Una asociación solicitó a Augas de Galicia las analíticas de agua de los últimos 5 años de un campo de golf. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al organismo a dictar una resolución expresa de inadmisión, ya que la documentación no obra en su poder ni en el de la Consellería de Sanidad.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante la ausencia de resolución expresa, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
Augas de Galicia carece de competencias para el control de calidad de aguas para consumo humano y no posee la documentación solicitada.
3
Aunque el Dictamen de Efectos Ambientales señalaba a la Consellería de Sanidad como receptoras de las analíticas, dicho órgano informó que tampoco dispone de la documentación.
4
Cuando la información solicitada no obra en poder del órgano receptor, este debe remitirla al competente según el artículo 19.1 de la Ley 19/2013, salvo que el órgano competente ya haya informado de su inexistencia.
5
La estimación de la reclamación implica que Augas de Galicia debe dictar una resolución expresa de inadmisión basada en el artículo 18.1.d) de la Ley 19/2013, al no obrar la información en su poder.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación pres·entada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación resentada
or en representación da
mediante escrit o do 15 de febreiro de 2021, e considerando
os an ece entes e un amentos xurídicos que ~e especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 27 de abril de 2021, adopt a a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación da
- p resentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Va ledor do Pobo o 15 de
febreiro de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo
da súa sol icit ude de acceso ante Consellería de lnfraestrutura e Mobilidade-Augas de Galicia,
á copia das analíticas dos 5 últimos anos ás que se refiren o Ditame Efectos Ambientais que
achegaron, polo que foi autorizada a construción e a actividade do campo de golf de Domaio.
O reclamante indicaba que non recibiu reposta á súa solicitude.
Segundo. Con data do 17 de febreiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de lnfraestrutura e Mobi lidade-Augas de Galicia para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia complet a e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude por parte da Consellería foi o 19 de febreiro de 2021.
f .. ,, ~ ' ~ (+34) 98156 97 40 t;) Rúa do Hórreo. 65
~f
4/
: ·t t
' ran~.i arcncia 15700, Santiago de Compostela
ACOru~a
·~
· , t · .,,,'
\:•ô ici ;:1 (':J info@c:o misiondatransparenci a.ga1
""'
~
"'·"-'
www.c.omisiondatransparenda .ga1
Terceiro. Con data do 8 de abril de 2021 a Consellería de lnfraestrutura e Mobilidade-Augas
de Gí:31icia contesta a petición remitindo o informe da Directora de Augas de Galicia no que se
fai constar que no Ditame de Efectos Ambientais de 14.03.1991 (DEA 1991) ao que se fai
referencia na solicitude, que se emite con carácter favorable ao proxecto construtivo do
campo de golf, se establece entre outras condicións que con anterioridade ao comezo das
obras realizaranse análises da calidade das augas nos mananciais situados na parcela, que
comprobarán todos os parámetros que se indiquen na lexislación vixente sobre a cal idade das
augas para consumo humano e unha vez en funcionament o o campo de golf e demais
instalacións, as análises realizaranse de forma periódica cada 6 meses, que serán remitidos á
Consellería de Sanidade.
Informa Augas de Galicia que con motivo da t ramitación dun expediente de queixa ante a
Valedora do Pobo relacionada co asunto se lle deu traslado a Augas de Galicia das respostas
dadas desde as Consellerías de Medio Ambiente e Sanidade a
a) A da Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente de 10
de abril de 2019 na que se informa que as obrigas que establece a declaración respecto das
analíticas, subsisten e que o órgano substantivo identificado na mesma é a Consellería de
Sanidade e a ela deben dirixirse estas.
b) A da Consellería de Sanidade, que informa a con data do 15 de
xullo de 2019, que non pode ser considerado órgano substantivo, xa que non ostenta as
competencias para autorizar o proxecto.
Informa que Augas de Galicia carece de competencias para o control da calidade das augas
para consumo humano, tendo competencias para a xestión do domino público hidráulico e
pa ra elo esixirá as autorizacións e concesións que sexan procedentes pero non lle corresponde
o control das augas para consumo humano, e ningunha área dependente de Augas de Galicia
solicitou e/ou recibiu analíticas deste tipo, polo que a solicitude de documentación non pode
ser atendida por Augas de Gal icia senón pola Consellería de Sanidade.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] wvvw.c.omisiondatransparencia.gal
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
(+34).98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.<.omisiondatransparencia.ga l
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que a Augas de Galicia non resolveu a solicitude de forma expresa, debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O dereito de acceso á información pública é o dereito de toda persoa, neste caso unha
asociación, a acceder á información pública, entendéndose esta como os contidos ou
documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos
suxeitos incluídos no artigo 3.1 da Lei 1/2016 e que fosen elaborados ou adquiridos en
exercicio das súas funcións.
No presente caso, o interesado solicitou á entidade Augas de Galicia o acceso a copia das
analíticas dos últimos 5 anos que, en cumprimento do Ditame de efectos ambientais do 14 de
,..
(~ (♦34]9815697 40 tf. t.
l;,,.4
llúo do Hórreo, 65
15700, ~ ntiago de Compostela
Atoruñ•
e.. info@comisioOOalransµ.1,~nd a.gal ~ www.,omisiondalramparencla.g11t
marzo de 1991, a empresa propietaria do campo de golf sito na parroquia de Domaio do
Concello de Moaña, debe remitir á Consellería de Sanidade.
Augas de Galicia informa que carece de competencias para o control da calidade das augas
para consumo humano, e que ningunha área dependente de Augas de Gal icia solicitou e/ou
recibiu analíticas deste tipo, polo que a documentación solicitada non pode ser atendida por
non ser documentación que obre no seu poder.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non está en poder do órgano ao que se lle solicitou, esta debe, de
acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 19/2013, rem itirlla ao que considere competente.
Non procede neste caso que Augas de G a ~ n , dado que xa que consta
que a Consellería de Sanidade informou a - que as ditas analíticas non
estaban no seu poder e que consideraba que non era o órgano substantivo e por tanto
competente para recibilas, aínda que así figurase no ditame de efectos ambientais.
No presente caso, a entidade á que se lle solicitou a documentación, Augas de Gal icia, non
ditou resolución expresa sobre a solicitude e informa que carece da mesma, e o órgano ao
que se fai referencia no ditame de efectos ambientais (Consellería de Sani dade) xa informou
que tampouco ten a documentación solicitada no seu poder. Procede en consecuencia a
estimación da reclamación presentada, debendo Augas de Galicia ditar resolución expresa
inadmitindo, de ser o caso a solicitude, por estar dirixida a un órgano en cuxo poder non obra
a documentación solicitada, de conformidade co disposto no artigo 18.1.d) da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en
representación con data do 15 de febreiro de 2021, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de
lnfraestrutura e Mobilidade-Augas de Galicia, á copia das analíticas dos 5 últimos anos ás que
se retiren o Ditame Efectos Ambientais que figura no expediente de autorización da
construción e a actividade do campo de golf de Domaio.
Segundo: Instar a Augas de Galicia, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada no senso establecido no fundamento xurídico quinto,
respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1
Terceiro: Instar a Augas de Galicia, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021.04.28 09:52:14 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.