Estimada 23/02/2021 · 92 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso a expedientes de concesiones mineras en la Universidad de la Coruña y estimación de la solicitud

Se solicitó a la Universidad de la Coruña el acceso a expedientes de concesiones mineras. El solicitante alegó que dichos documentos son propiedad inalienable del Estado y no podían ser donados privadamente. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación, reconociendo que es información pública y obligando a la Universidad a dar acceso una vez finalizada su catalogación.

Puntos clave de la argumentación

1 Los expedientes de concesiones mineras en poder de la Universidad de la Coruña deben considerarse información pública al haber sido elaborados o adquiridos en el ejercicio de funciones públicas.
2 Se desestima el argumento inicial de la Universidad que sugería que los documentos no eran estrictamente fondos públicos, prevaleciendo la naturaleza pública de la información.
3 La Comisión determina que no hubo una denegación formal, sino una comunicación de que la documentación estaba en proceso de traslado y catalogación.
4 Se reconoce la necesidad de un plazo técnico (estimado en cinco o seis meses) para la clasificación, catalogación y disociación de datos personales antes de su puesta a disposición del público.
5 La resolución insta a la Universidad a responder a la petición en un plazo máximo de 10 días hábiles tras finalizar el proceso de clasificación y disociación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 23 de novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Com isión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de febreiro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 23 de novembro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/ 2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación da súa solicitude de acceso ante Universidade da Coruña, á consulta dos expedientes de concesións mineiras procedentes do Arquivo da Xefatura Territorial da Consellería de lndustria da Coruña que actualmente están en poder da Universidade da Coruña. O recl ama nte indicaba que con data do 20 de novembro de 2020, recibiu correo electrónico da Universidade no que lle informan que os document os mineiros que solicita foron rescatados do lixo por iniciativa persoal dun profesor fai aproximadamente trinta anos, en pésimo estado de conservación e se depositaron no Laboratorio Xeolóxico de Laxe, onde se realizou unha primeira catalogación, limpeza e arquivado. Os fondos do La boratorio están nun edificio que foi dunha empresa e que leva varias anos pechado ao público e o traslado ás dependencias da Universidade da Coru ña está a ser su pervisado pola Vicerreitoría de lnfraestruturas e Su stentabilidade. Os documentos do arquivo mineiro, que non son est ritament e fon dos públicos, serán obxecto de doazón particular do profesor ao Centro de Documenta ción e Arqu ivo (CEDAR) da Universidade da Coruña, que se enca rgará da súa custodia e arbit rará as ca nles adecuadas para a súa consu lta. (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@comísiondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.gal Considera o reclamante que de acordo coa Lei 7/2014 de Arquivos e Documentos de Galicia, o Arquivo do Reino de Galicia como responsable da custodia do Patrimonio Histórico Documental, ao igual que acontece cos expedientes administrativos de concesións mineiras históricas custodiados nos arquivos históricos provinciais das outras tres provincias galegas, polo que a suposta doazón do profesor, carece de base legal na medida en que os expedientes administrativos de concesións mineiras xerados pola Administración do Estado ao longo de máis dun século, pois, ex lege, son e serán sempre titularidade inalienable, imprescriptible e inembargable do Estado, polo que tanto a doazón como a aceptación non só son nulas senón ilegais. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resposta da Universidade da Coruña e do seu DNI. Segundo. Con data do 18 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Universidade da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 29 de xaneiro de 2021 Universidade da Coruña contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que na contestación dada ao solicitante con data do 20 de novembro de 2020 pola directora en funcións do Instituto Universitario de Xeoloxía, en ningún caso denegaba o acceso a documentación senón que indicaba que non estaba depositada en dependencias da UDC e que estaba pendente do seu traslado, en datas sen determinar. Informa que o Secreta rio Xeral da Universidade púxose en contacto telefónico co reclamante, informándolle polo miúdo da situación do depósito, naqueles momentos no Laboratorio Xeolóxico de Laxe (O Castro, Sada), así como das previsións de traslado, pero que en calquera caso cando a documentación estivese en poder da UDC, e unha vez identificado e procesado todo o seu contido procederíase conforme á lexislación vixente. A documentación tivo entrada nos últimos días de decembro no depósito do Centro de Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña (CEDAR). Consta de 102 caixas documentos nos que se debe identificar, avaliar e seleccionar as distintas unidades documentais que compoñen o fondo polo que, segundo o Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo, non poderá ser posta a disposición do público antes de cinco ou seis meses. Unha vez procesado e identificado todo o fondo documental, porase a disposición do público todo aquel que poida ser de acceso libre, unha vez feita a ponderación e disociación de datos persoais. ,111 (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] t www.c.omisíondatransparencia.ga t FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga\ persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a contestación á súa solicitude con data do 20 de novembro de 2020 e a reclamación a interpuxo con data do 23 do mesmo mes, debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública. O posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio t!l <•34)98156 9740 o Rúa do Hôrreo, 65 r;~- .... ~J [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga\ das súas funcións. No presente caso, os expedientes de concesións mineiras que están en poder da Universidade da Coruña, debe considerarse información pública. Se ben na resposta inicial dada pola responsable da Universidade afirmase que os documentos solicitados non son estritamente fondos públicos, no informe remitido polo Secretario Xeral si se recoñece tal carácter, ao indicar que, unha vez identificado, catalogado e procesado todo o contido da documentación, será posto a disposición do público. Non existe, tal e como se afirma no informa remitido pola Universidade, unha denegación do acceso á documentación solicitada, senón que se lle informa que a documentación no momento da solicitude, estaba en proceso de traslado, e unha vez realizado este, debe procederse á súa clasificación e catalogación, facendo os procesos de disociación que correspondan, para ser posta a disposición do público e para o que se estima necesario un prazo de cinco ou seis meses. De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo no momento no que polos servizos da Universidade se finalice o proceso de clasificación, catalogación e disociación dos datos que correspondan, comunicárselle ao interesado aos efectos de que poida facer efectivo o acceso. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar a reclamación presentada por con data do 23 de novembro de 2020, contra comunicación da Universidade da Coruña sobre o acceso aos expedientes de concesións mineiras procedentes do Arquivo da Xefatura Territorial da Consellería de lndustria da Coruña que actualmente están en poder da Universidade da Coruña. Segundo: Instar a Un iversidade da Coruña, a que, no prazo máximo de 10 dias hábiles, dende a finalización da clasificación, cata logación, e disociación que corresponda, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Universidade da Coruña, a que, no prazo máximo de 15 dias hábiles dende a comunicación ao interesado, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envio ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o dia seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- info@cornísiondatransparencia.ga1 www.c.om isíondatransparencia.gal administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.02.24 11 :39:37 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. rd