Se solicitó a la Consellería de Sanidade el número de usuarios de la tarjeta sanitaria por municipios y centros hospitalarios. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó entregando la información fuera de plazo.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada sobre usuarios de la tarjeta sanitaria se considera información pública al haber sido elaborada por la Consellería en el ejercicio de sus funciones.
2
Se admite la reclamación por presentada en plazo, considerando que la resolución expresa de la Consellería fue notificada el 10 de marzo de 2021.
3
La reclamación se estima por motivos formales debido a que la administración concedió el acceso a los datos solicitados, aunque lo hizo fuera del plazo legal.
4
Se recuerda a la Consellería de Sanidade que el incumplimiento reiterado del plazo de un mes para resolver solicitudes de acceso es una infracción grave según el régimen disciplinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 22 de
febreiro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de marzo de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 22 de febreiro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ranspa rencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade,
información sobre o número de usuarios e usuarias da tarxeta sanitaria do Servizo Galego de
Saúde por concellos e por cada un dos hospitais públicos de Galicia e ó centro hospitalario
concertado de Povisa en Vigo.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resposta á mesma e do seu
e do seu DNI.
Segundo. Con data do 4 de marzo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga t
Terceiro. Con data do 11 de marzo de 2021, o interesado remite escrito no que comunica que
con data do 10 de marzo a Consellería de Sanidade lle deu traslado dos datos solicitados,
mediante un correo electrónico remitido pola Secretaría Xeral de Planificación Sanitaria e
Aseguramento.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
~ (• 34)981 $697 40 O Rúa do Hórreo, 65
15700, San tiago de Compostela
ACoruña
e~~
<w:,}l',
info@comisiondattansparen<ia.gat O www.comlslondatransparen<la.ga1
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O interesado solicitou acceso á información con data do 17 de xaneiro de 2021, sen obter
resolución dentro do prazo dun mes que o artigo 27.4 da Lei 1/2016 establece, polo que
téndose ditado resolución expresa pola Consellería de Sanidade que se lle notificou con data
do 10 de marzo de 2021, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade acceso aos datos sobre o número de usuarios
e usuarias da tarxeta sanitaria do Servizo Ga lego de Saúde por concellos e por cada un dos
hospitais públicos de Galicia e ó centro hospitalario concertado de Povisa en Vigo, información
que debemos considerar información pública por entender que se trata de información
elaborada pola citada Consellería no exercicio das súas funcións.
A Consellería, aínda que fóra do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, pronunciou
resolución expresa concedendo o acceso ao solicitado mediante a remisión dos datos ao
interesado polo que procede en consecuencia, estimar por motivos formais, a reclamación
presentada.
Debe lembrarse á Consellería de Sanidade a súa obriga de resolver as solicitudes de acceso á
información dentro do prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016 e a
consideración do seu incumprimento reiterado como infracción grave para os efectos da
aplicación aos responsables do réxime disciplina rio previsto na correspondente normativa, de
acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por
con data do 22 de febreiro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, información sobre o número de usuarios
e usuarias da tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde por concellos e por cada un dos
hospitais públicos de Galicia e ó centro hospitalario concertado de Povisa en Vigo.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.03.2913:03:14 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.