Se solicitó a la Consellería de Cultura, Educación y Universidad de Galicia la publicación activa de enunciados y plantillas correctoras de oposiciones docentes (2016-2017). El reclamante alegó silencio administrativo. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque el derecho de acceso no permite exigir que la información sea objeto de publicidad activa.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública permite obtener documentos, pero no faculta al ciudadano para exigir que una información específica sea objeto de publicidad activa.
2
La Administración puede valorar la conveniencia de publicar proactivamente cierta información, pero no constituye una obligación legal exigible por el solicitante según el artículo 20 de la Ley 1/2016.
3
Se admite la reclamación por presentada en plazo basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
4
La reclamación es inadmitida conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015 al no tratarse de un acto susceptible de recurso, ya que el acceso a la información ya había sido concedido individualmente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 29 de
decembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de
febreiro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 29 de decembro de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ante Consellería de Cultura,
Educación e Universidade, de que se faga público os enunciados dos exercidos escritos das
oposicións docentes realizadas en Galicia en 2016 e 2017 da especial idade de Hostelería e
Turismo (106) do corpo de profesores de ensinanza secundaria e a plantilla correctora
utilizada polos tribunais que indique o nível mínimo esixido para a superación de cada un
deses exercícios.
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 30 de decembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Cultu ra, Educación e Universidade para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
A recepción da solicitude pola administración foi o 8 de xaneiro de 2021
Terceiro. Con data do 26 de xaneiro de 2021 a Consellería de Cultura, Educación e
Universidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
A Consellería informa que con data do 13 de xaneiro de 2021 ditouse resolución pola
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e
Universidade na que se estima a solicitude de acceso á información pública, a cal se pon a
disposición da persoa solicitante, o día 14 de xaneiro de 2021, no Sistema de notificación
electrónica e envíanse ao seu correo electrónico os arquivos en formato .pdf que conteñen a
información.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobíerno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.tomisíondatransparencia.ga1
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, €5
info@comísiondatransparencia.gal www.c.omis1ondatransparencia.ga1
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que a Consellería resolveu a solicitude con posterioridade a que a interesada presentase
reclamación ante esta Comisión, deben admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O dereito de acceso á información é un dereito fundamental recoñecido a nivel internacional
como tal, debido á natureza representativa dos gobernos democráticos e é un dereito esencial
para promover a transparencia das institucións públicas e para fomentar a participación
cidadá na toma de decisións. Ademais as Administracións Públicas fináncianse con fondos
procedentes dos contribuíntes e a súa misión principal consiste en servir aos cidadáns polo
que toda a información que xeran e posúen pertence á cidadanía.
No dereito de acceso á información poden distinguirse dous aspectos: a transparencia
proactiva ou publicidade activa, como aquela obrigación dos organismos públicos de publicar
e dar a coñecer a información sobre as súas actividades, orzamentos e políticas e a publicidade
pasiva ou dereito de acceso á información, que é o dereito dos cidadáns de solicitar ás
Administracións e demais entidades e lnstitucións calquera tipo de información pública, e o
dereito a recibir unha resposta documentada e satisfactoria.
A Lei estatal 19/2013 establece nos seus artigos 6 a 8 a información que deben publicar os
suxeitos incluídos dentro do se ámbito de aplicación, obriga que se amplía a máis información
nos artigos 7 a 19 da Lei galega 1/2016.
Se ben o artigo 20 da Lei 1/2016 establece que os suxeitos incluídos dentro do seu ámbito de
aplicación, fomentarán a difusión de calquera información pública non incluída nos ditos
artigos, non existe un dereito dos cidadáns de esixir que unha determinada información, sexa
obxecto de publicidade activa.
No presente caso, a interesada solicitou que se fagan públicos os enunciados e plantillas de
corrección de determinados procesos selectivos, solicitude sobre a que a Consellería pode
valorar a conveniencia de que sexa obxecto de publicidade activa, pero que en todo caso non
é unha obriga que a solicitante poida esixir á Administración: a solicitante ten dereito de
acceso a esa información, (que xa lle foi concedido), pero non a esixir que sexa obxecto de
publicidade activa.
{¡
': '§
(f~ (+34) 98156 97 40 (\l Rua do Hórreo, 65
15700, S3nt iago de Compostela
i 1l i ~,:·,~,n;:-;u'.\¡·¡ri;,, A Coruiia
' i. " • . / ·"'' .. " --
t.·
(.!.~
•,;.;.;.f
info@<ômisiondatra nsparencia.gat www.comísiondat<ansp<1rencia.gal
De acordo co anterior, ao non ser o obxecto da solicitude da interesada o aceso a unha
información pública, senón a petición de que unha determinada información sexa obxecto de
publicidade activa, procede a indamisión da reclamación, de acordo co disposto no artigo
116.c) da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, ao non tratarse dun acto susceptible de recurso ante esta Comisión.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único : lnadmiti r a reclamación presentada por con data do 29 de
decembro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ante
Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de que se faga público os enunciados dos
exercícios escritos de determinados procesos selectivos.
Contra esta resolución que pon fin á vía admin istrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.02.24 11 :44:02 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.