Un centro de formación solicitó a la Consellería de Cultura, Educación y Universidad de Galicia un informe desfavorable de inspección y sus parámetros. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, rechazando que se exija el uso de formularios específicos para información particular.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de acceso a un informe educativo finalizado debe tramitarse como acceso a información pública según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
2
El derecho de acceso a la información pública no obliga al solicitante a motivar su petición.
3
La Administración tiene la obligación de orientar y asesorar al ciudadano, ofreciendo modelos normalizados solo para fomentar la presentación, no como requisito obligatorio.
4
No procede denegar una solicitud por no utilizar un formulario específico de 'información particular' si la identidad del solicitante y la información requerida están claras.
5
En caso de defectos en la solicitud, la Administración debe requerir la subsanación según el artículo 68 de la Ley 39/2015 antes de desistir la petición.
6
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave para los responsables según el régimen disciplinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada po , en representación d ~
mediante escrito do 13 de xaneiro de 2021, e considerando
os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifica n a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 23 de marzo de 2021, adopt a a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. , en representación do
- presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 13 de xaneiro
de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo gobe rno, contra a desestimación por silencio administrativo da
súa solicitude de acceso ante Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Delegación
Territorial de Pontevedra, ao informe desfavorable emitido pola inspección educativa sobre o
, e os parámetros util izados para realizar o informe
sobre o centro.
O reclamante indicaba que no ano 2020 pola inspección da Delegación de Educación en Vigo
realizouse un informe negat ivo do seu centro para os concertos educativos, sen visitar o
centro nin solicitar ningunha información sobre o mesmo.
Despois da negativa da inspectora para dar acceso ao informe, solicitouse vía email á
inspección educativa en Pontevedra e posteriormente ao Delegado Territorial de Educación
¡¡
5 f. ' .
"' (+34)981 5697 40 o Rúa do Hórreo, 6S
15700, Santiago d e Co mpcstela
',. .:i} ., f ► , • .r·¡ (' ;i ,r.•
· .. ,--·i 1··1 e,-,~,''()
~ · o \ i r:
A Coruña
~:i ~,1 Gtilh ¡,, {;;J [email protected] e www.comisiondatransparencía.ga1
sen obter resposta. Solicitan o informe dado que no ano 2021 volven a participar na
adxudicación de concertos educativos e descoñece cales son os parámetros que se utilizan
pola delegación para realizar o informe sobre o seu centro.
De conformidade co disposto nos artigos 5 e 11 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, ao reclamante se lle
solicit ou que acreditase a representación de do Centro de Formación que di exercer, por
calquera medio válido en dereito, así como acreditar a súa identidade mediante a remisión de
copia do seu DNI, acreditación e identificación que realizou dentro do prazo concedido ao
efecto,
Segundo. Con data do 20 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente,
A recepción da solicitude pola administración foi o 3 de febreiro de 2021.
Terceiro. Con dat a do 23 de febreiro de 2021 a Consellería de Cultura, Educación e
Universidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude de información pública presentada polo
reclamante resolveuse e notificouse ao interesado con data do 14 de xaneiro de 2021,
constando recepción por parte deste o mesmo día.
Engade que o reclamante xa presentara queixa ante o Va ledor do Pobo po la mesma
circunstancia (T.6.0/3382/20) e a Consellería emitiu o correspondente informe o 21/10/2020
no que se indicaba que, como interesado no procedemento, debía
solicitar formalmente o informe a través do formu laria PROBA-Información particu lar.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Tronsparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa, Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións dit adas polas Adm inistracións das Comunidades
(+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
e (•3-4) 9815697 40 ((..~~.
'%. <f!
Rúa do Hórreo, GS
15700, San tiago de Compostela
A. Coruña
Ô
\~.·:)'i
info@comisiondatransparen<ia.ga1 e www.comlsiondatransp3rOn-da.ga1
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fron te ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/ 2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa .
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non resolveu a solicitude de acceso á
información dentro do prazo que establece o artigo 27.2 da Lei 1/2016, polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou o acceso á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a un
informe desfavorable emitido pola inspección educativa sobre
, e os parámetros utilizados para realizar o informe sobre o centro, que
debemos entender que forma parte dun expediente que na data da solicitude, 1 de decembro
de 2020, estaba finalizado. A finalidade de obtención da información, era volver a participar
no ano 2021, no procedemento de adxudicación de concertos educativos, para o que
necesitan coñecer os parámetros que se utilizan para a realización do informe que serve de
base á adxudicación dos concertos. Por tanto, a solicitude presentada debe entenderse como
unha solicitude de acceso á información pública, de acordo co disposto nos artigos 24 da Lei
1/2016 e 13 da Lei 19/2013.
~.,,
f!\\ (•34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, G5
15700, Santiago de Compostela
~-} [email protected] www.comisíondatransparencia.gal
\;.
Se ben a Consellería informa que a solicitude de acceso á información resolveuse e notificouse
ao interesado con data do 14 de xaneiro de 2021, engade que o reclamant e xa presentara
queixa ante o Valedor do Pobo pola mesma circunstancia (T.6.Q/3382/20) e a Consellería
emitiu o correspondente informe o 21/10/2020 no que se indicaba que, como interesado no
procedemento, debía solicitar formalmente o informe a través do formulario PRO13A-
lnformación particular.
A este respecto, é necesario lembrar que o artigo 17 da Lei 19/2013, establece que as
solicitudes de acceso á información poden presentarse por calquera medio que permita ter
constancia da identidade do solicitante, da información que se solicita, unha dirección de
contacto e de ser o caso, a modalidade na que prefira acceder á información. O artigo 26 da
Lei 1/2016, establece que a Administración ten a obriga de orientar e asesorar ao cidadá para
o exercicio do seu dere ito de acceso, e para fomentar a presentación de solicitudes, a
Administración ofrecerá modelos normalizados de solicitude.
Por tanto, se ben a Consellería, no caso de que considera que a solicitude non reunía os
requisitos que establece o citado artigo 27, debe de conformidade co disposto no artigo 68 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas, requiri lo para que a emende, con indicación de que, si así non o fixera, se lle terá por
desistido da súa petición, pero sen que proceda, en ningún caso, non resolver ou denegar a
solicitude polo feito de que non estea presentada nun formu lario que foi creado para obter
información part icular, ou nun formulario creado para fomentar a presentación electrónica
de solicitudes.
De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada,
debendo lembrar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade que de acordo co
disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver
en prazo t en a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos
responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora .
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
en representación d con data do 13 de xaneiro de
2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á
información ante Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Delegación
Territorial de Pontevedra, sobre o informe desfavorable emitido pola inspección educativa
., t
. ., ~t . , r·f. . :. • , : . 0 {•34)9815697 ◄0 .:'.,~.
"4:1*
Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago d e Compostela
;~; ti <1n'.•{1hrencia ACO(uña
:::., ·· <·ú:1Ucia f:!.'i
•, r,.,,F info@coml$iondatransparenda.ga1 (¼!1:- www.comisioodatransparencia,gat
sobre o , e os parámetros utilizados para realizar o
informe sobre o centro
Contra esta resolución que pon fin á vía adm inistrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.03.29 13:01 :21 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.