Estimada 23/03/2021 · 64 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a expedientes de distribuidoras eléctricas estimada por motivos formales

Se solicitó a la Vicepresidencia Segunda y Consellería de Economía, Empresa e Innovación el acceso a expedientes abiertos a distribuidoras eléctricas por cortes de suministro. Tras un silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración dictó resolución expresa después de interpuesta la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, según la doctrina del Criterio Interpretativo 1/2016 y la Ley 39/2015, los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento.
2 La administración no resolvió la solicitud de acceso en el plazo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016, incurriendo en silencio administrativo.
3 La Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais concedió finalmente el acceso a la información a pesar de la oposición de catorce empresas distribuidoras.
4 El acceso efectivo a la información queda supeditado al transcurso del plazo para interponer recurso contencioso-administrativo contra la resolución, conforme al artículo 22.2 de la Ley 19/2013.
5 La estimación de la reclamación se basa en motivos formales debido a que la resolución expresa de la administración fue posterior a la interposición de la reclamación ante el órgano de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 18 de xaneiro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de marzo de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de xaneiro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ante Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, de acceso aos expedientes abertos ás empresas distribuidoras de electricidade dos que a Xunta comunicou publicamente que procedía a abrir o 6 de febreiro de 2017, tras os cortes de subministro rexistrados nos días previos t ras un temporal. O reclamante indicaba que o 15 de outubro de 2020 presentou a petición de acceso a información, e con data do 13 de novembro de 2020 recibiu notificación de suspensión de prazo para resolver para someter a petición a alegacións de terceiras empresas interesadas, e case dous meses máis tarde, non ten ningunha resposta. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l Segundo. Con data do 20 de xaneiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 28 de xaneiro de 2021. Terceiro. Con data do 1 de marzo de 2021 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación contesta a petición remitindo copia do expediente e informe, no que manifesta que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu sobre a solicitude de acceso á información con data do 22 de febreiro de 2021, e notificada ao interesado, se ben ao existir oposición de terceiros o seu acceso non terá lugar ata que transcorra o prazo sinalado no artigo 22.2 da Lei 19/2013. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e ditou resolución expresa unha vez que o interesado tiña presentada a reclamación, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou o acceso aos expedientes abertos ás empresas distribuidoras de electricidade dos que a Xunta comunicou publicamente que procedía a abrir o 6 de febreiro de 2017, tras os cortes de subministro rexistrados nos días previas tras un temporal. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por considerar que o acceso á información podería afectar a dereitos ou intereses de terceiros debida mente identificados, de conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, con data do 12 de novembro de 2020, deu traslado da solicitude ás empresas distribuidoras de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia, pola súa condición de titulares dos expedientes afectados, con suspensión do prazo para resolver. Dentro do prazo concedido, manifestaron a súa oposición catorce empresas e na resolución ditada pola Dirección Xeral, que se notificou ao interesado, se analizan os motivos da dita oposición, á luz da normativa vixente en materia de Transparencia e se resolve conceder o acceso á información solicitada. De acordo co disposto no artigo 22.2 da Lei 19/2013, o acceso á información non pode ter lugar ata que transcorra o prazo para interpoñer recurso contencioso administrativo contra a dita resolución sen que se formalizase este, ou fose resolto o recurso contencioso- administrativo confirmando o dereito para recibir a información. Por tanto, dado que a resolución expresa ditada neste procedemento, ditouse con posterioridade á interposición da reclamación, procede a estimación da mesma por motivos formais. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, '11 ~ (+34)981 569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago d e Compostela CJ info@(omisiondatransparencia.ga1 www.comisiondatransparencla.ga! ACORDA Único : Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por con data do 18 de xaneiro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ante Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, de acceso aos expedientes abertos ás empresas distribuidoras de electricidade tras os cortes de subministro rexistrados nos días previos tras un temporal. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tri bunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 2021.03.29 13:02:1 7 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. l,