Se solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia copia de los planes de contingencia del área sanitaria de Vigo contra el SARS-CoV-2. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración concedió el acceso a la información fuera de plazo y tras interponerse la reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible al haberse presentado en plazo frente a una resolución presunta por silencio administrativo.
2
El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
3
La información solicitada sobre planes de contingencia sanitaria se considera información pública según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la Consellería de Sanidade dictó resolución concediendo el acceso fuera del plazo legal establecido.
5
Se advierte a la administración que el incumplimiento reiterado de los plazos de resolución es una infracción grave sujeta al régimen disciplinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencla de Gallcia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 8 de xaneiro
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de marzo de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 8 de xaneiro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de
Sanidade, de obtención de copia do pian ou plans de continxencia activado(s) pola a área
sanitaria de Vigo contra a pandemia de SARS-CoV-2, o vírus que provoca o covid-19, e que
estivese en vigor no momento de resolver a solicitude.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, e do seu DNI.
Segundo. Con data do 13 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de xaneiro de 2021.
Terceiro.- Con data do 12 de marzo de 2021, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
oficio da Consellería de Sanidade no que informa que con data do 11 de marzo de 2021,
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
ditouse resolución pola que se estima a solicitude de acceso á información do interesado.
Xunto co oficio, remite copia do expediente, na que consta a solicitude de información do
interesado e a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade de data do
11 de marzo de 2021, con xustificante de recepción da notificación por parte do interesado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reei amacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
J
(+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
í[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
(~ (•34) 98156 97 40 R(J3 do Hórreo, GS
15700, Sant iago de Compostela
ACo,uña
f~ i~'-'
~'.) [email protected] ~ www.comisiondatrans.parêttcia.ga1
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calq uera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo
que o artigo 27.4 da Lei 1/ 2016 establece, senón que o fixo un ha vez que o interesado tiña
presentada reclamación ante a Comisión da Transparencia, polo que polo que debe admitirse
a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso á Consellería de Sanidade, de obtención de copia do pian ou
plans de continxencia activado(s) pola a área sanitaria de Vigo contra a pandemia de SARS-
CoV-2, o virus que provoca o covid-19, e que estivese en vigor no momento de resolver a
solicitu de, información que de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da
Lei 19/2013, debemos considerar como información pública.
A Consellería, aínda que fóra do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, ditou
resolución expresa concedendo o acceso ao solicitado mediante a remisión de copia do pian
estratéxico asistencial activado(s) pola a área sanitaria de Vigo contra a pa ndemia de SARS-
CoV-2, polo que procede en consecuencia, estimar por motivos formais, a reclamación
presentada.
Debe lembrarse á Consellería de Sanidade a súa obriga de resolver as solicitudes de acceso á
información dentro do prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016 e a
consideración do seu incumprimento reiterado como infracción grave para os efectos da
aplicación aos responsables do réxime disciplina rio previsto na correspondente normativa, de
acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia, En base aos feit os e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a
Comisión da Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada po
con data do 8 de xaneiro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, de obtención de copia do pian ou plans
de continxencia activado(s) pola a área sanitaria de Vigo contra a pandemia de SARS-CoV-2, o
vírus que provoca o covid-19, e que estivese en vigor no momento de resolver a solicit ude.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
ACoruna
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga\
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.03.29 12:59:54 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.