Estimada 27/04/2021 · 82 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso al inventario de caminos públicos del Concello de Abegondo estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

Se solicitó al Concello de Abegondo el inventario de caminos públicos de O Pazo y Santín (1993-2020). Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), el interesado reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena entregar la información, ya que el ayuntamiento no justificó ningún límite legal al acceso ni respondió a los requerimientos del órgano.

Puntos clave de la argumentación

1 El inventario de caminos municipales se define como información pública según los artículos 24 de la Ley 1/2016 y 13 de la Ley 19/2013.
2 La reclamación es admitida por haber sido interpuesta en plazo frente a una resolución presunta por silencio administrativo.
3 La ausencia de argumentos en contra por parte de la administración obliga a conceder el acceso en beneficio del interés público.
4 El acceso debe realizarse previa revisión y disociación motivada de datos que pudieran afectar a los límites legales de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transpare ncia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 4 de febreiro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de abril de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, media nte escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 4 de febreiro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Abegondo, ao inventa rio de camiños públicos da zona de O Pazo e Santín en Montouto correspondente a os anos 1993 a 2020. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa sol icitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 17 de febreiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola recla mante ao Concello de Abegondo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A rece pción da solicitude pola administ ración foi o 18 de f ebreiro de 2021, sen que por parte do Concello se remitise a copia do expediente e o informe solicitado sobre o contido da reclamación. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.gal FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] wvJW.comisiondatransparencia.gal O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.(omisiondatransparencia.ga1 O Concello de Abegondo non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou acceso a un inventaria de camiños municipal dunha zona concreta do concello, documentación que de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da 19/2013, deben considerarse que é información pública. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. A Comisión non ten información sobre o contido dos documentos solicitados, pero en principio non parece que poda estar afectada por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, que de ser o caso, podería ser disociada para garantir o dereito de acceso a información non estritamente afectada polos límites (información parcial, artigo 16 da Lei 19/2013). Dada a falta de argumentos en contra por parte da administración, en beneficio do interese público ao acceso á información pública, debe achegarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013) se procede, salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei). A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse que consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse ao Concello do Abegondo, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. Con base nos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, (!, (• 3'1) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, S..ntiogo de Composttl• t l ; 1' ! i ~, p ,11 (• 11e;¿¡ A Coruña (. ¿;íi• t, (:'=) info@comisiond•transparencia.ga1 WVJW.comisiondatransparencia.gat ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 4 de febreiro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso ante o Concello de Abegondo, ao inventaria de camiños públicos da zona de O Pazo e Santín en Montouto correspondente a os anos 1993 a 2020. Segundo: Instar ao Concello de Abegondo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicita da, respectando os lím ites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formal ización do acceso. Terceiro : Instar ao Concello de Abegondo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regu ladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021 .04.28 09:49:54 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. r .l