Se solicitó a la Consellería de Cultura, Educación y Universidad de Galicia el listado de aportaciones económicas extraordinarias a centros docentes para gastos por COVID-19. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación ya que la información es pública y la respuesta de la Consellería fue incompleta al omitir los importes.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada es considerada pública al ser contenidos en poder de la Administración elaborados en el ejercicio de sus funciones para conocer el destino de fondos públicos contra la pandemia.
2
Se admite la reclamación pese al silencio administrativo basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016.
3
La resolución estima la reclamación debido a que la Consellería remitió una relación de centros pero omitió la dotación económica desagregada, incurriendo en un error en la entrega de la información.
4
Se recuerda a la Administración que el incumplimiento reiterado del plazo de respuesta de un mes constituye una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 18 de
xaneiro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de febreiro de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 18 de xaneiro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude ante a Consellería de Cultura, Educación e
Universidade, de acceso ao listado de achegas económicas directas extraordinarias aos
orzamentos de cada centro docente público de educación primaria, secundaria obrigatoria e
especial dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizadas para facer
fronte a gastos de organización e funcionamento no curso 2020-21 derivados da COVID-19.
O reclamante indicaba que non tivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu DNI.
Segundo. Con data do 20 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
Terceiro. Con data do 8 de febreiro de 2021 a Consellería de Cultura, Educación e Universidade
contesta a petición, informando que a Consellería realizou as xestións necesarias para que aos
centros docentes públicos de t itularidade da consellería de educación primaria, secundaria
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
, [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
obrigatoria puideran dispoñer, ademais da dotación economIca precisa para o seu
funcionamento ordinario, da necesaria para afrontar os gastos derivados da pandemia da
Covid-19. Acompaña o informe cunha relación dos centros afectados e o importe achegado
desagregado por provincia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
/
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
~t (+34) 98 156 97 40 () Rúa cio Hórreo, 65
"'" [email protected]
(~J ~ wv,w.<0mislonclatraosparencía.gal
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non resolveu dentro do prazo ordinario
dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que procede admitir a reclamación
present ada con data do 18 de xaneiro de 2021 ..
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Cu ltura, Educación e Universidade as achegas
económicas directas extraordinarias aos orzamentos de cada centro docente públ ico de
educación primaria, secundaria obrigatoria e especial dependente desa Consellería, realizadas
para facer fronte a gastos de organización e funcionamento no curso 2020-21 derivados da
COVID-19.
A información solicitada, debe considerarse información pública, ao t ratarse de contidos en
poder da Consellería, obtidos ou elaborados no exercício das súas funcións, tendo a petición
de información a fina lidade de coñecer os medios económicos públicos que se destinaron de
forma extrarodinaria para a loita contra a pandemia provocada polo Covid-19.
A Consellería informa que dotou economicamente aos centros para afrontar os gastos
derivados da pandemia da Covid-19, e acompaña unha relación na que afirma que figura os
importes achegados a cada centro, desagregado por província . O certo é que na relación que
envía a Consellería, figuran os centros, pero non a dotación económica desagregada
(enténdese que se omitiu esa información por erro), sen que conste que a dita información se
lle remitise ao solicitante. De acordo co anterior, procede estimar a reclamación presentada,
debendo a Consellería, remitir ao solicitante a información completa sobre dotación
económica a centros educativos de titularidade pública.
Debe lembrarse á Consellería de Cultura, Educación e Universidade a súa obriga de resolver
as solicitudes de acceso á información dentro do prazo dun mes que establece o artigo 27.4
da Lei 1/2016 e a consideración do seu incumprimento reiterado como infracción grave para
os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na correspondente
normativa, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada po con data do 18 de
xaneiro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ante a
info@cornísiondalransparencia.gat www.c.omis1ondatransparencia.ga1
Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acceso ao listado de achegas económicas
directas extraordinarias aos orzamentos dos centros docentes públicos realizadas para facer
fronte a gastos de organización e funcionamento no curso 2020-21 derivados da COVID-19.
Segundo: Instar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a que, no prazo máximo
de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a que, no prazo máximo
de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.02.24 11 :35:39 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.