Inadmitida 23/02/2021 · 33 días en resolverse

Inadmisión de reclamación de acceso a información sobre especies exóticas invasoras por competencia de la normativa ambiental

Se solicitó a la Comisión da Transparencia de Galicia el acceso a informes sobre especies exóticas invasoras tras la falta de respuesta a un recurso de alzada contra la Consellería de Medio Ambiente. El organismo inadmitió la reclamación por carecer de competencia, ya que la información es de naturaleza ambiental y se rige por la Ley 27/2006.

Puntos clave de la argumentación

1 La Ley 19/2013 tiene un carácter supletorio frente a materias con regulación específica de acceso a la información, como ocurre con la información ambiental.
2 La información solicitada sobre especies exóticas invasoras encaja en el concepto de información ambiental definido en el artículo 2 de la Ley 27/2006.
3 El concepto de información medioambiental es amplio y abarca cualquier actividad o medida administrativa que pueda afectar o proteger el estado de los elementos del medio ambiente.
4 Al tratarse de información ambiental, el procedimiento correcto es el recurso establecido en la normativa específica y no la reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por en representación de - ~ e d i a n t e escrito do 21 de xaneiro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de febreiro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único.- en representación de presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 21 de xaneiro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de contestación ao recurso de alzada presentado contra a resolución do 12 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se resolve parcialmente a súa solicitude de acceso a informes sobre especies exóticas invasoras que foron motivo de tramitación de denuncias. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/ 2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@cornísiondatransparencia.gal www.c.omisiondatransparencia.gal previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.gal criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente O interesado presentou unha reclamación contra a falla de contestación ao recurso de alzada presentado contra unha resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural pola que se resolve unha solicitude de acceso á información ambiental de acordo co disposto na Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na citada Lei 27/2006, do 18 de xullo, que no seu artigo 2.3 considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións. Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27 /2006, e nas Directivas Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio ambiente aos que se refire a Directiva. (+34)9815697 40 Rúa do Hórteo, 65 15700, S3ntiago de Compost ela ACoruña ~} [email protected] ~ www.tomisiondatransparencia.ga1 ~,, De acordo co anterior, a solicitude de acceso á información presentada ante a Consellería de Medio Ambiente, refírese a materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental do artigo 2 da citada Lei 27/2006, polo que foi tramitada de acordo co procedemento, e contra a súa resolución procede a interposición do recurso establecido na dita normativa, é dicir, de recurso de alzada ante a Consellería de Medio Ambiente, ta l e como figura na resolución, e non reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia, que carece de competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se solicita. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único : lnadmitir a reclamación presentada por en representación de contra a falla de contestación ao recurso de alzada presentado contra a resolución do 12 e marzo de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.02.24 11 :36:25 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. !\