Archivada 24/02/2021 · 79 días en resolverse

Acceso a expedientes de quejas, reclamaciones y denuncias sobre residencias de mayores y resultado de archivo por desistimiento

El ciudadano solicitó a la Consellería de Política Social el acceso a expedientes de quejas y denuncias sobre residencias de mayores. Tras la denegación, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Esta última decidió archivar el expediente por desistimiento, ya que el interesado no acreditó la representación de la asociación que decía ostentar tras ser requerido.

Puntos clave de la argumentación

1 El procedimiento de reclamación se ajusta a la legislación de procedimiento administrativo común en materia de recursos según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
2 De acuerdo con el artículo 68 de la Ley 39/2015, si la solicitud no reúne los requisitos legales, se debe requerir al interesado para que subsane la falta en diez días.
3 La falta de acreditación de la representación legal del solicitante, tras el requerimiento expreso, conlleva la resolución de desistimiento de la petición.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencla e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 7 de decembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Presidenta da Comisión da Transparencia, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de decembro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Consellería de Política Social pola que se lle denega da súa solicitude de acceso á información aos expedientes de todas as queixas, reclamacións e denuncias presentadas por vostede e pola ante o servizo de inspección sobre residencias de maiores. Segundo.- De conformidade co disposto nos artãgos S e 11 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, solicitóuselle ao interesado con data do 21 de decembro de 2021, na dirección de correo electrónico designada a efectos de notificacións, que acreditase a representación que di ostentar, por calquera medio válido en dereito, concedéndolle un prazo de dez días e coa advertencia de que de non achegala, se lle tería por desistido da súa reclamación, previa resolución ditada nos termos previstos na norma correspondente. Transcorrido o prazo concedido para a acreditación da representación, o interesado non presentou documentación algunha. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@comísiondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.ga1 FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as ~ (+34)98156 97 40 (:') Róa do Hórreo, 65 '-"/'~ 15700, ~antiago de Compostcl• A Coruña O [email protected] • www.<.omisiondatraosparencia.gal persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/ 2016, do 18 de xaneiro) . O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbu lo sinala que a transparencia, o acceso á información públ ica e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou ba ixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública . Cuarto. Análise do expediente O artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala a lexislación específica aplicable, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desist ido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada. Nest e expediente con data do 21 de decembro de 2020, solicitouse ao reclamante na dirección de correo electrónico designada a efectos de not ificacións, que acreditase a represent ación que di ostentar, por calquera medio válido en dereito, concedéndolle un prazo de dez días e coa advertencia de que de non achegala, se lle t ería por desistido da súa reclamación, previa resolución ditada nos termos previstos na norma correspondente. Transcorrido o prazo conced ido para a acreditación da representación, o interesado non presentou documentación algunha . Xa que logo o reclamante non acreditou a representación da asociación que di ostentar, polo que en base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e de acordo coa delegación outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia con data do 26 de xuño de 2018 (DOG nº 193, do 9 de outubro) . (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ~ [email protected] www.comisiondatransparencia.gal RESOLVO Único: Arquivar por desistencia e declarar concluso o procedemento. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.02.24 11 :40:42 +O 1'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.