Retrotraer 23/02/2021 · 89 días en resolverse

Reclamación de acceso a las auditorías de acreditación de hospitales de la Consellería de Sanidade y declaración de no conformidad por vicios de forma

El solicitante pidió a la Consellería de Sanidade de Galicia las auditorías de acreditación de hospitales. Alegó que son resultados de calidad públicos y que los datos personales son irrelevantes. La Comisión da Transparencia declaró la no conformidad a derecho e instó la retroacción del expediente por vicios de forma en la resolución de la solicitud.

Puntos clave de la argumentación

1 La respuesta de la administración fue emitida por la Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios, órgano que carecía de la competencia legal para resolver solicitudes de acceso a la información.
2 La comunicación de denegación no indicaba los recursos procedentes contra el acto, incumpliendo los requisitos formales de una resolución administrativa.
3 Se determinó que la contestación de la Consellería no puede considerarse una resolución del procedimiento, sino un simple escrito carente de eficacia jurídica.
4 Al existir un vicio de forma en la resolución, se aplica el artículo 119.2 de la Ley 39/2015, que ordena la retroacción del procedimiento al momento en que se cometió el error.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencla de Galicla na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada po , mediante escrito do 26 de novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de febreiro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 26 de novembro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, desestimación da súa solicitude de acceso ante Consellería de Sanidade, ás auditorías de acreditación de hospitais realizadas pola Consellería de Sanidade de acordo co Decreto 52/2001, polo que se regula a acreditación dos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia. O reclamante indica que se lle denegou a información en base a que as auditorías son ferramentas de carácter interno que se utilizan para o proceso de acreditación hospitalaria, e ademais en ditas auditorías figuran datos de carácter persoal e información sensible protexida pala lei orgánica 3/2018, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais e se lle indica que todo caso, pode dirixir a solicitude ás correspondentes xerencias das Áreas Sanitarias. O interesado remite escrito dirixido á Subdirectora Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios (que carece de sinatura e rexistro de entrada na Consellería de Sanidade, polo se descoñece si efectivamente foi presentado), no que en resumo pon de manifesto que o artigo .3.1 e) da Lei 1/2016 (debe ser un erro e a referencia debe ser ao artigo 8.1.e) da dita Lei) establece que (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña 5 [email protected] www.tomisiondatransparencia.gal se facilitará información sobre "os resultados das avaliacións de calidade efectuadas". De acordo co Decreto 52/2001, as auditorías son un sistema de acreditación que permite coñecer os niveis de calidade dos hospitais e identificar as posibles áreas de mellora. Considera que nas ditas auditorías non figuran mais datos de carácter persoal que o nome e apelidos de titulares de postos de traballo, que son datos irrelevantes para a solicitude e considera que son datos públicos, sen que se xustificase a existencia de límites na información solicitada. O interesado afirma que é consciente de que deben adicarse recursos para localizar, recompilar e facilitar as auditorías, no que se ofrece a colaborar, dada a súa condición de bibliotecario do sistema, e cos filtros e controis que estimen procedente. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resposta á mesma e do seu DNI. Segundo. Con data do 18 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 1 de abril de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 29 de setembro de 2020 contestouse á solicitude no senso de que non era posible facilitar o acceso solicitado xa que as auditorías son ferramentas de carácter interno que se utilizan no proceso de acreditación hospitalaria, considerándoas información auxiliar ou de apoio, que non teñen transcendencia pública nin directa cara a terceiros, son recomendacións de melloras realizadas por un órgano especializado, solicitadas polos xerentes das áreas ou directores de hospital para coñecer o grao de eficiencia, eficacia, e de cumprimento de protocolos, etc. de unidades concretas cara á súa acreditación, conforme ao Decreto 52/2001, de 22 de febreiro. Considera a Consellería que o amplo volume da información solicitada, que se ben foi matizada polo solicitante, a expedientes desde o ano 2001, implica unha labor de recompilación que suporía a utilización dun elevado número de recursos humanos, que deixarían de facer as súas actividades habituais, e que pola antigi.iidade desta documentación, probablemente soamente se dispoña parcialmente dela, estando moita destruída. Así mesmo, a información acadaría datos de saúde de persoas que se atopan protexidas pola lexislación vixente, cuxa eliminación- no caso de accederse á información- tamén implicaría a utilización de moitos recursos humanos no senso antes descrito. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga! FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as info@comísiondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.ga! persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. No presente caso, ao interesado notificóuselle unha contestación, con data do 29 de setembro de 2020, que non podemos considerar resolución do procedemento como se xustificará no fundamento quinto desta resolución, fronte á que o interesado presentou un escrito que [email protected] www.comisiondatransparencia.gal cualifica de recurso de reposición, e que a Consellería cualifica como nova solicitude. A esta nova solicitude, a Consellería remitíulle un escrito de contestación, que tampouco podemos considerar como resolución, notificada ao interesado o 27 de novembro de 2020. O interesado presentou a súa reclamación ante a Comisión da Transparencia con data do 26 de novembro, polo que debemos admitir a mesma, por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente Antes de entrar no fondo do asunto, debe examinarse a posible existencia dun vicio de forma na resolución da solicitude de acceso á información. De conformidade co establecido no artigo 27 da Lei 1/2016, no ámbito da Administración autonómica a competencia para a resolución das solicitudes de acceso á información corresponde á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, da Dirección Xeral ou da Delegación Territorial. No presente caso, á solicitude de acceso á información contestóuselle mediante escrito de contestación da Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios, o 29 de setembro, sen que na mesma se expresaran os recursos que contra a mesma podía interpor o interesado. Non se fai referencia nesa contestación, á existencia dunha delegación de competencias na Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios, tal e como esixe o artigo 40.4 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, polo que debe en principio considerarse que a dita comunicación pola que se denega o acceso a unha información é un acto é nulo, de acordo co establecido no artigo 47 da Lei 39/2015. O interesado presentou con data do 29 de outubro de 2020, un escrito que considera como recurso de reposición, e que a Consellería cualifica como nova solicitude, e que volve a contestar mediante un simple escrito da referida subdirección. Por tanto, non se ditou resolución sobre a solicitude de acceso á información por órgano competente (titular da Secretaría Xeral Técnica ou Delegación Territorial), senón que se deu unha contestación, que non se pode considerar que teña o carácter de resolución, e fronte á que non se lle ofrecen ao solicitante, os recursos que contra ela proceden. De conformidade co disposto no artigo 119.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando existindo vicio de forma non se estime procedente resolver sobre o fondo, ordenarase a retroacción do procedemento ao momento no que o vicio foi cometido, sen prexuízo de que eventualmente poida acordarse a convalidación de actuacións polo órgano competente para iso, de conformidade co establecido no artigo 52. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, (f-I (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 (;"¡ info@<ornisiorl<latransparenc.ia.ga1 www.comisiondatransparencia.ga1 ACORDA Único: Declarar a non conformidade a dereito e instar a retroacción do expediente de solicitude de acceso presentada por , con data 26 de novembro de 2020, ás auditorías de acred itación de hospitais solicitadas. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-adm inistrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021 .02.24 11 :39:56 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. (,,