El solicitante pidió a la Consellería de Política Social el detalle de fallecidos por COVID-19 desglosado por residencia. Alegó que solo se le facilitó el número total. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena retrotraer el expediente para realizar el trámite de audiencia a los centros privados antes de resolver.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada es considerada pública al ser adquirida por la Consellería de Política Social en el ejercicio de sus funciones.
2
La concesión de datos desglosados por centro puede afectar a derechos o intereses de los titulares de residencias privadas, justificando la apertura de un trámite de audiencia según el artículo 19.3 de la Ley 19/2013.
3
Se detectó que la administración no comunicó al solicitante la apertura del trámite de audiencia ni la suspensión del plazo para resolver, incumpliendo las garantías procedimentales.
4
Se ordena la retroacción del expediente al momento del trámite de audiencia para analizar las alegaciones y la posible afectación de los límites previstos en la Ley 19/2013 antes de emitir una resolución final.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 4 de
xaneiro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de febreiro de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 4 de xaneiro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 30
de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Persoas Maiores e con Discapacidade pola que
se lle concede acceso á información sobre datos dos que dispoña a Consellería de Sanidade
sobre o número de falecidos positivos por COVlD-19, que residían en cada unha das
residencias ou centros sociosanitarios de maiores e dependencia de Ga licia desde o 1 de
marzo de 2020.
O reclamante indicaba que a resolución do director xeral de Maiores e Persoas con
Discapacidade resolve conceder o acceso á información, porén só se lle facilita o número total
de falecementos, non o detalle de cada unha das residencias.
Segundo. Con data do 14 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Política Social para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia complet a e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l
Terceiro. Con data do 4 de febreiro de 2021 a Consellería de Política Social contesta a petición
remitindo informe e copia do expediente tramitado.
A Consellería comunica que a Comisión da Transparencia resolveu estimar a reclamación
presentada no expediente RSCTG 89/2020 retrotraéndose o expediente ao momento do
trámite de audiencia recollido no artigo 19.3 da Lei 19/2013, expediente que garda estreita
similitude co solicitado polo interesado. Tras recibir a resolución da dita Comisión, a Dirección
Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, con data de 08/01/2021 notificou aos centros
residenciais de titularidade privada e doutras administracións públicas a apertura dun trámite
de audiencia cun prazo de 15 días hábiles para que as entidades interesadas poidan formular
alegacións sobre a solicitude formulada, e en base ás alegacións que se reciban no trámite de
audiencia, resolveranse as dúas solicitudes de acceso de información pública.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
)
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a resolución impugnada é de data 30 de decembro de 2020 e a reclamación tivo
entrada no Valedor do Pobo o 4 de xaneiro de 2021, debe admitirse a mesma por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou da Consellería de Política Social datos sobre as persoas residentes en
centros de maiores da Comunidade Autónoma de Galicia que faleceron con positivo en Covid-
19 dende o 1 de marzo de 2020 ata a data da solicitude. A Consellería remítelle datos de
residentes en centros de maiores falecidos na residencia e falecidos en hospitais, pero sen
desagregar por residencias, tal e como solicitaba o interesado.
No expediente RSCTG 89/2020, resolto por esta Comisión con data do 22 de decembro de
2020, ante solicitude sobre datos de falecemento, desagregados por centro, en residencias de
titularidade privada e doutras administracións públicas, considérase que a información que se
solicita, é información adquirida pola Consellería de Política Social no exercicio das súas
funcións, polo que debe considerarse que é información pública, tendo interesado dereito a
que se lle proporcione. Dado que a concesión da información solicitada pode afectar a
dereitos ou intereses dos titulares das residencias privadas, a Comisión considerou que debía
abrirse o preceptivo trámite de audiencia de acordo co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013,
trámite do que debe informarse ao solicitante, comunicándolle así mesmo a suspensión do
prazo para ditar resolución ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo para a súa
presentación.
Dado o contido substancialmente igual da solicitude que agora nos ocupa coa do expediente
RSCTG 89/2020, considérase necesario que a Consellería remate o mesmo para dar a
información que proceda ao interesado.
Debe lembrarse que nos casos nos que se abra o trámite de audiencia, debe comunicárselle o
mesmo ao solicitante, así como a suspensión do prazo para resolver, comunicación que neste
caso non figura no expediente, e que debeu facerse.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo a
Consellería de Política Social proceder á retroacción do expediente ao momento do trámite
de audiencia, para que unha vez analizadas as alegacións que se presenten e a posible afección
dos límites previstos na Lei 19/2013, se resolva o que proceda.
t,
a-f$ u~,~ ~···
0 \ +34) 9815691 40 Rua do Hórreo, 65
15100, S.-,ntiago de Compostela
· ~ tr;::-m\¡ú-irencia A Coru ña
·i. ··
•t
Calici;-1 O [email protected] www.t omisiondatrans parencia.gat
A resolución que se dite debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento da
reclamación potestativa ante esta Comisión e do correspondente recurso contencioso-
administrativo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
Resolución do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Persoas Maiores e con
Discapacidade pola que se lle concede acceso á información sobre datos de falecidos con
positivo por Covid-19 residentes en centros de maiores.
Segundo: Instar a Consellería de Política Social a que unha vez finalizado o trámite de
audiencia, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada,
respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Política Socia l a que, no prazo máximo de 15 días hábiles
dende que se dite resolución, remita a esta Comisión da Transparencia copia da mesma e do
envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 202 1.02.24 11 :35:16 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
r: