Un ciudadano solicitó al Concello da Coruña la justificación de un dispositivo policial de vigilancia en un edificio. El Ayuntamiento denegó los informes alegando secreto profesional. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al Ayuntamiento a entregar la información, ya que no se acreditó un perjuicio real a la seguridad pública.
Puntos clave de la argumentación
1
Los límites al derecho de acceso a la información pública deben interpretarse de forma restrictiva, requiriendo razones concretas y no alegaciones genéricas.
2
El secreto profesional no es absoluto ni ilimitado, debiendo suprimirse solo los párrafos específicos que perjudiquen la eficacia policial o la seguridad de los agentes.
3
No existe una naturaleza de información reservada general para los informes policiales, salvo que se declare expresamente bajo la Ley de Secretos Oficiales o sumarios judiciales.
4
Los límites temporales relativos a la prevención, investigación y sanción de ilícitos dejan de ser aplicables una vez finalizadas dichas funciones.
5
La denegación fue improcedente al no concretarse el daño real y actual que supondría revelar los motivos del dispositivo, diferenciándolos de las técnicas o estrategias policiales.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bogoberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 8 de
marzo de 2021, e considerando os ant ecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia nai sesión celebrada o día 27 de abril de 2021,
adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 8 de marzo de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a resposta dada polo Concello da Coruña con data do 22 de febreiro de 2021, á súa
solicit ude de acceso á información sobre a xustificación para establecer un dispositivo de
protección e vixilancia dun edifício sen rematar sito en Ronda Outeiro 201 da dita cidade.
O reclamante indicaba que solicitou información sobre a xustificación dun dispositivo policial
establecido para a vixilancia dun edificio durante a lo menos 5 días, e a resposta que se lle dá
consideraa insuficiente, xa que o único que se lle d i é que se trata dunha execución subsidiaria,
polo que solicita que se fagan públicas, coas oportunas anonimizacións, os informes nos que
se fundamenta tal decisión.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
(+34) 98l 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
Segundo. Con data do 10 de marzo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 31 de marzo de 2021 o Concello da Coruña contesta a petición remitindo
o informe da Polida Local, no que se expón que a información sobre o dispositivo de vixilancia
dun edifício por parte da polida local de A Coruña, foille facilitada ao interesado pola
Secretaría da Dirección de Seguridade Cidadá o día 22/02/2021, mediante correo electrónico
que obra no expediente, onde se lle indica con claridade que o motivo foi para dar
cumprimento a unha execución subsidiaria de obras que fixo o Concello da Coruña nese
edifício por razóns de seguridade.
Considera que a información facilitada debería ser suficiente e considera contraproducente
pormenorizar, a calquera cidadá que o solicite, as técnicas e estratexias dos concretos
dispositivos policiais. No presente caso os resultados foron satisfactorios e sen incidencias
porque se logrou o desaloxo dos okupas que alí moraban e mantelo libre de okupas mentres
non rematasen as obras de peche e seguridade que realizou o Concello de xeito subsidiario,
considerando que están sometidas a sixilo e segredo profesional as estratexias, técnicas e
deseño dos dispositivos policiais.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga\
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a contestación
o 22 de febreiro de 2021, e presentou a reclamación ante esta comision o 8 de marzo, debe
admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou acceso á xustificación ou motivos en base aos cales se puxo en marcha
un dispositivo policial para a vixilancia dun edificio, fronte ao que o Concello lle contestou,
mediante un correo electrónico, que se trata dunha execución subsidiaria.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o contrai da
actuación pública, de saber cales son as razóns en base as cales se adoptan decisións públicas,
no presente caso, os motivos que xustificaron un dispositivo policial nun inmoble.
No informe da Polida Local que se remite polo Concello, considérase que a información
proporcionada, consistente en que o motivo do establecemento do dispositivo de vixilancia
foi dar cumprimento a unha execución subsidiaria de obras nese edificio por razóns de
seguridade, é suficiente. Considera que as técnicas e estratexias dos concretos dispositivos
policiais están sometidas a sixilo e segredo profesional.
Por tanto, ante a solicitude de acceso á información xustificativa do establecemento dun
dispositivo policial, denégase dita información en base a que se trata de materia sometida ao
sixilo e segredo profesional.
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l
Non se concreta, nin na breve resposta dada por correo electrónico ao solicitante, nin no
informe remitido pola Polida Local, o dano que se puidese ter producido na seguridade
pública, a concesión do acceso á información solicitada que se considera sometida a sixilo e
segredo profesional. Débese ter en conta que, en contra do afirmado no informe da Polida
Local, non se está a solicitar información sobre as técnicas ou estratexias dos dispositivos de
vixilancia, senón sobre os motivos que xustificaron o establecemento do dispositivo policial
neste caso concreto.
Os límites legais ao dereito de acceso á información pública, como as causas de inadmisión
dunha solicitude de acceso á información, deben ser interpretados de forma estrita ou
restritiva, sen que poida aceptarse que a súa aplicación se poida facer de forma xenérica e
indeterminada, sen expoñer as concretas razóns que existan, xustifiquen ou lexitimen a súa
aplicación.
No presente caso, alégase o segredo ou sixilo profesional sen explicar os motivos nin as
particulares circunstancias existentes que puidesen demostrar que o acceso ao contido do
informe que xustificou o establecemento do dispositivo, supón un prexuízo real, e non
meramente hipotético, para a seguridade pública.
Non está establecido con carácter xeral en norma algunha, a natureza de información
reservada ou confidenciai dos informes policiais, se ben en casos concretos, determinados
informes policiais poidan ser declarados segredos ou reservados, ao amparo da Lei 9/1968,
do 5 de abril, sobre segredos oficiais, ou formen parte dun sumario que fose secreto ata que
se levante o mesmo pola correspondente autoridade xudicial.
Os informes policiais non conteñen, con carácter xeral, información cuxa pública revelación
poida supoñer un prexuízo para a seguridade pública. No caso de que así fose, débese explicar
de forma detallada na resolución de acceso á información, os motivos e as razóns concretas
do caso que impiden acceder ao contido dos informes, neste caso o informe que xustificou o
establecemento do dispositivo de vixilancia, por supoñer un prexuízo real para a seguridade
pública.
O límite do segredo profesional non é ilimitado nin absoluto, senón que ten limites obxectivos
e temporais. Os límites obxectivos fan que na maioría dos casos, non toda a información
contida nos informes policiais, ou que xustifiquen unha actuación policial poda estar
amparada polo segredo profesional ou prexudicar á seguridade pública, polo que será
suficiente con eliminar ou suprimir a parte ou parágrafos do informe na que se faga referencia
a cuestións cuxo público coñecemento poida prexudicar a eficacia da actuación policial ou a
seguridade persoal dos axentes. Por outra banda, o límite temporal fai referencia a que o
prexuízo á seguridade pública, no caso de existir, non será indefinido, senón que se pode
f {!ia.
,..,.~·f· (+34)981 56 9740 ()·· Rúa do Hórreo, 65
r.'- 15700, Santiago de Composte la
r·•
ti; tr?nsp0rend a
.. ;.. ,,. !' . (;~·
'?)
'~t
t..:;,a lCi ~'! ,,,, t
(-~ inío@comisiond atransparenda.gal $,:,
www.comisiondatransparencia.ga1
producir durante un determinado período de tempo, transcorrido o cal, o acceso ao contido
do informe debería ser posible.
Deste xeito, o límite referido á prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais ou
administrativos (art. 14.1.e) da Lei 19/2013) é un límite temporal que pode aplicarse en tanto
en canto dura a prevención, investigación e sanción, pero unha vez rematada, xa non sería de
aplicación.
Respecto das funcións administrativas de vixilancia, inspección e contrai (art. 14.1.g) da Lei
19/2013) tamén é temporal, de xeito que só se podería aplicar durante o tempo que se
realicen esas funcións e non con carácter indefinido, polo que unha vez finalizan as ditas
funcións, non pode existir impedimento para o acceso.
En canto ao segredo profesional (art. 14.1. j) da Lei 19/2013), se no contido do informe
solicitado, algunha parte ou parágrafo concreto do mesmo, contivese algunha información
que puidese estar amparada polo segredo profesional, debe suprimirse indicándoo ao
solicitante e permitíndolle o acceso ao resto do mesmo.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo o Concello
da Coruña proporcionar a información solicitada, eliminando da mesma, no caso de que
proceda e asi se xustifique no expediente, a información que poda estar afectada por algún
dos límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 8 de
marzo de 2021, contra a resposta dada polo Concello da Coruña con data do 22 de febreiro
de 2021, da súa solicitude de acceso á información que xustificou o establecemento dun
disposit ivo de protección e vixilancia dun edifício sen rematar sito en Ronda Outeiro 201 da
dita cidade.
Segundo: Instar a Concello da Coruña, a que, no prazo máximo de 10 dias hábiles, responda á
petición de información solicitada, respect ando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Concello da Coruña, a que, no prazo máximo de 15 dias hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
(i
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo) 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.04.28 09:53:02 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.