Se solicitó a la Consellería de Cultura, Educación e Universidade información sobre yacimientos arqueológicos y el Camino de Santiago. El ciudadano alegó falta de respuesta (silencio administrativo). La Comisión de Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación por haber sido presentada fuera del plazo legalmente establecido.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se considera extemporánea ya que la resolución denegatoria fue notificada el 25 de septiembre de 2020 y la reclamación se presentó el 17 de febrero de 2021, superando el plazo de un mes previsto en el artículo 28 de la Ley 1/2016.
2
De acuerdo con el artículo 116 d) de la Ley 39/2015, el transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión.
3
La administración reclamada había denegado previamente el acceso basándose en el límite de prevención, investigación y sanción de ilícitos penales, administrativos o disciplinarios (art. 14 Ley 19/2013).
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
en representación de
mediante escrito do 17 de febreiro de 2021, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifica n a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de abril de 2021, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
n representación de
presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17
de febreiro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a desestimación por si lencio
administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Cu ltura, Educación e
Universidade, á información e documentación re lacionada cos xacementos arqueolóxicos de
Castro de Trinidade (GA27030022 Mondoñedo-Lugo), Castro de Flores (GA27027012
Lourenzá-Lugo) e co Camiño de Santiago, ao seu paso polo Concello de Mondoñedo, remitida
pola Consellería de Cu ltu ra e Turismo entre os anos 2018 e 2019, á Fiscalía de Lugo.
t'
,;i 0 i• 34) 981 56 97 40 ( ) Rúa do Mórreo, 65
15700, Sa ntiagô de Comp,:,stela
· · f¡ 1r--·,r.:...n;,-,
!,.•: • ,, r·•nti1
• t .. ' .. ,
A Coruña
,tt·
.. '
> (-.últÍCic! ei info@cornisio odattan:sparencia.gal O wv;w.<omisioodatrans parenda.gal
interesada expón na súa reclamación que a consellería non atendeu á súa
solicitude de acceso á información.
Os escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, con sinatura dixital de
representante da Asociación, e do DNI do seu representante.
·Segundo. Con data 22 de febreiro de 2021 déusell,e traslado da documentación achegada polo
reclamànte á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola Consellería foi o 24 de febreiro de 2021.
Terceiro. Con data do 16 de abril de 2021 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade
contesta á petición remitindo o informe solicitado.
No.informe a Consellería comunica que a dita solidtude xa foi contestada
- na resolución do 25/09/2020, na que se lle denegaba o acceso ao expediente
referido ao procedemento 158/208 da Fiscalía Provincial de Lugo pola aplicación do artigo 14
da lei 19/2013, en aplicación do límite referido á prevención, investigación e sanción dos
ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 20 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa . Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
7-
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
~ [email protected] w•ww.tomisiondatransparencia.gat
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
t (~ 1•34) 981 569740 {j Rúa do Hórreo, 65
" ', .' ) 1 L¿;: Jt 1 1 ·1 :Cl<
15700, S.ntiogo de Compostel•
l
t
•ç l:•;;; 1i ,;, ! í'1 Ç:) inío@comisiondatf;,n"Sparencia.ga1 ~ www.comisiondatransparer1cia.gal
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunt a en materia
de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter
potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que
debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto
impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio
administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentacíón
da reclamación é extempo ránea, xa que a notificación da resolución reclamada practicouse o
25 de setembro de 2020, segundo const a no informe remitido pola Consellería de Cultura,
Educación e Universidade, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 17
de febreiro de 2021, é dicí r, fóra do prazo previsto.
Os ef ectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no
artigo 29 da lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das
Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos
interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de
Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto adm inistrativo, de acordo co
disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a
interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de
conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da
reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de
procedemento administrativo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Tra nsparencia de Galicia en sesión
do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017),
ACORDO
Único: lnadmitir a reclamación presentada por en representación da
con data do 17 de febreiro de 2021, contra a
resolución da súa solicitude de acceso á información e documentación relacionada cos
xacementos arqueolóxicos de Castro de Trinidade (GA27030022 Mondoñedo-Lugo), Castro de
Flores (GA27027012 Lourenzá- l ugo) á Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
cont ados desde o día segu inte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribuna l Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
ij
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected] www.cornisiondatransparencia.ga l
artigo 10.1 da Lei 262/120208, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.04.28 09:50:58 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.