Una empresa solicitó la anulación del acceso a información técnica de una mina de caolín alegando secretos industriales. La Comisión de Transparencia de Galicia analiza la convalidación de la resolución de acceso y decide que dicha convalidación no puede tener efectos retroactivos, instando a dictar una nueva resolución con efectos desde su fecha de emisión.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración concedió el acceso a la 'Memoria de la mina Santa Bárbara nº 1802' de 1975, considerando que es un documento técnico que no se encuadra en el ámbito ambiental y se rige por el régimen general de transparencia.
2
El reclamante alegó que la información contiene secretos empresariales y propiedad intelectual, advirtiendo que la revelación de datos técnicos y económicos perjudicaría su capacidad de innovación.
3
La Comisión determina que la convalidación del acto administrativo no puede otorgar eficacia retroactiva al no sustituir un acto anulado ni producir efectos favorables al interesado.
4
Se establece que, ante el vicio de forma en la convalidación, debe procederse a la retroacción del expediente para dictar una nueva resolución y notificarla a las partes interesadas.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por en representación de -
mediante escrito do 28 de decembro de 2020, e considerando os antecedentes
e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 23 de marzo de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación de presentou,
mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 28 de decembro de 2020, unha
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 13 de novembro de 2020, da Xefatura
Territorial da Coruña, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e
lnnovación pola que se concede o acceso a á información da que se
dispón na Xefatura Territorial sobre a antiga mina de caolín situada en Cuns, no Concello de
Coristanco.
O reclamante, en resumo, indicaba que é titular do
polas concesións de explotación de Recursos da Sección C) da L
e por tanto titular lexítimo
dos dereitos de propiedade intelectua l e industrial dun notable conxunto de informes, planos,
mapas, estudos, incluídos os Plans de Labores, de Explotación e de Restauración, contratos e
outros datos referentes aos bens e dereitos, e outra documentación técnica e económica que
conforman o know-how da empresa e é necesaria para a actividade regular e detentador dun
' t$ Q'l 1•34)981569740 (;~ Rtia do Hórreo, 65
ç~ 15700, Santiago de Compostela
, ' \ ¡":>•¡(•)'; ' {,'() > ',,-•¡' ;;, A Coruña
<.: # . ,n, .. ,, , ç, in.,. ··"
(:_.") info@<;omisiondalra nsparencia.gal f)t
..;,,~•
www.co misiondatransparencia.gal
interese tamén lexítimo en que se protexa o referido carácter reservado desa información,
evitando innecesarios accesos e risco de filtracións a terceiros.
Afirma que ten constatados diversos casos de filtracións de información sensible a terceiras
entidades que veñen facendo un uso indebido, por manipulación intencionadamente
terxiversada e infundada do seu contido, que redunda en prexuízo e descrédito público de
- das propias Autoridades Mineira e Ambienta l.
Afirma no seu escrito de alegacións que de acordo coa Instrución 6/2018, do 3 de agosto de
2018, da Dirección Xera l de Enerxia e M inas sobre acceso á información pública en materia de
minas, non se deben admitir nin atender solicitudes expostas en termos xenéricos e con
pretensión de alcance omnímodo, como foi neste caso, do mesmo xeito que se establece no
artigo 19 da Lei 19/2013 .
Considera que aínda que non se poida esixir motivación na solicitude de acceso á información,
o órgano competente si debe ponderar os diferentes dereitos e intereses que se vexan
afectados.
Alegan o carácter reservado de información que consta nos expedientes administrativos e a
necesidade de salvagardar polo seu carácter confidenciai ou reservado, o amplo conxunto de
información de natureza técnica, comercial, financeira, etc., que contén a información
solicitada. Considera que non ten sentido diseccionar por exemplo un proxecto ou un informe
de voaduras como os que se conteñen na información solicitada, de tal forma que se
manteñan protexidos aquelas "palabras, liñas ou parágrafos" que, por referirse a técnicas
propias da empresa solicite manter afastadas do coñecemento de competidores, e sepa ra r
outras que poidan satisfacer o interese dun terceiro solicitado e a información sobre
almacenamento e emprego de explosivos debe ser protexida na súa integridade, sen que
caiba levar a cabo esa espede de "disección" por "palabras, liñas ou parágrafos", como se
pretende na resolución impugnada.
A obtención, utilización ou revelación ilícitas dun segredo empresa rial comprometen a
capacidade do seu titular lexítimo para aproveitar as vantaxes que lle corresponden como
precursor polo seu labor de innovación.
Informa que a empres púxose por escrito ao dispor do solicitante,
para manter unha r , facilitar a información que correspondese,
sen obter resp ven desenvolvendo, como
· actual titular d as actuacións tendentes á reapertura da mina,
conforme as autorizacións e aprobacións administrativas outorgadas, polo que pon de relieve
o posible uso sesgado e parcial da documentación que poidan obter determinadas asociacións
ou grupos de presión.
@
,~
.; ~ ,t, (+34)98 1~9740 () Rúa do Hórreo, 65
15700, 5-nti~go de Compostela
t transpa, e1 í( ; ,:' A Coru ña
,,,,..
,.
.;,t 1
r ""=1!1·,·;,:•i
\)( ~ -.,!I.,~ t,;_l info@Comisiondatransparencia,ga-1 (J www.comisiondatranspartncia.ga1
De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, ao reclamante solicitóuselle a
acreditación da representación da empresa representación que
acreditou con data do 19 de xaneiro de 202 .
Segundo. Con data do 4 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 8 de xaneiro de 2021.
Terceiro. Con data do 26 de febreiro de 2021, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Economía, Empresa e lnnovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
Indica en primeiro lugar no oficio remitido, que dado que a resolución impugnada foi
recepcionada polo recorrente o 25/11/2020, cabería considerala extemporánea a
reclamación xa que se presentou con data do 28/12/2020.
No informe dos servizos técnicos do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial na
Coruña que acompaña ao oficio, faise constar que o obxecto da solicitude formulada polo ■
- o i o acceso á información da licencia de actividade, fotos da mina e dos terreos que
~ b a n , mapas dos terreos que ocupaba tanto da zona de procesado como da zona de
extracción do material, BOE e demais documentos públicos referidos á antiga explotación de
caolín realizada na concesión de explotación "Santa Bárbara" n2 1802, a cal forma parte do
do que a actual titular é
Con data do 28/09/2020 a Xefatura Territorial deu traslado á dita sociedade da solicitude de
acceso a información formulada, concedéndolle un prazo de quince días para que realizase as
alegacións que considerase oportunas e informado deste trámit e ao sol icitante
presentou alegacións con data do 2 de novembro de 2020, nas que
manifesta a súa oposición a que sexa concedido o acceso á documentación solicitada.
Con data do 13 de novembro de 2020, a Xefatu ra Territorial resolve permitir o acceso á
información sobre a antiga mina de caolín situada en Cuns no Concello de Coristanco,
concretamente á "Memoria da mina Santa Bárbara nº 1802", presentada o 05/12/1975 pola
nese momento titular e explotador do dereito mineiro.
Tras serlle comunicadas á Xefatura Territorial as resolucións da Comisión da Transparencia de
Galicia que poñen en cuest,ión a competencia das xefaturas territoriais para a resolución deste
.di t . Q~ 1+3-4) 9815697 40 () Rúa do Hórreo, 65
15700, Sant iago de Compõstela
' ,\ (
¡
. ~
.....
f.;.;;J [email protected] fJ
A Coruña
www.comisiondatransparer1eia.ga1
tipo de procedementos, con data do 16 de novembro de 2020 remitíuselle a resolución á
Secretaría Xeral da Vicepresidencia Segunda pa ra que se procedese a realizar a convalidación
polo órgano competente. Considera que a convalidación non é necesaria tras a publicación do
Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación (DOG n2 5, do
11/01/2021), que no seu artigo 36.2.1, atribúe aos xefes e ás xefas territoriais "a tramitación
e resolución das solicitudes de acceso á información públ ica respecto de expedientes cuxa
instrución e resolución corresponda á xefatura territorial, en canto órganos periféricos
competentes no ámbito funcional desta Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía,
Empresa e lnnovación".
Informa a Xefatura Territorial que as alegacións formu ladas por no
trámite de traslado a terceiros, son practicamente coincidentes coas da reclamación
presentada ante a Comisión da Transparencia, que foron analizadas e contest adas na
consideración legal e técnica 6 da Resolución de acceso.
Como se recolle na consideración legal e técnica 5 da Resolución de acceso, a información
solicitada refírese a unha explotación de caolín realizada na concesión de explotación "Santa
Bárbara" nº 1802, da que consta da Xefatura Territorial a memoria da mina presentada no
ano 1975 pola empresa entón titular. Na memoria descríbese a historia do dereito mineiro, a
técnica, produción, persoal, explotación, instalacións, talleres e equipos da minería de
wolframio e a técnica, produción, persoal, explotación, instalacións, talleres e equipos da
minería de caolín que se realizaba na época na concesión de explotación. Considera que este
documento de carácter técnico que define a explotación non pode incardinarse no ámbito
ambiental, polo que resu lta sometido ao réxime xeral de t ransparencia e acceso á
información.
Cuarto.- Con data do 18 de marzo de 2021, t en entrada no Rexistro do Valedor do Pobo oficio
da Xefa do Servizo de Ordenación e Coordinación da Vicepresidencia Segunda e Consellería
de Economía, Empresa e lnnovación, co que remite para a súa incorporación ao expediente
RSCTG 142/2020, a Resolución do 18 de marzo de 2021 de convalidación da resolución de
procedemento de acceso a información do 13 de novembro de 2020 ditada polo xefe
territ orial da Coruña no expediente AIP-Ml-0O2020/010.
De acordo coa dita resolución, convalídase pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e
Recursos Naturais a resolución do 13 de novembro de 2020, de acordo co disposto no artigo
52 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, por ser o superior xerárquico do que ditou o acto viciado,
outorgándolle de acordo co artigo 39.3 da citada Lei 39/2015, eficacia retroactiva aos actos
cando se diten en substitución de actos anu lados.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga!
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected] www.comisiondatransparencia.gat
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Segundo consta no expediente remitido, a resolución foi recepcionada polo recorrente con
data do 25 de novembro de 2020, e a reclamación interpúxose con data do 28 de decembro
do mesmo ano.
O artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, ao regular os termos e prazos, que se o prazo se fixa en meses ou
anos, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou
publicación do acto de que se trate. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a
(h !•34)981 56 9740 (:'} Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago<!<: Compostela
(~'.'¡
kj(
info@comisiondatraosparencia,gal @ www.c..orr:isiondatransp<1rencia.gal
notificación, e cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro
día hábil seguinte.
No presente caso, o último día de prazo era inhábil (25 de decembro), e o primeiro día hábil
seguinte foi o 28 de decembro, dado que os días 26 (sábado) e 27 de decembro (domingo)
foron días inhábiles, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Antes de entrar no fondo do asunto, debe examinarse os efectos que na resolución do 18 de
marzo de 2021, se lle dan á covalidación do acto administrativo recorrido.
De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 39/2015, a Administración pode convalidar
os actos anulables, considerándose que a convalidación realizada é conforme co dito artigo,
dado que o vicio consistiu en incompetencia non determinante de nulidade e a convalidación
realizouse polo órgano superior xerárquico competente segundo o disposto no artigo 27.3 da
Lei 1/2016, sen que conste que a dita resolución se notificase aos interesados no expediente
solicitante de acceso á información e a empresa
recorrente contra a dita resolución).
Na citada resolución, establécese que a convalidación terá efectos retroactivos dende a data
da sinatura da resolución convalidada, isto é, dende o 13 de novembro de 2020.
De acordo co disposto no artigo 52 citado, os efectos da convalidación prodúcense dende a
data na que se convalide, agás o disposto no artigo 39.3 para a retroactividade dos actos
administrativos. A eficacia retroactiva dos actos se pode outorgar de forma excepcional,
cando se produza en substitución de actos anulados ou cando produzan efectos favorables ao
interesado, sempre que esta non lesione dereitos ou intereses lexítimos doutras persoas.
No presente caso, a resolución de convalidación non se dita en substitución dun acto anulado,
nin produce efectos favorables a unha das partes interesadas, xa que se está a convalidar un
acto administrativo que o reclamante considera lesivo para os
seus intereses, polo que considérase que o punto segundo da resolución de convalidación do
18 de marzo de 2021, no que se lle outorga efecttos retroactivos á mesma, non é conforme a
dereito, debendo ter efectos unicamente a partir da data da resolución de convalidación (18
de marzo de 2021), e non dende a resolución convalidada (13 de novembro de 2020).
De conformidade co disposto no artigo 119.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, cando existindo vicio de
forma non se estime procedent e resolver sobre o fondo, ordenarase a retroacción do
procedemento ao momento no que o vicio foi cometido, polo que de acordo co anterior, debe
~ (+34)98156974-0 {. ,),
•W,-
Rua do Hórreo, 65
C-~~~~
1i.,,,..·J
[email protected] () WIIJW.c:omisiondat,ansparencia.gal
retrotraerse o expediente de convalidación, ditándose nova resolución con efectos da data na
que se dite, e notificárselle ás partes interesadas, con indicación dos recursos que proceden
contra a mesma, e indicándoselles que o prazo de interposición do recurso contencioso-
administrativo, de acordo co previsto na Lei 29/ 1988, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición
Contencioso-Administrativa, ou a reclamación potestativa ante o Valedor do Pobo contra a
Resolución do 13 de novembro de 2020 da Xefatura Territorial da Coruña pola que se concede
o acceso á información solicitada por deben contarse a partir do
día segu inte ao da notificación da resolución de convalidación da dita Resolución
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriorment e expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017),
ACORDO
Único: Declarar a non conformidade a dereito do parágrafo segundo da Resolución do 18 de
marzo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se
convalida a Resol ución do 13 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, da
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación pola que se
concede o acceso a á información da que se dispón na Xefatura
Territorial sobre a antiga mina de caolín situada en Cuns no Concello de Coristanco e instar a
que dite resolución de conva lidación desta con efectos da dat a na que se dite.
Contra esta resolución que pon fin á vía ad ministrativa unicament e cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisd ición contencioso-
administrativa .
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009()
Fecha: 2021 .03.30 11 :26:26 +02'00'
M aría Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.