Una asociación solicitó al INEGA información jurídica, económica y organizativa sobre la entidad 'Geotermia'. Tras una inadmisión por considerarse la solicitud abusiva, la Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación, validando que pedir toda la documentación de una competencia durante ocho años excede la finalidad de la ley de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
Se descarta la aplicación de la Ley 27/2006 de información medioambiental ya que lo solicitado es información organizativa, económica y contractual sobre actuaciones del INEGA.
2
El derecho de acceso a la información pública no es ilimitado y está sujeto a causas de inadmisión, específicamente cuando la solicitud tiene un carácter abusivo según el artículo 18.1.e) de la Ley 19/2013.
3
Se considera abuso de derecho cuando la solicitud excede los límites normales, ya sea por su objeto o circunstancias, obligando a paralizar la gestión de los sujetos obligados.
4
Solicitar de forma genérica toda la documentación generada por un organismo durante ocho años sobre una competencia atribuida excede el objeto y la finalidad del derecho de acceso.
5
Se cita jurisprudencia de la Audiencia Nacional estableciendo que solicitudes con volumen y extensión excesivos que ocasionen una disfunción manifiesta no se acomodan al espíritu de la normativa de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
mediante escritos que tiveron entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 28 e 30 de decembro
de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de febreiro de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
en re resentación da
presentou, mediante escritos con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 28 e 30 de outubro de 2020, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, cont ra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante
a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, sobre
información de carácter xurídico, económico e organizativo da entidade Geotermia
(reclamación RSCTG 140/20) e posteriormente contra a Resolución da Axencia Instituto
Enerxético de Galicia (INEGA) do 29 de decembro de 2020, pola que se inadmite a súa
solicitude de acceso.
(;1 (•34} 98156 97 40
15700, Santiago de Compostela
A Coruna
,,,,
(~•·~ info@comisiooda lla n sparencia.gal www.c.omisiondatranspare ncía.gat
Na reclamación presentada o 28 de decembro de 2020 (expediente RSCTG 140/ 2020), a
entidade interesada manifesta que non obtivo resposta á súa solicitude de acceso á
información referida á entidade Geotermia.
Con data do 30 de decembro de 2020 a asociación interesada remite escrito de reclamación
contra a Resolución da directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) do 29 de
decembro de 2020, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á información da entidade
Geotermia. A Asociación considera que a resolución é un ataque á liberdade de expresión e
cumprimento da Lei de Transparencia e o incumprimento das obrigas de publicidade activa
que resulta arbitrario e inxusto, sen incluír argumentos que t eñan como obxectivo rebater os
motivos polos que se inadmitiu a súa solicitude.
Segundo.- Con data do 30 de decembro de 2020, deuse traslado da reclamación achegada
polo interesado con data do 28 de decembro de 2020 (RSCTG 140/2020) á Vicepresidencia
Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, para que, en cumprimento da
normativa de t ransparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Con data do 8 de xaneiro de 2021, o INEGA remite oficio no que man ifesta que a solicitude de
acceso a información pública sobre información de carácter xurídico, económico e
organizativo da entidade Geotermia, presentada o 23 de novembro do 2020, foi presentada
polo interesado o 23 de novembro de 2020 con destino á Secretaría Xeral Técnica da
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, a cal foi remit ida
á Axencia con data 02 de decembro de 2020, e con data do 29 de decembro de 2020 emitiuse
Resolución da Directora desta Axencia, da que ac,om pañan copia .
Terceiro. Con data do 14 de xaneiro de 2021, procedeuse á acumulación a expediente RSCTG
140/ 2020, da reclamación presentada polo - en representación de
con data do 30 de decem ~ Resolución do 29 de
decembro de 2020, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), pola que se lle inadmite
a súa solicitude de acceso á información sobre a ent idade Geoterm ia (expediente RSCTG
144/ 2020). A acumulación comunicouse á entidade interesada e á Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, á que se lle solicitou a em isión de informe
sobre a reclamación presentada.
Cuarto.- Con data de entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 8 de febreiro de 2021, o
INEGA remit e informe no que en síntese manif esta que considera que a Lei 27/2006, do 18 de
xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación
pública e xustiza en materia de medio ambiente é a normativa específica nesta mat eria, de
acordo co disposto na disposición adicional prime ira da Lei 19/2013.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l
De acordo coa dita norma, o dereito de acceso a información ambiental non é un dereito
absoluto, xa que contempla unha serie de excepcións á obriga de facilitar información
ambiental no artigo 13.1 nos casos de que a solicitude sexa manifestamente irrazoable ou que
estea formulada de maneira excesivamente xeral, tendo en conta o disposto no artigo 10.2.a).
No exercício das obrigacións derivadas do dereito de acceso a información, o INEGA publica
de forma periódica, actualizada, veraz e doadamente accesible toda a información relevante
relativa ó seu funcionamento, na súa paxina web.
Comunican que con data do 3 de febreiro de 2021, o INEGA, para facerlle máis doado o acceso
remitiu lle ao interesado toda a información requirida, a través dun informe cos datos relativos
a Xeotermia en Galicia no que figura a relación de axudas concedidas nas convocatorias do
lnega para a realización de proxectos de xeotermia en Galicia (2015- 2020), link para o acceso
a todos os convenios subscritos polo INEGA dende o ano 2011 ata a actualidade e link para o
acceso ás convocatorias de axudas do INEGA, onde figuran as bases reguladoras das axudas,
relación de beneficiarios, natureza dos fondos, modificacións das convocatorias e breve
resumo das mesmas, entre outros.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.c.omis1ondatransparencia.gal
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a entidade interesada interpuxo a súa reclamación nun primeiro momento, con
data do 28 de decembro de 2020, contra a falla de resolución da súa solicitude de acceso, e
con data do 30 de decembro de 2020, contra a resolución do 29 do mesmo mes, debe
admitirse a mesma, por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou información de carácter xurídico, económico e organizativo da entidade
Geotermia, en concreto información sobre subvencións e axudas públicas, orzamentos,
contas anuais e os informes de auditoría, aprobación das contas, retribucións percibidas
anualmente por cargos e vocais, actas e convenios, financiamento, inscrición correspondente
da Geotermia no rexistro de entidades públicas, acta fundacional, estatutos, identificación dos
membros que integran o Consello de administración correspondente da Geotermia, listaxe de
contas bancarias, contratos e convenios.
Débese ter en conta que non existe unha entidade denominada Geotermia como entidade
creada, vinculada ou adscrita á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa
e lnnovación, nin ao INEGA ou a calquera outro departamento da Xunta de Galicia. Por tanto,
debe entenderse que a información que solicita a entidade interesada, é a referida ás
actuacións do INEGA, como Axencia competente da Xunta de Galicia no fomento, impulso e
realización de iniciativas e programas de actuación para a investigación, o estudo e apoio das
actuacións de coñecemento, desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías enerxéticas e a
mellora do aforro e a eficiencia enerxética, fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, a
óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia, entre
as que se atopa a xeotermia, entendida esta como a enerxía en forma de calor que se atopa
baixo a superfície da terra.
Non se pode compartir o manifestado no informe do INEGA, no senso de que a información
solicitada é información de carácter ambiental, xa que o que se solicita é información
organizativa, económica e contractual sobre as actuacións do INEGA en materia de xeotermia,
polo que considérase que non é de aplicación a Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se
regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza
en materia de medio ambiente como norma específica, debendo por tanto tramitarse a
info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga1
solicitude de acceso á información polo disposto na normativa xeral en materia de
Transparencia.
Aclarados os puntos anteriores, débese analizar si a resolución do INEGA de inadmisión da
solicitude de acceso á información por resolución do 29 de decembro de 2020, por considera la
abusiva, é conforme co disposto na normativa de Transparencia, en concreto si se pode
encadrar dentro dos motivos de inadmisión do artigo 18.1.e) da Lei 19/2013.
O dereito de acceso á información, se ben está esta regulado no noso ordenamento xurídico
como un dereito de amplo contido, non é un dereito ilimitado, e as solicitudes de acceso á
información pública están sometidas ás causas de inadmisión que se establecen no artigo 18
da Lei 19/2013. No seu parágrafo 1.e) do dito artigo, establécese como causa de inadmisión
que a solicitude teña un carácter abusivo, non xustificado coa finalidade de Transparencia da
Lei. A interpretación ofrecida polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no seu Criterio
lnterpretativo 6/2015 sobre esta causa, asocia o carácter abusivo da solicitude co feito de que
o exercício do dereito sexa abusivo cualitativamente, e que o exercício do dereito poida
considerarse excesivo, é dicir, cando non chegue a conxugarse coa finalidade da Lei. Desta
forma unha solicitude pode entenderse abusiva cando poida considerarse incluída no
concepto de abuso de dereito recollido no artigo 7.2 do Código Civil, é dicir, cando pola acción,
omisión, pola intención do seu autor, polo seu obxecto ou polas circunstancias en que se
realice exceda manifestamente os límites normais do exercício dun dereito, ou cando de ser
atendida, requira un tratamento que obrigase a paralizar o resto da xestión dos suxeitos
obrigados a proporcionar a información, impedindo a atención xusta e equitativa do seu
traballo e o servizo público que teñen encomendado, e así resulte de acordo cunha
ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos.
Neste caso, solicítase pola entidade reclamante que se lle remita toda a información e
documentación de todos os expedientes e procedementos referentes ao exercício dunha
competencia (xeotermia) atribuída a unha Axencia dende o ano 2013 a 2020.
Unha interpretación do dereito de acceso á información pública regulado na Lei 19/2013 que
implique un exercício excesivo e indiscriminado do mesmo, solicitando de forma xenérica
información de toda a documentación xerada por un organismo durante oito años sobre unha
competencia que ten atribuída, sen dúbida excede do obxecto e finalidade do dereito de
acceso á información. Así, debe lembrarse que é a protección do interese xeral na
transparencia pública, como ben común da nosa sociedade, a que debe prevalecer fronte a
solicitudes de información que perseguen outros intereses que non encaixan na finalidade
perseguida pola Lei, por tanto, non poden ser considerados superiores.
Neste senso, a Sentenza da Audiencia Nacional do 30 de maio de 2019 destaca a importancia
de aterse á finalidade da norma cando se solicita información pública no senso de que unha
f
u
111 •
(('¾ (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
(::,;l iní[email protected] ~ www.comisiondatranspareocia.ga1
solicitude de información que polo seu volume, extensión, período de tempo, identificación e
medios para instrumentar a petición, ademais de ocasionar unha disfunción manifesta, non
deixa de ser un desiderátum non acorde co espírito e finalidade da normativa de
transparencia. Afirma a dita sentenza que unha solicitude destas características non deixa de
ser unha utilización da normativa de transparencia, cunha finalidade que non se acomoda ao
espírito e finalidade da mesma.
Engadido ao anterior, a solicitude exposta debe analizarse desde a perspectiva do control da
acción da Administración e a rendición de contas polas decisións públicas, tendo en conta que,
en non poucas ocasións e atendendo ao tipo de información requirida, certamente podería
cuestionarse a súa utilidade para garantir o interese común en coñecer a actuación pública,
poder participar na mesma e esixir responsabilidades polas decisións dos organismos
públicos; todos eles, alicerces fundamentais e ratio iuris da Lei 19/ 2013.
A resolución da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) motivou debidamente a súa
resolución cunha ponderación razoada na que aprecia un abuso de dereito proporcionar a
información solicitada e supoñería unha paralización da súa xestión. Débese ter en conta
ademais que na reclamación presentada pola asociación, non se alegan nin acreditan motivo
algún que desvirtúe os fundamentos da resolución recorrida.
A pesares do anterior, a Axencia, con data do 3 de febreiro de 2021, remitiu á entidade
solicitante un informe cos datos relativos a Xeotermia en Galicia publicados na súa web nos
que figuran a relación de axudas concedidas e os links para o acceso a os convenios e
convocatorias de axudas sobre as súas actuacións en materia de xeotermia.
De acordo co anterior, procede a desestimación da reclamación presentada por considerar a
resolución da Axencia conforme á normativa en materia de Transparencia, sen que se
acreditasen o alegasen pola entidade reclamante, motivos que a desvirtúen.
En base aos feitos e fundamentos de dereit o anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
contra desestimación inicial por silencio e contra a posterior Resolución
da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) do 29 de decembro de 2020.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
/
; [email protected] www.tomisiondatransparencia.gal
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.02.24 11 :44:17 +Ol '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.