Se solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia el número de rastreadores de covid asignados a dicha tarea. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió la solicitud concediendo la información tras interponerse la reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública permite a cualquier persona obtener contenidos elaborados o adquiridos por los sujetos obligados en ejercicio de sus funciones sin necesidad de motivar la solicitud.
2
La Consellería de Sanidade resolvió fuera de plazo, proporcionando cifras aproximadas (700 personas exclusivas y hasta 6.000 incluyendo atención primaria) al no existir una categoría profesional única de 'rastreador'.
3
La Comisión determina que la información fue concedida de forma total y coherente con la solicitud, ya que los datos disponibles son aproximados y variables según la evolución de la pandemia.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración respondió a la solicitud con posterioridad a la presentación de la reclamación ante el órgano de transparencia.
5
Se advierte a la administración que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Gallcia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por media nte escrito do 9 de
decembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de
febreiro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. - presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor d ~ e 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, de
información sobre o número de rastrexadores covid asignados a esa tarefa.
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude e do seu DNI .
Segundo. Con data do 12 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transpa rencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de 1<aneiro de 2021
Terceiro. Con data do 12 de febreiro de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@corni~iondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.ga l
A Consellería informa que con data do 11 de febreiro de 2021, se ditou resolución na que se
estima parcialmente a solicitude de acceso á información, e notificouse ao interesado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencía y Buen Gobíerno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
t [email protected] www.c.omisíondatransparencia.gal
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Quinto.- Análise do expediente
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
O interesado solicitou da Consellería de Sanidade, información sobre o número de
rastrexadores covid asignados a esa tarefa, pedindo os datos aproximados e de ser posible
desglosados por tipo de persoal/organismo que desempeña esa tarefa.
A Consellería de Sanidade, aínda que fóra do prazo legalmente establecido, ditou resolución
na que concede o acceso, acceso que cualifica de parcial. Tecnicamente, o acceso parcial á
información concédese, de acordo co disposto nos artigos 25 da Lei 1/2016 e 16 da Lei
19/2013, naqueles casos nos que a información solicitada esta afectada por algún límite dos
establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, na que se concede a información omitindo a
parte afectada pola limitación, agás que de iso resulte información distorsionada ou carente
de senso.
No presente caso, a Consellería na súa resolución, fai constar que non existe na Comunidade
Autónoma a categoría de persoal rastrexador, senón que o seguimento de contactos por
Covid-19 constitúe un proceso complexo e integrado, no que participa persoal adscrito aos
servizos de medicina preventiva das sete áreas sanitarias, persoal destinado nos servizos de
vixilancia epidemiolóxica das xefaturas territoriais da Consellería, persoal de Atención
Primaria, persoal vencellado á Central de seguimento de contactos e persoal da Unidade
Militar de Emerxencias. Na súa resolución, de cada un destes tipos de persoal, detalla as
funcións que realiza.
A Consellería xustifica que non se pode por estes motivos, dar unha cifra de rastrexadores
como categoría profesional, nin co nivel de detalle ou desglose solicitado, aínda que dá unha
cifra aproximada do número de profesionais que participan ou son susceptibles de participar
nos procesos de control e seguimento, considerando ao persoal que está a traballar no
primeiro nivel asistencial de atención primaria, e que varían en cada momento en función das
necesidades que require a propia evolución da pandemia, e que cuantifica en preto de 6.000.
Se non se inclúen os profesionais de atención primaria o persoal que se dedica en exclusiva
ao rastrexo, estaría en torno a 700.
Non se pode considerar por tanto que a información se concedese de forma parcial por estar
a mesma afectada por un límite, senón que se concede de forma total e en función dos datos
dos que a consellería dispón, que son aproximados, e desglosados entre os que se adican en
exclusiva ao rastrexo, e o persoal de atención primaria. A resposta é coherente coa solicitude,
que solicita o numero aproximado e así só solicitou o interesado, probablemente porque é
consciente de que o seu número é variable, e solicita si é posible, o desglose por categoría.
De acordo co anterior, ao terse concedido a información con posterioridade á presentación
da reclamación polo interesado, procede a estimación por motivos formais desta, sen
prexuízo de que contra a resolución expresa do 11 de febreiro de 2021, se poidan presentar
os recursos ou reclamacións que na mesma se ofrecen.
O Rua do Hórreo, 6S
15700, Santiago do Compostela
<I'~ !l,;,;,,.
() info@comisiondatransparencía.ga1 'ftitt; \Wiw.comisiondatransparencia.gal
Debe lembrarse á Consellería de Sanidade que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada p o r _
con data do 9 de decembro de 2020, contra a desestimación por si =
súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, de información sobre o número de
rastrexadores covid asignados a esa ta refa .
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente ca be, en caso de
desconformidade, interpoñer recu rso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
admin istrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021 .02.24 11 :42:05 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.