El solicitante pidió al Concello de Redondela acceso a expedientes sobre vertidos y construcción de una fábrica de AUCOSA. Alegó que solo recibió parte de la documentación. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la parte de vertidos por ser información ambiental (sujeta a ley específica) y desestimó la de construcción porque el acceso ya se había facilitado previamente.
Puntos clave de la argumentación
1
La información relativa a autorizaciones de vertido a la red de saneamiento se califica como información ambiental según la Ley 27/2006.
2
Al existir un régimen jurídico específico para la información ambiental, la Ley 19/2013 de transparencia tiene un carácter meramente supletorio.
3
La Comisión carece de competencia para resolver reclamaciones sobre información ambiental, debiendo tramitarse según su normativa específica.
4
Se desestima la reclamación sobre el expediente de obra mayor al acreditarse que el Ayuntamiento puso la documentación a disposición del interesado tanto presencial como telemáticamente.
5
El hecho de que el interesado no accediera a la sede electrónica ni acudiera presencialmente no implica una denegación de acceso por parte de la Administración.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 23 de febreiro
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 23 de marzo de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 23 de febreiro de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a Reclamación contra a Resolución do 9 de febreiro de 2021, do Concello de Redondela
pola que se lle da acceso a parte do contido do expediente e 792/2021.
O reclamante indicaba que solicitou acceso ¡presencial ou telemático aos expedientes
completos de Aucosa: 1701/17 de autorización de verquido; analíticas de verquido;
3429/2020 construción de fabrica de coproductos de atún. Indica que con data do 10 de
febreiro de 2021, por vía telemática recibiu un arquivo que contén parte do expediente
792/2021, sen que no mesmo conste a solicitude de AUCOSA para obter o permiso de
vertedura á rede de saneamento municipal, o proxecto técnico, a memoria t écnica descrit iva
do proceso de produción, e memoria técnica da estación depuradora da factoría, os planos de
detalle das instalacións e localización da arqueta de vertedura.
Non se lle deu acceso ao expediente de obra maior 3429/2020 para a construción dunha
fábrica de transformación de coproductos de atún presentado por Aucosa .
: ,~. (+34)981 569740 t 'J' Rúa do Hórreo, 65
rf 15700, S3nti,go de Composltla
'e tr;-1J1 ::,¡ ,,n ('¡ :( 1( A Coruña
-!~ ¡ c;a\k i;-1 (:) info®comisi.ondatJansparencia.gal (:i www.comisiondatransparencia.gal
O escrito viña acompañado de copia do seu DNI.
Segundo. Con data do 4 de marzo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante Concello de Redondela para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 10 de marzo de 2021 o Concello de Redondela contesta a petición
remitindo copia do expediente 729/2021.
Con data do 12 de marzo de 2021, o Concello remite informe sobre o acceso ao expediente
3429/2020 de construción de fábrica de coprodutos de atún, do que remite link para a
descarga do expediente e informe sobre o acceso aos expedientes 1701/2017 e 729/2021.
No referente ao expediente 3429/20, relativo á tramitación da licenza de obra con
comunicación previa de actividade solicitada pola mercantil Auxiliar Conservera, S.A.
(AUCOSA), para ampliación de complexo industrial para nova planta para a actividade de
transformación de coproduto de atún, infórmase que a solicitude se
presentou con data do 16 de novembro de 2020 para acceso presencial e telematico, e
mediante escrito asinado pola alca ldesa mesma data do rexistro de entrada púxoselle a súa
disposición o expediente, tanto a través da sede electrónica como presencial.
Posteriormente o volveu a solicitar o acceso ao expediente con data do 07
de decembro de 2020, data na que o expediente estaba aberto para a súa visibilidade, púideno
acceder, ben a través da sede electrónica, ou ben presencial.
Auxiliar Conservera, S.A. (AUCOSA) presentou escrito con data do 17 de decembro de 2020,
solicitando a denegación de acceso ao expediente polo interesado. Por Resolución da alcaldía
do 18 de decembro de 2020, se rexeita a solicitude formulada pola mercantil, recollendo nas
consideración legais do informe, o dereito o acceso a información do
poñéndose a súa disposición a través do medio de notificación elixido, electrónico, a cal logo
de transcorrer o prazo, xerouse no exped iente electrónico un documento de xustificante de
rexeitamento na sede electrónica polo devandito suxeito.
Posteriormente, ante a solicitude pola mercantil de desistencia da tramitación do expediente,
ditouse Resolución da Alcaldía do 25 de xaneiro de 2021, aceptando a desistencia e
arquivando as actuacións obrantes no expediente, do cal informouse ao
Logo do arquivo do expediente, procedeuse a retirar a visibilidade dos documentos obrantes
no expediente aos terceiros obrantes no expediente, á mercantil Auxil iar Conservera, S.A. e a
/
Qli (+34) 9815697 40 f'.'·'ff.
~,.,')¡. Rlia do Hórreo, 65
15700, Santiogo de Composte la
AC01uña
( j inío@<:omisioodatr anspa,e,ocia.gat
,~,..;,,.,
~(Ji WVIW,c.omisiondatransparencia.gat
Ante o último escrito do 10/02/2021 presentado polo a poucos días de
retirarse a visibilidade, no que entre outros expedientes, solicitou acceder a este expediente,
contestouse que o mesmo estaba arquivado.
Pode c o n s t a t a r ~ n t o s obrantes no expediente, que dende a solicitude
formulada polo - o 16 de novembro de 2020, data na que se lle deu acceso
ao expediente e manténdose a súa visibilidade telemática ata pouco despois do seu arquivo,
as distintas resolucións que se ditaron no expediente lle foron trasladadas, sen que conste a
súa comparecencia presencia l nas oficinas do departamento de urbanismo para o exame do
expediente, como así tiña solicitado.
En relación coa reclamación formulada sobre o acceso dos expedientes 1701/2017 e 729/2021
informa que expedient e 1701/2017 corresponde ao rexistro municipal de permisos de vertido
á rede pública de saneamento de acordo co disposto no Decreto 141/2012, do 21 de xuño,
polo que se aproba o Regulamento marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de
Augas Residuais de Galicia. O expediente 792/2021 creouse expresamente para dar acceso á
persoa solicitante da documentación íntegra relativa ao permiso de vertido de Auxiliar
Conservera e o acceso á documentación polia persoa solicitante verificouse con dat a
10.02.2021
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entijdades locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devandit as
reclamacións.
.3
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comísiondatransparenôa.gat W\tJW.comisiondatransparencia.gal
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
(•34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
info@comi~iondalransparencia.gat www.tomisiondatransparencia.ga!
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 11 de Febreiro de 2021 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do
Pobo con data do 23 de Febreiro de 2021, debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou ao Concello de Redondela o acceso aos expedientes 1701/17 de
autorización de verquido; analíticas de verquido e 3429/2020 construción de fabrica de
coproductos de atún. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do
seu criterio mediante a remisión de informe que non se recibiu, xa que o Concello remite
unicamente copia do expediente de solicitude de acceso á información do 1701/17, sen que
se faga referencia algunha ao expediente 3429/2020.
Do expediente 1701/17, o interesado afirma que se lle remitiu unicamente unha parte do
mesmo. Do expediente 1701/17, pode deducirse que o mesmo, ao tratarse dun expediente
de autorización de verquido por unha fábrica, o seu contido ou a meirande parte do mesmo,
é información ambiental, polo que, de conformidade co disposto na Disposición Adicional
Primeira da Lei 19/2013, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no
procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, debe
tramitarse pola súa normativa específica que é a Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se
regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza
en materia de medio ambiente.
A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha
regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información
ambiental, que se atopa regulada na citada Lei 27 /2006.
(~i',
'-."". ..
(+34)98156 97 40 Rua do Hórreo, 65
15700, San,;ago de Comp.,stela
{::, [email protected] {$,fi www.comisiondatransparencia.gal
O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita,
visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos
elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc.. ) os factores, tales como
substancias, enerxía, ruído etc. que afecten ou poidan afectar os elementos do medio
ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como
políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes
sobre a execución da lexislación ambiental, o est ado da saúde e seguridade das persoas,
condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións.
Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas
Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas
sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información
medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos
do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos
devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do
medio ambient e, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de
medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a
autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercício de actividade
administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa
sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración
constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio
ambiente aos que se retire a Directiva.
De acordo co anterior, non cabe senón concluír que o expediente 1701/17, referente á
autorización de vertedura á rede de saneamento municipal de augas residuais derivadas da
actividade dunha empresa, refírese a materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do
concepto de información ambiental do artigo 2 da citada Lei 27/2006, polo que debe ser
tramitada de acordo co procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos
de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver sobre esta
materia, polo carácter ambiental da información que se solicita.
Respecto do acceso ao expediente 3429/2020, expediente de licenza que ten por obxecto de
construción relativo á tramitación da licenza de obra con comunicación previa de actividade
solicitada pola mercantil Auxiliar Conservera, S.A. (AUCOSA), para ampliación de complexo
industrial para nova planta para a actividade de transformación de coproduto de atún, o
Concello informa que o solicitou o seu acceso presencial e telemático, con
data do 18 de decembro de 2020, púxoselle a súa disposición o expediente, tanto a través da
sede electrónica como presencial. O Interesado non accedeu telematicamente ao expediente,
polo que logo de transcorrer o prazo, xerouse no expediente electrónico un documento de
xustificante de rexeitamento na sede electrón ica polo devandito suxeito, e sen que conste
t 1-.\i, (+34) 98.l 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
'ti1»-
·t. 15700, Santiago d~ Compostela
'•t
l. •f~M.._,j !;;. r•,..~ ¡ í't!•,... t ";"} A Coruña
• .,'> tJ<> ~ 1.., l "M• • { .(
.. li
1 1
'~t c:st>i1t ~;J (';1
~.vt-.>"
inlo@cornisíondatransparencia.ga1 www.comisiondatransparencia.gal
que comparecese nas oficinas do departamento de urbanismo para o exame do expediente,
como así tiña solicitado.
Así mesmo, o Concello informa que con data do 25 de xaneiro de 2021, ditouse resolución da
alcaldía pola que se acepta a desistencia de Auxiliar Conservera, S.A. (AUCOSA) do ex ediente
3429/2020, polo que se procede ao seu arquivo, do que se informe ao
De acordo co anterior, constátase que o Concello deu acceso ao interesado ao expediente
3429/2020, sen que este accedese por vía t elemática, nin presencial, como tiña solicitado,
polo que procede a desestimación da reclamación contra a solicitude de acceso ao mesmo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por con data do 23 de
febreiro de 2021, contra a Resolución do 9 de febreiro de 2021, do Concello de Redondela
pola que se lle da acceso a parte do contido do expediente e 792/2021, por tratarse de
información de contido ambiental que debe tramitarse de acordo coa súa normativa
específica e desestimala en canto ao aceso ao expediente 3429/2020.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día segu inte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021.03.30 11 :27:57 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.