menor de Bembrive copias de escritos presentados por un tercero. El solicitante alegó que el procedimiento judicial relacionado estaba archivado. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque la información podría perjudicar investigaciones penales y administrativas en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La aplicación de los límites al derecho de acceso a la información debe ser restrictiva y proceder solo cuando el perjuicio sea claro y concreto, superior al interés del acceso.
2
Los límites del artículo 14.1 e) y f) de la Ley 19/2013 son conceptos jurídicos indeterminados que requieren una ponderación de intereses en el caso concreto.
3
El límite de acceso es aplicable para evitar que la difusión de información sea perjudicial a las investigaciones, facilite la destrucción de pruebas o permita eludir responsabilidades.
4
Se constata la existencia de diversos litigios penales activos y una investigación de la Policía Judicial (UDEF) donde las partes figuran como investigados o denunciantes.
5
Al formar parte de procedimientos judiciales e investigaciones policiales vigentes, el conocimiento de los escritos podría afectar la posición de las partes y la tutela judicial efectiva.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencla de Galicla na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito remitido
polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno que tivo entrada no Rexistro do Valedor do
Pobo o 20 de novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos
que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23
de febreiro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. O Conse·o de Transparencia y Buen Gobierno remitiu escrito presentado por ■
de data 23 de outubro de 2020, que tivo entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 20 de novembro de 2020 , de reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quint a da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a desestimación da súa solicitude de acceso á información ante Entidade Local Menor
de Bembrive, de obtención de copias de escritos presentados por outro cidadán do mesmo
ámbito territorial.
O reclamante indica que se lle denegou a súa solicitude porque o terceiro presentou
alegacións. Afirma o reclamante que iniciado os t rámit es en distintos Xulgados de Instrución,
e require documentación á Entidade Local, esta contesta que non existen, e sen embargo, este
terceiro achégaos noutros procedementos.
(+34) 981569°7 40 Rúa do Hó<reo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
iní[email protected]
O reclamante solicita os escritos presentados por unha terceira persoa á Entidade Local que
forman parte dun procedemento que di que se atopa arquivado polo Xulgado de Instrución
número 5 de Vigo.
Por parte da Entidade Loca l denegóuselle o acceso á información en base ao disposto no artigo
14.1. f da Lei 19/2013, do 9 de decembro. O reclamante considera que este feito non se
corresponde á realidade xa que se trata dun procedemento arquivado en primeira e segunda
instancia.
Segundo. Con data do 5 de xaneiro de 2021 dé1.11selle traslado da documentación achegada
polo reclamante Entidade Local Menor de Bembrive para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 8 de xaneiro de 2021.
Terceiro. Con data do 22 de xaneiro de 2021 a Entidade Local Menor de Bembrive contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, faise constar que ante a solicitude do concedeuse
aos terceiros un prazo de 15 días para efectuar alegacións, ao considerar que a información
solicitada puidera afectar a dereitos ou intereses de terceiros. Os terceiros presentaron
escritos de oposición fundamentándoos, entre outros motivos, na vulneración aos límites
previstos no artigo 14.1 e) e f) da Lei de Transparencia, ao supoñer un prexuízo á prevención,
investigación e sanción de ilícitos penais ou administrativos e á igualdade de partes nos
procesos xurisdicionais e a tutela xudicial efectiva.
Informa que a Entidade Local Menor de Bembrive ten constancia de varios litixios na orde
xurisdicional penal que se seguen en distintos XuEgados de Instrución de Vigo {Pontevedra), e
nos que as partes nesta solicitude de acceso á información figuran como investigado ou
acusado e denunciante/querelante. Algúns deles atópanse en fase de instrución (DPPA
1874/2017 no Xu lgado de Instrución nº 5 de Vigo ou DPPA 0210/2020 no Xulgado de Instrución
nº 8 de Vigo) mentres que outros xa están listos para a celebración da vista de xuízo oral na
Audiencia Provincial nº 5 de Pontevedra, pola comisión de delitos de preva ricación, falsidade
documental e malversación de fondos públicos.
Ad icionalmente, a secretaría ten coñecemento das investigacións que actualmente está a
levar a cabo a unidade do Corpo de Polida Nacional, Brigada Local de Polida Xudicial (UDEF)
por mandato do Xulgado de Instrución 8 de Vigo, en relación con varias obras executadas que
se contrataron por polo reclamante na súa condición de
ft ~ (+34) 981569740 Rua do Hórreo, 6S
t9 15700, Santiago de Compostela
4 f"_:\ •·¡, ' l . ,,_ ,-~·¡ ··¡ r- !?
\
fl t. '·" ."¡, n ' ' .,, "
~~ C"'éilk!é1 .,.,
(:) inío@comisiondatran$pafencia.ga1 www.comisiondatrc:1nsparencia.ga1
A estes efectos, cabe sinalar que O presentou numerosos escritos no rexistro
desta Entidade nos que informa sobre estas circunstancias, aportando diversa documentación
que se atopa en varios Xulgados de Instrución nos procedementos onde o reclamante figura
como acusado e diversos documentos que se atopan nos Xulgados de Instrución que foron
remitidos a través dos Xulgados da orde Contencioso-Administrativo.
Por estes motivos, ditouse resolución o 16 de outubro de 2020 na que se denega a
a expedición de copias das solicitudes presentadas por
- que foi notificada aos interesados o 19 e 21 de outubro de 2020, ao considerar que
se vulneraría o dereito ant eriormente citado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adiciona l quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axusta rase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@cornísiondatran~parencia.gal www.tomisíondatransparencia.gat
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que, segundo consta no expediente remitido, ao interesado se lle notificou a resolución
con data do 21 de outubro de 2020 e a reclamación, datada polo interesado o 23 de outubro
de 2020, tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo remitida polo Consejo de Transparencia
y Buen Gobierno con data do 20 de novembro de 2020, debe admitirse a reclamación por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
En materia de acceso á información pública a regra xeral é a de permitir o mesmo, mentres
que a aplicación dos límites debe entenderse de forma restritiva e procede unicamente nos
casos nos que a concesión da información supoña un prexuízo claro e concreto superior ao
interese do seu acceso.
Tal e como xa afirmou a xurisprudencia, os límites de acceso á información enumerados no
artigo 14 e) e f), como a que neste caso nos ocupa, non están definidos, senón que constitúen
conceptos xurídicos indeterminados cuxa relevancia e transcendencia deben ser concretadas
en cada caso, ponderando os intereses en conflito, como a norma indica. Por tanto para a
aplicación deste límite, débese demostrar que o acceso á información solicitada supón un
prexuízo para a prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais, administrativos ou
disciplinarias e a igualdade das partes nos procesos xudiciais.
Tanto as normas xurídicas aplicables, a xurisprudencia e adoutrina non ofrecen dúbida de que
á hora de limitar o dereito de acceso a información pública, o relevante é a xustificación que
realiza a administración, que debe estar baseada nunha ponderación de intereses -o interese
no acceso e o interese concreto que se protexe co límite- aplicada ao suposto concreto que
se axuíza.
É necesario interpretar de maneira restritiva os límites do artigo 14 da Lei 19/2013. O límite
ten como obxectivo o de asegurar a investigación e persecución de ilícitos penais ou
administrativos, límite que pode invocarse cando se trate de evitar que o acceso á información
poida ser prexudicial ás investigacións, conducir á destrución de probas ou a subtracción dos
delincuentes da acción da xustiza. Este é, en definitiva, o ben xurídico protexido polo límite
previsto no artigo 14.1.e) da Lei 19/2013: asegurar o bo fin de todos os actos de investigación
que se poden chegar a realizar na fase de instrución dun procedemento penal, administrativo
ou disciplina rio, que ten sentido mentres os procedementos de investigación ou sanción están
abertos, xa que a difusión da información que os integra podería influír na súa resolución e
(+34) 9815697 40 ~.:p.._ Rúa do Hórreo, 65
w""'
15700, Santiago de Compo$tela
ACorui\a
() iní[email protected] @ www.comisioodatransparencia.ga1
mesmo ou facilitar que os investigados ou os presuntos infractores puidesen eludir as súas
responsabilidades.
A Entidade Local Menor de Bembrive fai constar no seu informe que na fase de alegacións
aberta na tramitación do expediente de acceso, os terceiros interesados presentaron escritos
de oposición fundamentándoos, entre outros motivos, na vulneración aos límites previstos no
artigo 14.1 e) e f) da lei de Transparencia, ao supoñer un prexuízo á prevención, investigación
e sanción de ilícitos penais ou administrativos e á igualdade de partes nos procesos
xurisdicionais e a tutela xudicial efectiva.
A entidade ten constancia de varias litixios na orde xurisdicional penal que se seguen en
distintos Xulgados de Instrución de Vigo, (dos que indica o número de procedemento, xulgado
ante o que se substancian e fase procedimental na que se atopan) e nos que as partes figuran
como investigado ou acusado e denunciante/querelante, e os escritos solicitados son escritos
nos que o terceiro informa destas circunstancias e aporta documentación sobre as mesmas,
documentación que figura nos referidos procedementos xudiciais. Así mesmo, ten
coñecemento das investigacións que na actualidade se están a levar a cabo pola Polida
Xudicial por mandato do Xulgado de Instrución, en relación con varias obras executadas que
se contrataron por polo reclamante na súa condición de Alcalde-Pedáneo.
Trátase por tanto de documentación que nestes momentos forman parte dun procedemento
xudicial, e de procesos de investigación por parte da Polida Xudicial, e nos que o seu
coñecemento pode afectar á posición das partes no procedemento e nas investigacións que
se están a levar a cabo pola Polida, polo que procede a aplicación do límites establecidos no
artigo 14.1 e) e f) da Lei 19/2013, e das que corresponde ao Xulgado ou Tribunal competente,
determinar se poden ser coñecidas ou non polas partes no litixio e na investigación policial, e
de ser o caso, do momento no que deben ser postas de manifesto aos mesmos.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Única : Desestimar a reclamación presentada por contra a
desestimación da súa solicitude de acceso á información ante Entidade Local Menor de
Bembrive, de obtención de copias de escritos presentados por outro cidadán do mesmo
ámbito territorial.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
, :i info@comi~iondatransparencia.ga! www.cornisiondatransparencia.gal
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.02.24 11 :38:29 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.