Estimada 27/04/2021 · 69 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la AMTEGA sobre costes y detalles técnicos de Office365 y Microsoft, resuelta con estimación

Se solicitó a la AMTEGA información detallada sobre costes, servicios e interoperabilidad de la plataforma Office365 y tecnologías de Microsoft. Ante el silencio administrativo, el interesado reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena entregar la información, ya que la AMTEGA no presentó argumentos ni informes que justificaran la denegación.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que los recursos contra resoluciones presuntas por silencio administrativo pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
2 La información solicitada sobre la plataforma tecnológica se considera información pública al haber sido elaborada o adquirida en el ejercicio de funciones públicas.
3 La falta de respuesta y de aportación de informes por parte de la AMTEGA obliga a resolver en beneficio del interés público al acceso a la información.
4 El acceso a la información debe proceder, permitiendo únicamente la disociación motivada de datos que afecten a los límites legales previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es calificado como infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bogoberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 17 de febreiro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia nai sesión celebrada o día 27 de abril de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17 de febreiro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitu de de acceso ante Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), de información referente ao custo anual, alternativas á implantación, servizos prest ados pola plataforma, estudo de cumpri mento dos estándares abertos, relación detallada do custo dos produtos e/ou servizos, empresas comercializadoras dos seus produtos, estudo de interoperabilidade con sistemas libres e se o servizo se atopa aloxado en servidores propios da lnstitución ou foi externalizado, referentes á plataforma Office365 e diferentes tecnoloxías da compañía Miçrosoft. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DN I. Segundo. Con data do 22 de febreiro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo recla mante á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para que, en cumprimento da normativa de t ransparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15100, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l A recepción da solicitude pola Axencia foi o 23 de febreiro de 2021, sen que pola mesma se remitise a copia do expediente e o informe solicitado sobre o contido da reclamación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga\ O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela J : ~ ¡ A Coruña \: Í.\...' ~ [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga[ A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a determinada información referente a unha plataforma e diferentes tecnoloxías que a Xunta de Galicia ten implantadas na Consellería competente en materia de educación da Xunta de Galicia, documentación que de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da 19/2013, deben considerarse que é información pública. Pola Comisión da Transparencia solicitouse á Axencia a achega do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. A Comisión non ten información sobre o contido dos documentos solicitados, que en caso de que puidese estar afectada por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, podería ser disociada para garantir o dereito de acceso a información non estritamente afectada polos límites (información parcial, artigo 16 da Lei 19/2013). Dada a falta de argumentos en contra por parte da Axencia, en beneficio do interese público ao acceso á información pública, debe achegarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013) se procede, salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei). A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse que consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta \j¿ (•34)98J 5697 40 (J· Ru• do Hórreo, 65 15100, ~ntiago de tompos«ela (:) lnfo@comisiondalrõn\parencia.gal ~ www.,omisiondatransparencia.gal Comisión os informes que se lle req uiran, para o correct o cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. Con base nos f eitos e fundament os de dereito anteriormente expresados, a Comisión d a Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por on data do 17 de feb reiro de 2021, contra a desestimación por silencio ad ministrativo da súa solicitude de acceso ante Axencia para a M oderni zación Tecnolóxica de Galicia (AM TEGA), de información referente á plataforma Office365 e diferentes tecnoloxias da compañ ía M icrosoft. Segundo: Instar á AM TEGA a que, no prazo máxim o de 10 días hábiles, responda á pet ición de informació n solicitada, respectand o os límites d os art igos 14 e 15 da Lei 19/2013, d o 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Inst ar á AM TEGA a q ue, no prazo máximo d e 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamant e da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xust iza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo,, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 2021.04.28 09:51 :57 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transpa rencia.