Estimada 23/02/2021 · 78 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la AMTEGA sobre datos del sistema notifica.gal y resolución estimatoria de la Comisión da Transparencia

Se solicitó a la AMTEGA información sobre el sistema notifica.gal (número de notificaciones, costes y administraciones adheridas). Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), el interesado reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la solicitud y obliga a la agencia a entregar la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
2 La AMTEGA no aportó informe ni expediente a pesar del requerimiento de la Comisión, lo que obliga a resolver sin los argumentos de la administración.
3 Ante la ausencia de alegaciones en contra por parte de la administración, prevalece el interés público al acceso a la información no afectada por límites legales.
4 Se ordena la entrega de la información previa disociación motivada de datos que pudieran afectar a los límites de acceso previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5 Se recuerda que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 7 de decembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Tra nsparencia na sesión celebrada o día 23 de febreiro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de decembro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a AMTEGA sobre o número de notificacións administrativas realizadas, forma de practicalas (vía postal ou electrónica), a súa aceptación en prazo, custe e Administracións adheridas ao sistema notifica.gal. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude asinada electronicamente . Segundo. Con data do 12 de xaneiro de 2021 déuselle t raslado da documentación achegada polo reclamante á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de xaneiro de 2021, sen que pola AMTEGA se remitise o informe e a copia do expediente solicitado. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@comísiondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.gal FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as ; (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga l persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A AMTEGA non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga1 Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou información á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) sobre o número de notificacións administrativas realizadas, forma de practicalas (vía postal ou electrónica), a súa aceptación en prazo, custe e Administracións adheridas ao sistema notifica.gal, sen obter resposta da dita Axencia. Pola Comisión da Transparencia solicitouse á AMTEGA a aportación do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. A Comisión non ten información sobre o contido dos documentos solicitados, en que medida poden verse afectados por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, ou en que medida podería darse, de ser o caso, a información despois de disocia la para garantir o dereito de acceso a información non estritamente afectada polos límites (información parcial, art. 16 da Lei 19/2013). Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe aportarse a información pedida, aínda que con carácter previa debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datas ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei). A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse á AMTEGA, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, 11 1 ' 0' (+34)9815697 40 Rua do Hórreo, 65 15700, Santiago d• Compostela {~} [email protected] www.c:omi siondatrdnsparencia.ga1 ...~.-;· ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 7 de decembro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a AMTEGA sobre o número de notificacións administrativas realizadas, forma de practicalas (vía postal ou electrónica), a súa aceptadón en prazo, custe e Administracións adheridas ao sistema notifica.gal. Segundo: Instar a AMTEGA, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fa i á formalización do acceso. Terceiro: Inst ar a AMTEGA, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon f in á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso cont encioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 2021.02.24 11 :41 :14 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.